22.11.18

Audición 408-409. Zoar Ensemble. "Xogo de pillabáns"

 27 de novembro de 2018
12:00 Edificio multiúsos (para centros de ensino)
20:15 Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro


https://drive.google.com/open?id=139_TMt2JIGwDTyYO-CJOepZsIAgmMSys





Xogo de pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada nunha Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Saavedra. Nesta produción os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público.


A historia de Rinconete y Cortadillo narra as aventuras de dous mozos duns 15 anos, Pedro del Ricón e Diego Cortado, que se coñecen, na Venta del Molinillo, despois de escapar da casa na procura de cartos e liberdade. Xa en Sevilla, aínda que se estrean nunha nova e honrada profesión sendo mozos da esportilla, non logran abandonar o seu instinto pillabán e terminan por xuntarse á confraría de Monipodio, o mestre da golfeiría. O señor xastre, pai de Cortadillo, decide percorrer toda España de Norte a Sur na busca do seu fillo. Desexa con toda a súa alma que o rapaz regrese ao seu fogar e retome de novo unha vida de ben, afastada das malas compañas e dos astutos pero deshonrosos xogos de pillabáns.


A obra musical Juego de ladrones é unha suite na que o compositor quixo plasmar a esencia da obra de Cervantes, describindo ós personaxes e os lugares máis importantes da novela, deixando totalmente aberta a porta á imaxinación dos rapaces e rapazas que a vaian escoitar.

MÚSICA ORIXINAL: Juego de ladrones de OSCAR NAVARRO
I.- La venta oscura
II.- Rinconete y Cortadillo
III.- Sevilla
Iv.-Juego de ladrones
V,. Monipodio
VI.- Gran final
Orquestra de Frautas de Galicia: Zoar ensemble

INTÉRPRETES E ACTORES (ZOAR ENSEMBLE)
Frauta: JOAN IBAÑEZ
Óboe: DAVID VILLA
Clarinete: ANTONIO SUÁREZ
Trompa:: BENJAMÍN IGLESIAS
Fagot: ÁLEX SALGUEIRO
ADAPTACIÓN, GUIÓN, VESTIARIO E DIRECIÓN DE ESCEA
MALU  BALADO

DESCARGAR GUÍA DIDÁCTICA

7.11.18

Audición 407. Ensemble Vigo 430


15-11-2018 , 20:15 horas

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

  

https://drive.google.com/open?id=1w_d4pb-v6Kn-dQwvZqA3fP8lB37SmoRH




Mario Peris e Ekaterina Stetsenko ………………… Violíns

Javier Escobar …………………………………………… Viola

Isabel Figueroa …………………………………… Violoncelo

Anastasia Tsnyrova ………………………………… Guitarra

Brais González ………………………………………….. Piano

O proxecto da OV430, Orquestra Vigo 430, ten como obxectivo ofrecer á cidadanía un contido cultural do máximo nivel, diversificado en varias liñas especializadas:

  • Orquestra Sinfónica de Vigo 430, eixo principal de todo o proxecto, con formacións de uns 70 músicos, abrangue música desde o clasicismo ás composicións cotemporaneas.
  • Orquestra Barroca Vigo 430: O 30 de xuño do 2014 preséntase esta formación especializada en música antiga, única en Galicia, e centrada, principalmente, na interpretación de música anterior a primeira metade do século XVIII.
  • Ensemble Vigo 430: O lema da OV430, “Paixón pola música” non é gratuito, e por elo os membros da OS xúntanse en distintas formacións instrumentais e tímbricas moi diversas para disfrutar e compartir co público o maravilloso repertorio da música de cámara e as máis das veces interpretando obras que raramente teñen cabida en outras programacións.
  • Orquestra Xove Vigo 430: Coa fin de servir como canteira de xoves músicos e coa ilusión de que, no futuro, poidan formar parte da agrupación principal, en xuno de 2012 celébranse as primeiras probas selectivas e en setembro do mesmo ano ten lugar o concerto de presentación da formación. Os encontros repítense duas o tres veces ao ano, seguense convocando probas de selección na de este ano presentáronse máis de 200 candidatos. Colaborando cos prestixiosos concurso como AGIC e Soncello.

A Orquestra Vigo 430 foi merecedora do premio Martín Codax da música no 2014. Colabora con grandes solistas de talla internacional, tendo realizado varias grabacións musicais, Apoya o nova creación musical, levando a cabpo estreas de novas obras e programando creación de compositores galegos contemporáneos. Colabora cos “Amigos da Òpera de Vigo” na súa temporada operística. Mantén activo un canal de You Tube no que se difunden os concertos realizados,




F. MENDELSSOHN: …………... Cuarteto de cuerda, Op,12

1.- Adagio non tropo – Allegro non tardante

2.- Canzonetta – Allegretto

3.- Andante Expressivo

4.- Molto allegro e vivace



A. PIAZZOLLA: ………………………... “Historia do Tango”

1.- Bordel 1900

2.- Café 1930

3.- Nightclub 1960

4.- Concert d’aujourd’hui



W. A. MOZART: Concerto con piano Nº1 en Sol m. K.478

1.- Allegro

2.- Andante

3.- Rondo