26.12.18

Audición 411. Trío Familia Moriatov

27-12-18 ás 20:15 horas
Casa da cultura Poeta Lois Pereiro



https://drive.google.com/open?id=1M_CcCsyh06VSRcWGrfkci9HO8IJUhkK5


TRÍO FAMILIA MORIATOV

A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola música senón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.

Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do Centro Musical “Kalinka” na Coruña.

Irina Moryatova, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos. Deu clases maxistrais en España e Portugal. Participou en varios festivais musicais.

Como pianista, ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara, colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas residentes na comunidade autónoma galega. Dende 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupacións, xa son máis de cen.




Mijail Moryatov,
o fillo, é un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes actualmente en España. Naceu en Rusia e aos cinco anos comezou a súa carreira violinística, despois de estudar cos profesores máis ilustres e eminentes de San Petersburgo(Rusia). No 1986 superou as probas de acceso á Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo, que rematou coas máis altas cualificacións no 1994. Nembargantes dous anos antes, no 1992, aprobou as oposicións para a O.S.G. con tan só 17 anos, o que fixo que fora o membro máis novo de dita formación. Dende esa data vive e traballa en Galicia. Nos anos 1994 -1996, foi profesor no conservatorio de Ferrol , asemade no tempo que leva vivindo en Galicia, desenvolveu un importante labor docente por toda a Comunidade. Mijail Moryatov, foi gañador e finalista dos prestixiosos concursos internacionais de violín celebrados en España nos anos 1996 e 1997. Foi o creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, así como dos destacados grupos Lira, Cantábile, Noite na auga e Fantasía, cos que realiza uns 40 concertos anuais por toda España facendo concertos tamén como solista. Ten tres CD´s gravados: Aire Fresco (2001); Galicia no meu corazón (2006) e Música mundi (2010).





G. CACCINI
…………………………………………………….... Ave María

A. GLAZUNOV
, para Violoncelo e Piano

- Canto de Menestril, (Canto del Trovador) op. 71

- Serenata Española op. 20, nº 2

A. PIAZZOLLA ……..………………... Café – 1930, para Violín e Piano

W. A. MOZART ……..……………………….... Trío KV 502 en Si b Maior

I.- Allegro

II.- Largetto

III.- Allegretto



II

CH. LEFEBVRE …………………………………………..……..... Ballada

F. SAYFantasía sobre la marcha turca de W. A. Mozart, para Píano

A. LARA ………………………..…………………….…….......... Granada

C. GARDEL ……………..…………………….. Tango “Por una cabeza”

J. STRAUSS ……………………….....… Polka “Truenos y Relámpagos”
F. MÉRCURY ……………………………………… "The Show must go on”
J. STRAUSS …………………………………………………... “Kaiservals

11.12.18

Audición 410. Cuarteto Novecento

17 de decembro de 2018, 20:15 horas
Casa da cultura Poeta Lois Pereiro


https://drive.google.com/open?id=1yyWXJBjWlOrUfRznza8ZE7xwmriFiZ1q

 CUARTETO NOVECENTO

Ildikó Oltai ...................................................... Violín
Irina Gruia ...................................................... Violín
Ioana Clobotaru ............................................... Viola
Millán Abeledo ........................................ Violoncelo


O Cuarteto Novecento, está formado por músicos chegados desde distintos puntos de Europa a Santiago de Compostela, para formar parte da Real Filharmonía de Galicia e deciden formar un grupo estable con vocación de ofertar un repertorio pouco habitual, centrándose en música desde finais do século XIX ata a actualidade.
Música pouco programada pero sempre interesante, divertida e orixinal.
O seu primeiro concerto tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago no mes de xuño de 2016. Ese mismo ano participou no III Festival de Arpa de Noia, coa internacionalmente reconocida arpista francesa Frédérique Cambreling, solista del Ensemble Intercontemporain. En maio do 2017 participa no IX Ciclo de Música Relixiosa de San Matiño de Barcia de Mera. En Xuño do 2017 realizou o seu gran recital anual con obras de Juan Durán, Frank Bridge e Paul
Hindemith.
O Cuarteto Novecento quere, con esta iniciativa, presentar unha proposta distinta e diferenciada que complete o panorama musical camerístico desde Santiago de Compostela.



I

Joaquín Turina ....................................... La oración del torero

Juan Durán ............................................... Cuarteto de cuerda
  1. .- Pasodoble
  2. - Blues
  3. - Samba


II
Giacomo Puccini ................................................. Crisantemi

Germaine Tailleferre ........................... Cuarteto de cuerda
  1. - Modéré
  2. - Interméde
  3. - Final

Benjamin Britten ............................................. 3 Divertimenti
  1. - March
  2. - Waltz
  3. - Burlesque

22.11.18

Audición 408-409. Zoar Ensemble. "Xogo de pillabáns"

 27 de novembro de 2018
12:00 Edificio multiúsos (para centros de ensino)
20:15 Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro


https://drive.google.com/open?id=139_TMt2JIGwDTyYO-CJOepZsIAgmMSys





Xogo de pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada nunha Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Saavedra. Nesta produción os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público.


A historia de Rinconete y Cortadillo narra as aventuras de dous mozos duns 15 anos, Pedro del Ricón e Diego Cortado, que se coñecen, na Venta del Molinillo, despois de escapar da casa na procura de cartos e liberdade. Xa en Sevilla, aínda que se estrean nunha nova e honrada profesión sendo mozos da esportilla, non logran abandonar o seu instinto pillabán e terminan por xuntarse á confraría de Monipodio, o mestre da golfeiría. O señor xastre, pai de Cortadillo, decide percorrer toda España de Norte a Sur na busca do seu fillo. Desexa con toda a súa alma que o rapaz regrese ao seu fogar e retome de novo unha vida de ben, afastada das malas compañas e dos astutos pero deshonrosos xogos de pillabáns.


A obra musical Juego de ladrones é unha suite na que o compositor quixo plasmar a esencia da obra de Cervantes, describindo ós personaxes e os lugares máis importantes da novela, deixando totalmente aberta a porta á imaxinación dos rapaces e rapazas que a vaian escoitar.

MÚSICA ORIXINAL: Juego de ladrones de OSCAR NAVARRO
I.- La venta oscura
II.- Rinconete y Cortadillo
III.- Sevilla
Iv.-Juego de ladrones
V,. Monipodio
VI.- Gran final
Orquestra de Frautas de Galicia: Zoar ensemble

INTÉRPRETES E ACTORES (ZOAR ENSEMBLE)
Frauta: JOAN IBAÑEZ
Óboe: DAVID VILLA
Clarinete: ANTONIO SUÁREZ
Trompa:: BENJAMÍN IGLESIAS
Fagot: ÁLEX SALGUEIRO
ADAPTACIÓN, GUIÓN, VESTIARIO E DIRECIÓN DE ESCEA
MALU  BALADO

DESCARGAR GUÍA DIDÁCTICA

7.11.18

Audición 407. Ensemble Vigo 430


15-11-2018 , 20:15 horas

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

  

https://drive.google.com/open?id=1w_d4pb-v6Kn-dQwvZqA3fP8lB37SmoRH




Mario Peris e Ekaterina Stetsenko ………………… Violíns

Javier Escobar …………………………………………… Viola

Isabel Figueroa …………………………………… Violoncelo

Anastasia Tsnyrova ………………………………… Guitarra

Brais González ………………………………………….. Piano

O proxecto da OV430, Orquestra Vigo 430, ten como obxectivo ofrecer á cidadanía un contido cultural do máximo nivel, diversificado en varias liñas especializadas:

  • Orquestra Sinfónica de Vigo 430, eixo principal de todo o proxecto, con formacións de uns 70 músicos, abrangue música desde o clasicismo ás composicións cotemporaneas.
  • Orquestra Barroca Vigo 430: O 30 de xuño do 2014 preséntase esta formación especializada en música antiga, única en Galicia, e centrada, principalmente, na interpretación de música anterior a primeira metade do século XVIII.
  • Ensemble Vigo 430: O lema da OV430, “Paixón pola música” non é gratuito, e por elo os membros da OS xúntanse en distintas formacións instrumentais e tímbricas moi diversas para disfrutar e compartir co público o maravilloso repertorio da música de cámara e as máis das veces interpretando obras que raramente teñen cabida en outras programacións.
  • Orquestra Xove Vigo 430: Coa fin de servir como canteira de xoves músicos e coa ilusión de que, no futuro, poidan formar parte da agrupación principal, en xuno de 2012 celébranse as primeiras probas selectivas e en setembro do mesmo ano ten lugar o concerto de presentación da formación. Os encontros repítense duas o tres veces ao ano, seguense convocando probas de selección na de este ano presentáronse máis de 200 candidatos. Colaborando cos prestixiosos concurso como AGIC e Soncello.

A Orquestra Vigo 430 foi merecedora do premio Martín Codax da música no 2014. Colabora con grandes solistas de talla internacional, tendo realizado varias grabacións musicais, Apoya o nova creación musical, levando a cabpo estreas de novas obras e programando creación de compositores galegos contemporáneos. Colabora cos “Amigos da Òpera de Vigo” na súa temporada operística. Mantén activo un canal de You Tube no que se difunden os concertos realizados,




F. MENDELSSOHN: …………... Cuarteto de cuerda, Op,12

1.- Adagio non tropo – Allegro non tardante

2.- Canzonetta – Allegretto

3.- Andante Expressivo

4.- Molto allegro e vivace



A. PIAZZOLLA: ………………………... “Historia do Tango”

1.- Bordel 1900

2.- Café 1930

3.- Nightclub 1960

4.- Concert d’aujourd’hui



W. A. MOZART: Concerto con piano Nº1 en Sol m. K.478

1.- Allegro

2.- Andante

3.- Rondo