17.5.18

Audición 403. III Concerto Debutantes. Conservatorio Mestre Ibáñez

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
24 de maio, 20:15 horas


https://drive.google.com/open?id=1xR4g9_BH26b8CAPzR-ZcK4Ta8VbgVjNW

 

III CONCERTO DEBUTANTES

O concerto debutantes, establécese no marco de colaboración entre a Sociedad Filarmónica de Monforte, o propio conservatorio municipal e a concellería de cultura e educación do Concello de Monforte. Nel participan anualmente alumnos/as que rematan os estudos de grao profesional. Concretamente neste III concerto debutantes, o intérprete será o pianista Lucas López López.


CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA “MESTRE IBÁÑEZ”

O conservatorio profesional de música “Mestre Ibáñez”, dependente do Concello de Monforte de Lemos, inicia a súa andaina no eido da educación musical en outubro do ano 2000. Podemos dicir que aínda que se trata dun conservatorio municipal, o seu ámbito é claramente comarcal, non en balde fórmanse nel alumnos de tódolos Concellos limítrofes con Monforte, así como da zona de Sarria, Chantada, Valdeorras e incluso O Bierzo.

O centro conta con 10 profesores de distintas especialidades e dende a súa apertura ata data actual, uns 600 alumnos recibiron formación académica neste centro.

No conservatorio municipal de Monforte pódese acadar o certificado de grao elemental e o título de grao profesional en música.

Actualmente neste centro pódense estudar as especialidades de Piano, Violín, Viola, Guitarra, Clarinete, Frauta, Saxofón, Trompeta, Trombón, Tuba, Bombardino e Percusión.




PROGRAMA

PRIMEIRA PARTE

Sonata op. 26 nº 12 “Grande Sonata” …………………………… L. V. Beethoven
  • Andante con variazioni
  • Scherzo, allegro molto
  • Maestoso andante, marcia funebre sulla morte d'un eroe
  • Allegro

Liebestraum nº 3 …………………………………………………………....F. Liszt



SEGUNDA PARTE


Preludio X, Libro 1 “La cathédrale engloutie”…………………………C. Debussy

The Voice of Lir, from Three Irish Legends …………………………… H. Cowell

Suxestión Diabólica, op. 4 nº 4 ………………………………………… S. Prokofiev







LUCAS LÓPEZ LÓPEZ, Piano


Nado en Monforte de Lemos no ano 2000, inicia os seus estudos musicais á idade de 6 anos no conservatorio profesional de música “Mestre Ibáñez”, na especialidade de Piano da que actualmente remata o 6º curso de Grao Profesional, recibindo clases das profesoras Montserrat R. Quiroga, Paula López e María Jesús Santalla. Posteriormente iniciará neste mesmo centro, estudos de Percusión co profesor José Luis García. Por conta propia, tamén estuda canto lírico dende 2014.

Como pianista actuou no 10º aniversario do Pazo de Tor. Participou na V Mostra musical Eixo Atlántico que tivo lugar en Vilagarcía de Arousa en 2016, obtendo Mención de Honor como solista grupo B. Acudiu á fase autonómica da XV e XVI edicións do Concurso Intercentros Melómano, celebrada en Lugo, en 2016 e 2017 respectivamente. Foi participante do Piano Meeting Ourense. Obtivo o segundo premio no Concurso de Piano da Sociedade Artística Ferrolana 2017. Tamén foi seleccionado pola asociación Compostela Sound para realizar un recital no Paraninfo da Universidade de Xeografía e Historia de Santiago. Recentemente, foi finalista representando a Monforte de Lemos na VI Mostra musical Eixo Atlántico en Vila Real (Portugal).

A maiores recibiu clases de piano de profesores como Isabel Romero, Miguel Valls, Eduardo Ponce e Sara Marianovich entre outros.

Como barítono, dende o ano 2014 é membro do Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia e dende o 2015 tamén do Coro principal da OSG, participando en diversas óperas e concertos xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia ou á Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de figuras internacionais como Joan Company, Alberto Zedda, Dima Slobodeniouk, Richard Egarr, Josep Pons, Ton Koopman, John Goodman, Enrico Onofri, ou Maximino Zumalave entre outros.

Pese á súa curta idade, cabe destacar a súa participación como barítono solista xunto coa Real Filharmonía de Galicia interpretando a Cantata das Cantigas, de Rogelio Groba e máis recentemente, as súas actuacións en calidade de barítono solista na interpretación do Requiem de Gabriel Fauré xunto co Coro da OSG, baixo a dirección de Joan Company nunha xira por toda a xeografía galega, así como co Coro de Cámara Rías Baixas baixo a dirección de Bruno Díaz.

Acudiu a clases de canto con profesores como Katrine Roberts, Pablo Carballido ou Yolanda Montoussé.