17.12.14

Música no NADAL.

Durante as festas de Nadal poderemos disfrutar da música en distintos eventos. Os principáis son:


18 de decembro.- Festival infantil de Panxoliñas.
19 de decembro.- Concerto do conservatorio Mestre Ibáñez.
20 de decembro.- Concerto de Corais
23 de decembro.- Teatro musical infantil: Os tres porquiños
26 de decembro.- Trío Familia Moriatov
30 de decembro.- Ars Combinatoria







9.12.14

Audición 369. Trío Familia Moriatov



Venres, 26 de decembro de 2014
Casa da Cultura
20:15 horas


A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola música senón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.

Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do recentemente creado Centro Musical “Kalinka” na Coruña.

Irina Moryatovak, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petersburgo co Premio de Honor. Ofreceu moitos concertos como solista. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos. Actuou en infinidade de concertos de música de cámara. Deu Clases Maxistrais en España e Portugal. Participou en varios Festivais Musicais.

Como pianista colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas residentes na Comunidade Autónoma Galega. Dende 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupación, xa son máis de cen.

Evgeny Moryatov, o fillo, iniciou os seus estudos de violín ós catro anos. Estudou na Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo; na Escola Raíña Sofía de Madrid co eminente profesor J.L. García Asensio; na Universidade de Toronto co Profesor Emérito de Canadá D. Zafer. Alí desempeñou labor de concertino da Joven Orquesta de Toronto. En 2006 terminou o Master na Universidade Carnegie Mellon (USA) baixo a tutela do concertino da Filharmónica de Pittsburgh Andrés Cárdenas. O mesmo ano gañou un posto entre máis de 5500 opositores para formar parte da Orquestra da Comunidade Valenciana, cuxos directores titulares foron L. Maasel e Z. Metha. Colabora tamén coa Orquestra Sinfónica de Bilbao, Orquestra de Cámara de California (USA) e Filharmónica do Porto como concertino. Logrou primeiros e segundos premios en importantes concursos de corda celebrados en España e Canadá. Deu numerosos recitais e en múltiples ocasións actuou como solista con diversas orquestras sinfónicas e directores tan ilustres como L. Maasel e Y. Menuhin. Diferentes concertos seus foron transmitidos por radio e televisión. Ten varios CDs gravados, entre eles coa música de compositores galegos como A. Gaos e M. Quiroga.

 

PRIMEIRA PARTE



P. TCHAYKOVSKY – SOLO DO “LAGO DE CISNES”
A.VIVALDI – INVERNO OP.8 Nº4, RV 297
- Allegro non molto
- Largo
- Allegro
A. PIAZZOLLA – INVERNO PORTEÑO
F. KREISLER – PEQUENA MARCHA VIENESA PARA VIOLÍN
F. KREISLER – CAPRICHO VIENÉS PARA VIOLÍN
A. PIAZZOLLA – A MORTE DO ANXO


SEGUNDA PARTE


H. MANCHINI – MOON RIVER
W.A.MOZARTF.SAY– FANTASÍA SOBRE A “MARCHA TURCA” PARA PIANO
M. LIDSTROM – TANGO PARA VIOLONCELLO
G. DINICU – CHORA STACCATO PARA VIOLÍN
S. JOPLIN - RAGTIME
F. MÉRCURY – “THE SHOW MUST GO ON”
J. STRAUSS – VALS “AS VOCES DA PRIMAVERA” Op.410



INTÉRPRETES:

EVGENY MORYATOV – VIOLÍN
VALERY MORYATOV – VIOLONCELLO
IRINA MORYATOVA – PIANO