22.3.13

Que imos escoitar?

Obras e autores da audición 355 de 27 de marzo de 2013

Sonata K  1, L 366 ..........................................D. Scarlatti (1685-1757)
Allegro 
(partitura)

Sonata K 208, L 238……………………………….D. Scarlatti (1685-1757)
Andante e cantábile

Rondó en La Maior..……………………………Basilio de Sessé (1756-1816)

Sonata nº 18…………………………………….....Antonio Soler (1729-1783)
Cantabile (modo dórico) 

Sonata nº 10……………………………………….Antonio Soler  (1729-1783)
 Allegro

Sonata en Si b Maior……………………………Basilio de Sessé (1756-1816)
Allegro 
Segunda Parte
Sonata nº 1 en re menor……………………Félix Máximo López (1742-1821)

7 Versos de Primeiro Tono…………………….…….José Pacheco (1784-1865)

13 Versos de Octavo Tono……………Ramón Cuéllar e Altarriba(1777-1833)

Audición 355 - Patricia Rejas

Concerto mes de marzo

(27-3-2013)

SALÓN DE ACTOS CASA DA CULTURA.


Concerto de Fortepiano  a cargo de Patricia Rejas.




Primeira Parte

  • Sonata K 1, L 36,  Allegro. D. Scarlatti (1685-1757).
  • Sonata K 208, L 238,  Andante e cantábile. D. Scarlatti (1685-1757). 
  • Rondó en La Maior, Basilio de Sessé (1756-1816)
  • Sonata nº 18, Cantabile (modo dórico). Antonio Soler (1729-1783). 
  • Sonata nº 10, Allegro. Antonio Soler (1729-1783).
  • Sonata en Si b Maior, Allegro. Basilio de Sessé (1756-1816).

Segunda Parte

  • Sonata nº 1 en re menor, Félix Máximo López (1742-1821)
  • 7 Versos de Primeiro Tono, José Pacheco (1784-1865)
  • 13 Versos de Octavo Tono, Ramón Cuéllar e Altarriba (1777-1833)




Patricia Rejas Suárez

Escomenza os seus estudos musicais ós cinco anos no Conservatorio Profesional de León onde obtén o Título de Profesora de Piano. Continúa estudos superiores no Conservatorio Superior de Oviedo con María Teresa Pérez e na Escola Superior de Música “ Jesús Guridi “ de Vitoria con Albert Nieto onde obtén o Título Superior de Piano e con posterioridade o de Música de Cámara coas máis altas cualificacións.

En novembro de 1996 ingresa no Conservatorio Nationale de Règion de París ( Francia ) para perfeccionarse no estudo do fortepiano baixo a dirección de Patrick Cohen.

Recibíu consellos de profesores da talla de Esteban Sánchez, C. Elton, R. Bravo, A. Cano, F. Gevers, E. Kolodin, R. Levin.
É seleccionada pola Fundación Barrié de la Maza e pola Junta de Castilla e León para entrar nos seus ciclos de concertos tanto coma solista coma formando parte de distintas agrupacións instrumentais.

Foi becada para asistir ós cursos de verán de Santander, formando parte do Trío Addendum.

Na actualidade continúa o seu estudo especializado dos instrumentos históricos. En relación con iste punto impartíu cursos sobor da evolución do piano e a música no período clásico en Vigo, A Coruña e Zaragoza, realizando un arduo traballo de investigación. Ó mesmo tempo, realizou a integral das sonatas para fortepiano de Mozart, estando de xira de concertos o pasado ano por diversas provincias españolas.

Foi profesora de piano dos conservatorios “ Cristóbal Halffter “ de Ponferrada ( León ) e Superior de A Coruña . Na actualidade imparte clases no Conservatorio Superior de Vigo. É doctora pola Universidade de Vigo.