19.6.16

Recital de Clarinete: Fernando Estévez Rodríguez

Organiza: Excmo. Concello de Monforte

Colabora: Sociedad Filarmónica de Monforte




Biogafía:


Fernando Estévez Rodríguez nace en Quiroga. Comeza os seus estudos musicais de gaita á idade de 6 anos da man de seus pais, ingresando ao ano seguinte no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos, onde cursa Grao Profesional na especialidade de clarinete co profesor Fernando Sanmartino, acadando o Premio Extraordinario Fin de Grao. No 2011 accede ao Conservatorio Superior de Música de Vigo onde estuda co profesor Asterio Leiva Piñeiro. Durante a súa formación ten recibido clases en diversos cursos e masterclass con clarinetistas, como Dario Mariño Varela, Rocco Parisi, Lorenzo Guzzoni, Venancio Rius Martí e Arno Peters. Recibiu tamén clases de Música de Cámara cos mestres Roberto Noche, Francisco Perez e Fernando Raña. No ano 2015 accede á especialidade de IMTP (Instrumentos da Música Tradicional Popular) no Conservatorio Superior de Vigo. Actualmente imparte clases de música en diversas asociacións e é o director da Coral Polifónica da Escola de Música “Samoeiro” de Pobra de Brollón.



Interpretes:

Fernando Estévez Rodríguez: clarinete

Miguel Valls: piano


Programa



Introdución, Tema e Variacións………………..……...……….Gioachino Rossini

In Freundschaft………………………………………….…Karlheinz Stockhausen
Fantasie……………………………………………………………….Jörg Widmann