16.5.16

Audición 385. Debutantes Conservatorio Mestre Ibáñez





CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA

“MESTRE IBÁÑEZ”

O conservatorio profesional de música “Mestre Ibáñez”, dependente do Concello de Monforte de Lemos, inicia a súa andaina no eido da educación musical alá por outubro do ano 2000, polo que despois do verán e a principio do próximo curso, este conservatorio cumprirá 16 anos. Podemos decir que aínda que se trata de un conservatorio municipal, o seu ámbito é claramente comarcal, non en balde fórmanse nel alumnos de tódolos Concellos limítrofes con Monforte, así como da zona de Sarria, Chantada, Valdeorras e incluso O Bierzo.

O centro conta con 10 profesores e no actual curso 2015/16 encontranse matriculados no conservatorio 138 alumnos nas distintas especialidades.

Dende a súa apertura ata data actual, un total de 542 alumnos recibiron formación académica neste centro.

O conservatorio municipal de Monforte réxese a nivel educativo pola lei orgánica 2/2006, así como polos decretos 198/2007 e 203/2007 de ámbito autonómico e nel pódese acadar o certificado de grao elemental e o título de grao profesional en música.

Actualmente neste centro pódense estudar as especialidades de Piano, Violín, Viola, Guitarra, Clarinete, Frauta, Saxofón, Trompeta, Trombón, Tuba, Bombardino e Percusión.


PROGRAMA:

1.”AGUA E VINHO” E. GISMONTI
María Guedella e Andrés Campanario (guitarras)

2. “TRÍO DE FRAUTAS” (Bodas de Fígaro) W.A. MOZART
Aldara Pérez, Marta Soares, Sara Marcos (frautas), Paula López (piano)

3. “HUMORESKE, Nº7” A. DVORÀK
Patricia García, Sara Blanco, Antía Vila (clarinetes), Aldara Pérez (piano)

4. “MUSIC 4 FILM” B.S.O

Aldara Otero, Héctor Martínez, Miguel Álvarez, Antonio García, David Marcos, Mauro Vázquez, Jose Luis Casas (vento metal e corda)


5. “CONCERTO EN Re m” Ch. A. de BERIOT
Héctor Martínez (violín), Maria Jesús Santalla (piano)

6. “CONCERTO(1º Mov.)” R. BING
Lucía Amaro (saxofón), Paula López (piano)

7. “TANGO POR UNA CABEZA” C. GARDEL
Aldara Otero, Héctor Martínez, Carla López, Uxía Casabianca, Miguel Álvarez (violíns), Lucas López (piano)

8. “SIDE BY SIDE” R. KITAZUME
Santiago García (multipercusión)

9. “ TOCCATA” KACIATURIAN
Lucas López López (piano)

10. “OBERTURA” (Cosi Fan Tutte) W.A. MOZART
Grupo Instrumental