18.9.13

Audición 359. Trío Cassadó.


Casa da cultura, martes 15 de outubro de 2013.


Tempada 2013-2014 Audición 359
Concerto nº 1 Ano LXIV


BREVE HISTORIA DO GRUPO
O TRÍO CASSADÓ, está integrado por Yulia Petrushevskaya ( violín ), Thomas Piel (violonchelo) e Javier Vila ( piano ). Formouse logo dunha longa amizade musical e diversos encontros camerísticos, tanto na xeografía galega como española.
O seu repertorio está constituido por obras “ clásicas “, incorporando asimismo obras de compositores do século XX, que demostran o compromiso desta formación coa música contemporánea.





YULIA PETRUSHEVSKAYA ( VIOLÍN )


Naceu en Kishinev ( Moldavia ). Entre os anos 1978 a 1989, realizou os seus estudos na Escola media especial musical da sua cidade natal ( na actualidade Liceo – internato Republicano de música “ Ciprian Porumbescu “ ( K. Paraskiv ) e do ano 1989 a 1994 tivo como profesores a S. Yaroshévich e S. Propistchan no Conservatorio Superior Estatal M. I. Glinka de Nizhny Nóvgorod ( graduada con honores ).

De 1993 a 1995 foi Becaria do Ministerio de Cultura de Rusia. No ano 1993 foi Laureada no Noveno Concurso Nacional de Violín de Rusia.

No ano 1995 continuou os seus estudos coa profesora Rosa Fain na Academia de Música R. Schumann en Dusseldorf ( Alemania ), onde obtivo no 1997 o “Diplomder künstlrischen Abschlussprüfung “ coas máis altas cualificacións, e en 1999 o “ Diploma de solista “.

Como solista actuou coa Orquestra Filarmónica de Nizhny Nóvgorod, Orquestra Filarmónica de Vorónezh, Orquestra de Cámara municipal de Nizhny Nóvgorod, Deutsche Kammerakademie Neuss am Rhein, etc.

Dende 1995 ó 1999 é membro da Deutsche Kammerakademie Neuss, dirixida por Johannes Goritzky. Neste tempo tocou moitos concertos en varias sáas de Europa e América como Tivolli de Copenhagen, Ópera de Berlín, Musikverein de Viena, Ópera de Frankfurt, etc.

Na actualidade é profesora da Real Filharmonía de Galicia. Participa como profesora de violín e música de cámara na Escola de Altos Estudios Musicais.

Tamén participa nos ciclos de abono de música de cámara da Real Filharmonía de Galicia, formando parte dun cuarteto de corda ( 1º violín ).



THOMAS PIEL ( VIOLONCHELO )


Nado en Colonia ( Alemania ) no ano 1974, comezou os seus estudoos musicais no conservatorio da súa cidade natal e continuou a súa formación na Folkwang-Musikhochschule de Essen con Christoph Richter, onde no ano 2000 obtivo o seu diploma con honores. Con posterioridade realizou un curso de posgrao coa profesora Ksenija Jankovich. Recibiu tamén clases de Yvan Chiffoleau en Lyon ( Francia ), Siegfried Palm, Thomas Demenga e no marco do Folkwang – Festival tocou nunha clase maxistral para Mstislav Rostropovich. Durante os seus estudos colaborou coa Junge Deutsche Philharmonie e a orquestra de cámara desta institución, no Ensemble Resonanz, onde tivo a oportunidade de traballar con músicos como Lothar Zagrosek, Rudolph Barchai, Thomas Zehetmair, Tabea Zimmermann, David Geringas, Rainer Schmidt, David Shallon e Tatjana Grindenko. Entre os seus numerosos concertos de música de cámara destacan aparicións cos pianistas Vassily Lobanov e Pascal Devoyon, coa violinista Diemuth Poppen e o chelista Dimitri Ferschtman.


No ano 1998 foi cofundador do Ensemble eMeX, especializado en música contemporánea, co que ofreceu numerosos concertos por toda Europa. Con eles tivo a posibilidade de traballar con compositores como Nicolaus A. Huber, Sven Ingo Koch, York Hoeller, Valerio Sannicandro, Erik Janson, Gerhard Staebler, Carola Bauckholt, María Cecilia Villanueva e Isabel Mundry, entre outros, no estreo das súas obras. Tamén estreou obras para violonchelo solo de Luís Antunes Peña e Martín Schuettler. 
Foi ademais, entre 1997 e 2001, primeiro violonchelo solista da Westphaelische Kammerphilharmonie Guetersloh, coa que interpretou no mes de marzo de 2001 Introduktion, Thema und Variationen para violonchelo solo e cordas de Hans Werner Henze en importantes sáas de concertos de Alemania. No ano 2000 participou na oitava edición da academia orquestral da Bayerischer Rundfunk baixo a dirección de Mstislav Rostropovich.

Dende o ano 2001 é membro da Real Filharmonía de Galicia e forma parte de varios grupos de cámara, entre eles Chelicia, grupo de violonchelos de Compostela. Ademais, ensina violonchelo na Escola de Músic Berenguela en Santiago de Compostela. A súa labor pedagóxica abrangue tamén colaboracións coa Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia ( música de Cámara ) e nos cursos de verán Música en Compostela, onde no ano 2007 sustituiu a Marçal Cervera nas clases de violonchelo. O seu especial interese polos grandes violonchelistas do pasado, levouno a facer recitais e impartir conferencias sobre Gaspar Cassadó e Pau Casals. Os seus próximos proxectos son homenaxes a Enrico Mainardi, Siegfried Palm e Paul Tortelier.



JAVIER VILA ALONSO ( PIANO )

Inicia os seus estudios musicais aos 6 anos da man do seu pai, o compositor Eligio Vila e continúa na Escola de Música de Vilagacía de Arousa coa pianista Vladimira Smausova.

No ano 1997 participa no International Piano Competition Carl Czerny, sendo evaluado por personalidades coma Paul Badura-Skoda, Eugen Indgic, Halina Czerny-Stefanska o Lazar Bermman, e obtendo o premio ó intérprete máis xoven.

Nos anos 1999 e 2001 fáiselle entrega do Primeiro Premio do Concurso de Piano Real Club Náutico de Vigo nas categorías Infantil e Xuvenil respectivamente. Actúa con regularidade nos Ciclos para Xóvenes Intérpretes en Vigo, Marín e Vilagarcía de Arousa.

No ano 2003 estrea e grava en directo para a Radio Galega a obra composta por Eligio Vila “ Rondó Brillante “ no Museu de Belas Artes da Coruña durante o XI Ciclo da “Asociación Galega de Compositores“.

No ano 2004 é galardoado co Premio Asociación Galega de Compositores no I Concurso de Piano ASGAIM na Coruña. En 2006 gaña o Primeiro Premio na categoría Xuvenil na III edición deste mesmo concurso celebrado en Vigo.

Asiste a cursos de interpretación pianística con mestres de diversos países: Martín Kasik, Gregor Weichert, Brent Runnels, Dágmar Simonkova, Alex Bukrejev, Marcela Faflak, Frantisek Malý, Imre Rohmann, Olga Semouchina, Alexander Gold, María Jesús Crespo, Andrés Alén ou os irmáns Bertetti.

Ofreceu recitais nos “ Martes Musicais “ do Conservatorio Profesional de Pontevedra, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, no Teatro García Barbón, no Conservatorio Superior de Vigo e no Conservatorio Profesional de Lugo en calidade de solista e formando dúo coa violinista Nuria Naya Riveiro nas cidades de Vigo, Arteixo e A Coruña.

Remata a Carreira Superior de Piano cos profesores José Manuel Fernández e Severino Ortíz no Conservatorio Superior de Música de Vigo coa cualificación de Matrícula de Honra.

Actúa para a 1 de TVE e para a Radio Galega gravando para esta última a Tarantella de F. Liszt.



PROGRAMA

PRIMEIRA PARTE

Wolfgang Amadeus Mozart: Trío en si bemol maior, KV 502

                    1. Allegro
                    2. Larghetto
                    3. Allegretto

Gaspar Cassadó: Trío en do maior

                    1. Allegro risoluto-Allegro ma non troppo
                    2. Tempo moderato e pesante-Allegro giusto-Tempo I
                    3. Recitativo. Moderato ed appassionato-Rondo (Allegro vivo)
SEGUNDA PARTE

Johannes Brahms: Trío en do maior, op.87

                     1. Allegro
                     2. Andante con moto
                     3. Scherzo (Presto)   
4. Finale (Allegro giocoso)