24.5.14

Audición 366. Zoar Ensemble.

28 de maio. 20:15 horas.
Casa da Cultura de Monforte de Lemos


www.zoar.es

 VOLTA AO MUNDO EN 80 MINUTOS


Zoar Ensemble é un conxunto de cámara estable e activo, con formación de quinteto de vento clásico. Xuntos dende 2009 teñen actuado nalgúns dos máisrepresentativos escearios galegos coma o Teatro Colón e o Centro Ágora da Coruña, o Jofre de Ferrol ou a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela participando en acontecimientos culturais de importancia como a entrega dos Premios da Cultura Galega, o LVI Festival da Ópera da Coruña, o Ciclo de Outono do Museo de Belas Artes ou o Ciclo de Músicas da Ilustración de Ferrol. Estrearon obras de compositores como Gabriel Bussi, Xabier Mariño, Òscar Àlvarez, Juan Durán e Paquito d’Rivera, e nun futuro de Federico Mosquera, Fernando Buide, e Óscar Navarro. Asemade complementan a súa actividade artística coa pedagóxica sendo profesores invitados aos encontros da Orquesta Clásica de Xove ou a Jove Orquesta Nacional de Catalunya.

Podedes atopar máis información na súa páxina web WWW.ZOAR.ES ou seguilos en:


www.facebook.es/www.zoar.es      @zoarensemble




PROGRAMA:

Zoar Ensemblre propón unha viaxe arredor do mundo recorrendo as músicas de diversos países:

  • Fuga e misterio.- Astor Piazzola
  • Vals Venezolano.- Paquito de Rivera
  • Habanera.- Maurice Ravel
  • Wapango.- Paquito de Rivera
  • A Nova Orleans.- Lalo Schiffrin
  • Tres preludios.- George Gershwin
  • Canto do arrieiro.- Carlos López García-Picos
  • Farruca.- Manuel de Falla
  • Claro de luna.- Claude Debussy
  • Humoresca.- Alexander Zemlisky
  • Cabalería rusticana.- Pietro Mascagny
  • Danzas Rumanas .- Bela Bartok
  • Marcha exipcia.- Johann Strauss Jr.
  • Os pais alevís na mesa Raki
  • Nun mercado persa.- Albert Ketelbey
  • A emperatriz das pagodas.- Maurice Ravel
Descargar programa en PDF