19.12.16

Audición 389. Familia Moryatov

26-12-16
20:15 horas
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro


Trío Familia Moryatov

https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTTENLV0QzUUxLRjA/view?usp=sharing

 


A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola músicasenón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.
Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do recentemente creado Centro Musical “Kalinka” na Coruña.
Irina Moryatova, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San
Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos. Deu Clases Maxistrais en España e Portugal. Participou en varios Festivais Musicais. Como pianista, ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara, colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera.
Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas
residentes na Comunidade Autónoma Galega. Dende 2006 é profesora do
Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para
varias agrupación, xa son máis de cen.
Evgeny Moryatov, o fillo, iniciou os seus estudos de violín ós catro anos. Estudou
na Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo; na Escola Raíña Sofía
de Madrid co eminente profesor J.L. García Asensio; na Universidade de Toronto
co Profesor Emérito de Canadá D. Zafer. Alí desempeñou labor de concertino da
Joven Orquesta de Toronto. En 2006 terminou o Master na Universidade Carnegie Mellon (USA) baixo a tutela do concertino da Filharmónica de Pittsburgh Andrés Cárdenas. O mesmo ano gañou un posto entre máis de 5500 opositores para
formar parte da Orquestra da Comunidade Valenciana, cuxos directores titulares
foron L. Maasel e Z. Metha. Colabora tamén coa Orquestra Sinfónica de Bilbao,
Orquestra de Cámara de California (USA) e Filharmónica do Porto como concertino. Logrou primeiros e segundos premios en importantes concursos de
corda celebrados en España e Canadá. Deu numerosos recitais e en múltiples
ocasións actuou como solista con diversas orquestras sinfónicas e directores tan
ilustres como L. Maasel e Y. Menuhin. Diferentes concertos seus foron transmitidos por radio e televisión. Ten varios CDs gravados, entre eles coa música de compositores galegos como A. Gaos e M. Quiroga.

W. A. MOZART...........................................................................TRÍO KV 548
  1. Allegro
  2. Andante cantábile
  3. Allegro
M. de Falla..................................................................................Danza del Fuego
A. C. Jobim.................................................................................Chica de Ipanema
C. Saint Saens..........................................Introducción e Rondó caprichoso Op.28

II

A. Armírez..................................................................................Alfonsina y el mar
H. Warren........................................................................Chattanooga Choo Choo
P. Tchaikovsky - A. Rosenblat .....Fantasía sobre tema de "El lago de los cisnes"
A. Piazzola.......................................................................................Otoño Porteño
C. Gardel..............................................................................El día que me quieras
J. Strauss................................................................................................Kaiservals