29.3.15

Audición 373. Dúo violonchelo e piano.


VENRES, 24 DE ABRIL DE 2015
ás 20,15 horas
Casa de Cultura


https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTR1AxeUdlZW5JdFE/view?usp=sharing


Thomas Piel ................... Violoncelo
Emmanuelle Janisz Piel ......... Piano


DÚO DE VIOLONCELO E PIANO

Thomas Piel - Violoncelo

Nado en Colonia (Alemaña) en 1974, comezou os seus estudos musicais no conservatorio da súa cidade natal e continuou a súa formación na Folkwang-Musikhochschule de Essen con Christoph Richter, onde no ano 2000 obtivo o seu diploma con honores. Posteriormente realizou un curso de posgrao coa profesora Ksenija Jankovich. recibiu tamén clases de Yvan Chiffoleau en Lyon (Francia), Siegfried Palm, Thomas Demenga e no marco do Folkwang-Festival tocou nunha clase maxistral para Mstislav Rostropovich. Durante os seus estudos colaborou coa Junge Deutsche Philharmonie e a orquestra de cámara desta institución, o Ensemble Resonanz, onde tivo a oportunidade de traballar con músicos como Lothar Zagrosek, Rudolph Barchai, Thomas Zehetmair, Tabea Zimmermann, David Geringas, Rainer Schmidt, David Shallon e Tatjana Grindenko. Entre os seus numerosos concertos de música de cámara destacan aparicións cos pianistas Vassily Lobanov e Pascal Devoyon, coa violista Diemuth Poppen e o chelista Dimitri Ferschtman.
En 1998 foi cofundador do ensemble eMeX, especializado en música contemporánea, co que ofreceu numerosos concertos por toda Europa. Con eles tivo a posibilidade de traballar con compositores como Nicolaus A. Huber, Sven Ingo Koch, York Hoeller, Valerio Sannicandro, Erik Janson, Gerhard Staebler, Carola Bauckholt, María Cecilia Villanueva e Isabel Mundry, entre outros, na estrea das súas obras. Tamén estreou obras para violoncelo só de Luís Antunes Pena e Martin Schuettler.
Foi ademais, entre 1997 e 2001, primeiro violoncelo solista da Westphaelische Kammerphilharmonie Guetersloh, coa cal interpretou en marzo de 2001 Introduktion, Thema und Variationen para violoncelo só e corda de Hans Werner Henze en importantes salas de concerto de Alemaña. No ano 2000 participou na oitava edición da academia orquestral da Bayerischer Rundfunk baixo a dirección de Mstislav Rostropovich.
Desde o 2001 é membro da Real Filharmonía de Galicia e forma parte de varios grupos de cámara, entre eles o Trio Cassadó coa violinista Yulia Petrushevskaya e o pianista Javier Vila. Ademais ensina violoncelo na Escola de música Berenguela en Santiago de Compostela. O seu labor pedagóxico comprende tamén colaboracións coa Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (música de cámara) e nos cursos de verán Música en Compostela, onde no ano 2007 substituíu a Marçal Cervera nas clases de violoncelo. O seu especial interese polos grandes violoncelistas do pasado levouno a facer recitais e conferencias sobre Gaspar Cassadó e Pau Casals. Os seus próximos proxectos son homenaxes a Enrico Mainardi, Siegfried Palm e Paul Tortelier.



Emmanuelle Janisz Piel - Piano

Nacida en Toulon (Francia), empezou os seus estudos musicais aos 11 anos. Ingresou no conservatorio nacional de Toulon e estudou con René-Pierre Faedda onde foi premiada no nivel superior de solfexo, piano e musica de cámara. A partir de 1998 completou a súa formación facendo o ciclo superior especializado no conservatorio nacional de Aix en Provence con Michel Leduc. Obtivo os seus premios en musica de cámara e piano. Conta na súa formación pianística coas clases de Mireille Faye-Moura (alumna de Mompou e concertista), Gery Moutier (profesor no conservatorio superior de Lyon), Pierre Pontier (concertista e profesor no conservatorio superior de Lyon), Olivier Gardon (profesor no conservatorio nacional de Paris) e Alain Meunier (profesor de musica de cámara no conservatorio superior de Paris). De 1996 a 1998 foi compoñente e fundadora do “Cuarteto Romántico”, ofrecendo numerosos concertos por toda Francia.
A esta formación instrumental, engádeselle unha carreira universitaria de musicoloxía, fixo 5 anos e obtivo unha licenciatura con mención notable.
Desde 2002, vive en Galicia onde se dedica principalmente ao ensino do piano, pero segue o seu labor como pianista, tocou en diversas ocasións coa RFG, acompañou á Escola de Altos Estudos Musicais, traballou en colaboración coa Camarta Quiodi (concertos didácticos), tocou no Festival de Lugo en formación de cámara. Actualmente acompaña en numerosos recitais ao seu marido, o violoncelista Thomas Piel. 

PROGRAMA

R. Schumann: Adagio e Allegro op.70 para vc e piano
M. de Falla: Suite popular española para vc e piano
                  1. O pano moruno
                  2. Nana
                  3. Canción
                  4. Xota
                  5. Asturiana
                  6. Polo
PAUSA
S. Prokofieff: Sonata para vc e piano Do-Mayor op.119
                   1. Andante grave. Moderato animato
                   2. Moderato
                   3. Allegro, ma non troppo
A. Piazzolla: Le grand tango para vc e piano

Tempada 2014/2015 Audición 373
Concerto nº 7 Ano LXV