26.8.13

Audición 358 - SERGEI YEROKHIN


CASA DA CULTURA, domingo 15 de setembro de 2013 - 20,15 horas.








SERGEI YEROKHIN
Recoñecido como pianista de gran categoría e un dos máis brilantes da súa xeneración, Sergei Yerokhin interpretóu nas prestixiosas salas de concertos: Wigmore Hall de Londres, Herkulesal de Münich, Teatro Colón de Bós Aires, Gran Sala Verdi de Milán, Gran Sala do Conservatorio de Moscú, Moscow International Perfomance Arts Center, Filarmónica de San Petesburgo, … etc. así coma nos principais Auditorios, Sociedades Filarmónicas e Teatros de España: Teatro Real e Auditorio Nacional de Madrid, Palau da Música de Barcelona, Palau da Música de Valencia, Palacio de Festivais de Santander, Palacio de Euskalduna de Bilbao, Sociedade Filarmónica de Bilbao, Teatro Victoria Eugenia de San Sebastián, Sociedade Filarmónica de Alicante, Teatro Campo Amor de Oviedo, Sociedade Filarmónica de Oviedo, Auditorio Manuel de Falla de Granada, Teatro Colón de A Coruña, … etc.
Coma solista, Sergei Yerokhin traballou coas Orquestras Filarmónicas de Moscú, San Petesburgo, Minsk, Krasnoyarsk, Saratov, Irkustsk, Baku, Sinfónica de Bos Aires, Sinfónica de Porto Rico, Filarmónica de Bogotá, Filarmónica de Santo Domingo, Sinfónica de Panamá, Sinfónica Nacional da Radio e Televisión Polaca, Sinfónica Municipal de Caracas, Sinfónica de Sidney, Orquestra de Cámara de Sidney, Orquestra de Cámara “ Brandenburgo “, Orquestra de Cámara de Escocia… En España: Orquestra Sinfónica de RTVE, Real Orquestra Sinfónica de Sevilla, Sinfónica de Valencia, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, Orquestra Filarmónica de Málaga, Sinfónica de Euskadi, Sinfónica de Bilbao, Sinfónica de Castela e León…
Colaborou con directores de orquestra entre os que destacan nomes coma os de N. Alexeev, S. Bishop – Kovacevich, M. Blaszczyk, E. Colomer, S. Comisiona, A. Chesnokov, P.I. Calderón, J. Furst, E. García Asensio, A. Gulianitskiy, A. Joo, V. Jurowski, J. Kochnev, J. López Cobos, T.Mikkelsen, M. Pijarowskiy, V. Ponkin, A. Rahbari, C. Riazuelo, A. Ros Marba, I. Shpiller, V. Sinayskiy, V. Sutek, A. Vederenikov, A. Wit, V. Ziva, …
Os seus recitáis e actuacións coma solista foron grabados e retransmitidos por Radios e Televisóns de Rusia, Alemaña, Polonia, Francia, Reino Unido, Italia, Francia, Australia, España, …
Nado en Moscú nunha familia de músicos, Sergei Yerokhin despóis das primeiras leccións do seu pai, estudia na Escola Central de Música de Moscú con Vadim Sukhanov, debutando ós 16 anos coma solista coa Orquestra Filarmónica de Minsk, interpretando o Primeiro Concerto de Tchaikovsky e o Segundo de Rachmaninov. Continúa a súa formación no Conservatorio Tchaikovsky de Moscú baixo a dirección de Dimitri Bashkirov.
Sergei foi laureado en máis dunha quincena de Concursos Internacionáis.
ALGUNHAS CRÍTICAS SOBRE SERGEI YEROKHIN PUBLICADAS EN XORNAIS NACIONAIS E INTERNACIONAIS.
Artista de acusada personalidade, posúe unha técnica prodixiosa, un dominio absoluto do teclado pero sobor de todo, esa rica e exquisita sensibilidade que é característica distintiva súa. Conquista con facilidade polo seu son poderoso, porque matiza dun xeito admirable e porque durante toda a súa actuación experiméntase a sensación de que estamos asistindo a un acontecemento verdadeiramente importante“.
“ Ideal “

“… brilante artista ruso, Sergei Yerokhin entregou xunto ós músicos arxentinos unha edición fenomenal do Concerto Núm. 2 de Sergei Prokofiev“.
“ La Prensa “, Bós Aires




PRIMEIRA PARTE


SEGUNDA PARTE
Sonata n°2 Si Bemol Menor, op. 35 F.Chopin


  • Allegro inquieto
  • Andante caloroso
  • Precipitato