22.11.19

Audición 420: Enol ensemble



Martes 3 de decembro 2019

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro



https://drive.google.com/open?id=1aq1u-CSPPXfinEr-WPGFzWKL1CKdtyoW

ENOL ENSEMBLE
  Está formado con músicos cuxo interese é investigar en música de cámara explorando diversas formacións, estilos e épocas coa intención de facer chegar a un público un amplo repertorio que non sempre é fácil de escoitar salas de concertos



ADOLFO RASCÓN ................ VIOLÍN

 Nado en Oviedo. Durante 7 anos, recibe clases de Alexander Vasiliev. Expande o seu adestramento na Universitat Für Musik de Graz (Austria) e na E. S. de M. Reina Sofía con J. L. García Asensio, V. Huerta e R. Schmidt. Gañou o Concurso de Mozos Intérpretes da U.F. M. de Graz e o Certame "Cidade de Oviedo", en 2003 recibe o diploma Estudante distinguido da cátedra de música de cámara (prof. Rainer Schmidt). Actua como solista e músico de cámara, foi membro fundador do trío Pangea. Impartiu a súa docencia no C.S.M. de Asturias e na Escola Nacional de Lisboa. Actualmente traballa na Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias.

MARIO BERNARDO ...... .. PIANO

 Pianista de Xixón licenciado en música de cámara e piano con matrícula Premio de Honra e Fin de Grao para o Conservatorio de Música de Oviedo (dirixida por T. Kvernadze e F. J. Pantín). Durante catro anos continuou os seus estudos co profesor da Escola "Reina Sofía "de Madrid, Galina Egiazarova, unha bolsa de Cajastur e a Consejería de Cultura do Principado de Asturias. Tamén recibiu o consello de pianistas de renombre internacional.. Gañou unha decena de premios en varias convocatorias. Ten gravado numerosos CDs con diversos interprtes e feito estreas absolutas de obras de diversos autores Flores Chaviano, Juan M. Cué, etc. Actuou en toda a xeografía española tanto como solista como en grupos de cámara. Realizou o "Máster en Patrimonio Musical" da Universidade de Oviedo Ensinou nos conservatorios profesionais de Xixón e Oviedo, e no Posgrao e Máster en “Análise e Interpretación Musical” da Universidade de Oviedo. Actualmente é profesor do Conservatorio de Música de Oviedo.



CRISTINA GESTIDO ............ VIOLA
 Naceu en Oviedo onde comezou a estudar piano, violín e viola.No 2003 continúa os seus estudos superiores de viola no R. C. of Music de Londres baixo a tutela de A. Viytovych. Máis tarde, fixo un máster en "Viola Solo Actuación" na mesma escola co solista L. Power. Recibindo premios e bolsas de diversas institucións nacionais e extranxeiras. Tamén recibiu clases maxistrais de violistas de recoñecido presticio. Comeza a traballar coa R. Ph. Concert Orchestra de Londres, e colaborando á vez para varias orquestras extranxeiras e nacionais. Combina o seu traballo orquestral coa música de cámara, ten gravado bandas sonoras e realizou xiras con diversos artistas, entre eles, Sting ou D. Bisbal. Traballa coa O. S. de Castela e León e a R. O. H. Covent Garden de Londres colaborando con diversas orquestras e co conxunto “BANDART". E docente en BISYOC (International Youth Orchestra Exchange).



TERESA VALENTE .... ......... VIOLONCHELO
 Teresa Valente Pereira comeza os seus estudos musicais en Lisboa, con A, Campos e sigueos con Ma José Falcão, concluindo coas máximas cualificacións. Acadou bolsas que lle permitiron ampliar os seus estudos na E. S. de M. Reina Sofía e para cursar o "Konzertexam" no Folkwang Hochschule Essen baixo a dirección de C. Richter. Ten varios premios e méritos. Tocou como solista en varias orquestras tanto nacionais como extranxeiras e baixo batutas de renombre como Antoni Ros-Marbá, ou Kirill Karabits, entre outros Como docente destacan os distintos cursos e clases maxistrais impartidas en distintos países. O seu interese pola música de cámara levouna a integrar distintos grupos e fundar o trío Pangea. Dende 2011 é solista coa O. S. de Bilbao.










1.- Antonin DVORAK (Bohemia 1841-Praga 1904): Cuarteto con piano n° 2 en Mib, op. 87 (1889)
  • I. Allegro con fuoco 
  • II. Lento 
  • III. Allegro moderato 
  • IV. Allegro ma no troppo

2.- Salvador BROTONS (Barcelona 1959): Cuarteto con piano en Mi op. 48, "A celebration of life" (1988)

3.- Joaquín TURINA (Sevilla 1882-Madrid 1949): Cuarteto con piano en La m, op. 67 (1932)
  • I. Lento-Andante mosso 
  • II. Vivo 
  • III. Andante-Allegretto


Audición 419: Trío Olivié

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro
Venres 29 de novembro, 20:15 horas


https://drive.google.com/open?id=1v3tvdotK4dhm8ba5Vb9qewlYrgeVCY1H



TRÍO OILIVIÉ:

Recolle o nome do que fora secretario do concello de Vigo D. Manuel Olivié, quen para escapar da rixidez do seu cargo escollía o outeiro do monte de O Castro para gozar das vistas da ría que lle facían soñar cunhas paisaxes máis aló do horizonte que logo traspoñía nos seus escritos. Do mesmo xeito o grupo pretende, que espallando unha pequena parte do oceánico repertorio do trío clásico, acádese esa atalaia de fermosas vistas, neste caso, musicais.




MARTA VÉLEZ PÉREZ ……………………………………………. VIOLÍN

Nada en Vigo don de fai estudos de violín no Conservatorio Superior co profesor Manuel Martínez. A os 18 anos ingresa no Real Conservatorio de Bruselas recibindo clases de Agustín León Ara e Tános Adamopoulus e logo na Guildhall School of Music and Drama de Londres con Ifrah Neaman, obtendo respectivamente o Primeiro premio de Violín, Solfexo e Música de Cámara e o diplomas de Licenciste of de Guildhall School of Musis e Posgraduate diploma in Music Performance.

Foi membro e colaborador da Orquestra Clásica de Vigo, Joven Orquesta Nacional de España, Orquesta Ciudad de Granada, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orchestre National de Belgique, Ecyo, …. Baíxo a dirección de A. Ros Marbá, Maximino Zumalave, Helmuth Rilling, Leopold Hager, K. Penderecki, Sir Neville Mariner, Chistof Poppen, Walter Weller, … Recentemente gravou co Ensemble Vigo 430 o Concerto de violín en estilo antigo de Manuel Quiroga.

Asistiu a cursos e masterclases dos profesores José Luís Garcia Asensio, Gerard Claret, Rodney Friend, Vartan Manoogian, Félix Ayo, Nicolás Chumachenco, … e obtendo becas da Fundación Barrié, Caíxa Galicia, Segundo Gil Dávila, A. I. E., …

Participou en numerosos concertos e festivais cos pianistas Pablo López e Cristina Olivar en diferentes cidades galegas e do resto de España.

Na actualidade e profesora de violín e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo e forma parte do Trío Erkel de Clarinete, violín e piano.




ÁLVARO QUINTANILLA MARFUL …………………… VIOLONCELLO

Nado en Madrid, inicia os estudos de violoncello con seu pai Álvaro Quintanilla Kyburz (solista da Orquesta Nacional de España), e remátaos de forma oficial no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid cos profesores Pedro Corostola e Rafael Ramos, ampliando alí mesmo os seu estudos de Música de Cámara co profesor Luís Rego. Asistindo a numerosos cursos de perfeccionamento, destacando os realizados con Reine Flachot, Daniel Grogurin e Alexandra Frantseva.

Mentres fai os seus estudos é nomeado solista da JORCAM (Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid) actuando entre outra salas na Philarmonie de Berlin.

Colabora con distintas orquestras entre elas e durante dez anos coa Orquesta Nacional de España onde traballa cos máis importantes directores e solistas do momento.

O seu compromiso coa música actual lévao a formar parte do grupo Cosmos 21 dirixido por Carlos Galán co que estrea máis de medio cento de obras en España, Italia e Latinoamérica, destacando a estrea absoluta (o 28 de febreiro de 2.006, no Auditorio Nacional de Música e xunto coa Orquesta da Comunidade de Madrid) do Concerto Grosso para o Cosmos Op. 62, para cinco instrumentos e orquestra de Carlos Galan. Tendo realizado gravacións para R.N.E. e actuado en diferentes festivais e ciclos para a Fundación Juan March, Círculo de Bellas Artes de Madrid,

Fundación Marcelino Botín, Museo Reina Sofia, Centre de Cultura Contemporánea de Valencia e o Auditorio Nacional de Música.

Dende o ano 2.010 forma parte do T.A.C. (Taller Atlántico Contemporáneo) - formación aberta que abarca principalmente repertorio do século XXI – que mereceu o galardón do “Premio da Crítica Galicia” e o “Premio Martín Codax” na modalidade de música clásica e contemporánea do ano 2.013.

Na súa faceta pedagóxica imparte clases de violoncello no Conservatorio Superior de Música de Vigo dende o ano 2.014, ai mesmo foi invitado polos Conservatorios de Música de Paraguay, Nicaragua e O Salvador.




CONSTANTINO PÉREZ MURAS ……………………………….. PIANO

Nado en Vigo, comeza o seus estudos no Conservatorio da cidade. Ségueos nos de Santiago de Compostela con Martín Millán e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Fernando Puchol. Fixo estudos de perfeccionamento en Oporto coa eminente pianista Helena Sá e Costa que foron decisivos na súa formación. Dedicado principalmente a docencia, exerceu de profesor de piano no Conservatorio de Santiago de Compostela e na actualidade faino no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde desenvolve asemade o labor de pianista acompañante. Neste campo e no da música de cámara formou parte de distintas agrupacións, sendo invitado polo prestixioso clarinetista belga Walter Boeykens para actuar como pianista acompañante nos Cursos Internacionais de Perfeccionamento musical de Xavea (Alacante). É colaborador da Orquestra Clásica de Vigo dende as súas orixes, intervindo como pianista da mesma en multitude de programas.





1.- Trío ……………………………………………………. Joaquim Malats
I. Allegro
II. Andante
III. Vivace


2.- Escenas Andaluzas …………..……….… Rogelio Huguet i Tagell

Nº 3 El Sereno (Nocturno)

3.- Trío nº 2 op. 76 …………………………..………….. Joaquín Turina

  • Lento – Allegro molto moderato – Allegretto – Lento
  • Molto vivace
  • Lento – Andante mosso – Allegro vivo


12.11.19

Audición 418: Dúas, Todo é percusión

Venres 15 de novembro de 2019
11:30 horas Edificio multiusos de Monforte de Lemos

2º Concerto didáctico

Dúas



MARTA FIGUEIREDO e SABELA CARIDAD



Elas compartiron profesor, Alejandro Sanz, durante bastantes anos, mais non se coñeceron ata 2005 cando coincidiron, por primeira vez, na Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia.

Cando rematan os seus estudos, no ano 2015, deciden xuntarse e nace DÚAS.

Interpretan obras de diferentes estilos abarcando o período clásico, moderno e contemporáneo, xunto coas súas propias composicións sendo exemplo delas “Pollistes gallicus” ou “Dishes” composta expresamente para o espectáculo Todo é Percusión.


EXIRE


ESTEFANÍA GÓMEZ e ALBA FERNÁNDEZ


Técnico de luz e son SERGIO ALEGRE




TODO É PERCUSIÓN



O Concerto: Neste caso DUAS xúntase con dúas bailarinas de música contemporánea, EXIRE, para chegar a Arte Total a través da interpretación das distintas artes: música, danza e teatro.

A vida é ritmo e convírtese en música cando somos conscentes delo. O obxectivo é exaxerar a música e os ritmos que se atopan en todolos quefaceres diarios.

A Trama: Trátase de reflectir todas e cada unha das distintas situacións dun día calquera de catro rapazas, desde que se erguen ata que se deitan


Os Obxectivos:
  • Aumentar a concencia dos ritmos cotidians
  • Axudar a disfrutar e valorar diferentes manifestacións culturais
  • Mostar aplicacións prácticas de ritmos con obxectos cotidians
  • Interrelacionar diversas manifestacións artísticas: música, danza e teatro
  • Aprender as pautas de comportamento para asistir a un espectáculo destas caractéristicas