12.10.16

Audición 387 : CINE - CONCERTO CASPERVEK TRIO


26 de outubro, 20:15

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro


 SETE OPORTUNIDADES

https://drive.google.com/open?id=0B6XG4sapiXgTUW1RcmQ0eW9yRGc

 

(Buster Keaton - 1925)

coa música de CASPERVEK TRÍO
 




O axente de bolsa Jimmy Shannon está preto da bancarrota cando un avogado preséntalle o testamento do seu avó, no que lle deixa 7 millóns de dólares. Mais para poder herdalos este deberá casar antes das 7 da tarde do seu 27 aniversario ...

E iso … é hoxe! 


CASPERVEK TRIO


Nace no 2013 no seo do Conservatorio Superior de Música de Vigo cando dous dos seus membros, Brais González e Blas Castañer, xúntanse para musicalizar o clásico de F.W. Murnau “Nosferatu”. Tras esta primeira actuación únese ao grupo o violinista Eduards Verbastiks. Xuntos comenzan a explorar o legado cinematográfico dos anos 20, estreando nos primeiros cinco meses cinco bandas sonoras para clásicos do cine mudo. Este fulgurante debut, fai que a prensa especializada os recoñeza como “a gran sorpresa de 2014”.

No 2015, o trío, fai a súa primeira xira recorrendo 10 países do vello continente e tocando nos máis importantes escenarios da cultura europea como entre outros foron: o Museo Nacional da Arte de Estonia; o Auditorio Baltais Fligelis de Letonia ou a Galería Flux de Budapets. No verao deste mesmo ano, CASPERVEK, ofreceu 6 películas no The Urban Beach Cinema (Madrid) – un dos cines ao ar libre máis grande de España – reunindo a milleiros de espectadores para presenciar as súas versións de clásicos como: Las Aventuras del Príncipe Achmed; El Gabinete del Doctor Caligari, ou Amanecer. Estando, asemade, presente en distintos festivais como foron o “ViaStellae”, “Sinsal” ou o do “Cine Euro-Árabe AMAL”.

Caspervek Trío, realiza un valioso labor didáctico e pedagóxico, achegando o patrimonio cinematográfico aos máis pequenos. Como proba baste citar os ciclos realizados no Museo de arte Contemporáneo de A Coruña ou o Festival Primavera do cine de Vigo.

Caspervek Trío, ofrece a posibilidade de achegarse ao legado cinematográfico das primeiras décadas do século XX, volvendo ás orixes do cine, cando as películas proxectábanse con músicos en escena, pero actualizando e adaptando aos gustos musicais actuais as bandas sonoras compostas para cada unha das películas, realizando ao mesmo tempo un importante labor pedagóxico.