10.4.24

CANCELADA!!! Audición 437-438: Caspervek Trío

CANCELADO EL CONCIERTO DEL DÍA 17 DE CASPERVEK TRÍO

Mércores 17 de abril de 2024:

11:30 horas, edificio Multiusos, sesión para colexios.

20:15 horas. Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

 



CASPERVEK TRÍO


Nace no 2013 no seo do Conservatorio Superior de Música de Vigo cando dous dos seus membros, Brais González e Blas Castañer, xúntanse para musicalizar o clásico de F.W. Murnau “Nosferatu”. Tras esta primeira actuación únese ao grupo o violinista Eduards Verbastiks. Xuntos comenzan a explorar o legado cinematográfico dos anos 20, estreando nos primeiros cinco meses cinco bandas sonoras para clásicos do cine mudo. Este fulgurante debut, fai que a prensa especializada os recoñeza como “la gran sorpresa de 2014”.

No 2015, o trío, fai a súa primeira xira recorrendo 10 países do vello continente e tocando nos máis importantes escenarios da cultura europea como entre outros foron : o Museo Nacional da Arte de Estonia; o Auditorio Baltais Fligelis de Letonia ou a Galería Flux de Budapest. No verao deste mismo ano, CASPERVEK, ofreceu 6 películas no The Urban Beach Cinema (Madrid)..

Caspervek Trío, realiza un valioso labor didáctico e pedagóxico, achegando o patrimonio cinematográfico aos máis pequenos. Como proba baste citar os ciclos realizados no Museo de arte Contemporáneo de A Coruña ou o Festival Primavera do cine de Vigo.

Caspervek Trío, ofrece a posibilidade de achegarse ao legado cinematográfico das primeiras décadas do século XX, volvendo ás orixes do cine, cando as películas proxectábanse con músicos en escea, pero actualizando e adaptando aos gustos musicais actuáis as bandas sonoras compostas para cada unha das películas, realizando ao mesmo tempo un importante labor pedagóxico.

PROGRAMA DIDÁCTICO – AS ORIXES DO CINE


Unha viaxe pedagóxica e musical pola orixe do cine mudo da man de Caspervek.

O HEROE DO RÍO


Os propietarios de dous barcos fluviais compiten polo control do transporte de mercadorías polo río Misisipi. Bill Canfield (Ernest Torrence), un deles, espera a chegada do seu fillo Willie (Buster Keaton), que estivo estudando na cidade, para que lle axude no negocio.

Descrubiremos como eran as curtametraxes fai máis de cen anos e cales eran as principais estrelas do cine da época. Descubriremos o importante da música no cine mudo e como eran as salas de cine daqueles tempos. Tamén cales foron os principais directores galegos e españois daquelas décadas; como eran os debuxos animados do cine mudo e que personaxes de animación coñecían os nenos da época. E tamén descubriremos o abraiante mundo dos efectos visuais antigos e o feito de que non están demasiado afastados dos efectos especiais de hoxe en día.


BLOQUES TEMÁTICOS


O CINE MUDO (10 min.)

Imos comezar esta viaxe coñecendo como era o cine fai máis de cen anos. Porqué os actores non falaban? Como facía a xente para entender as mensaxes das películas?. Coñeceremos a algúns dos principais persoeiros do cine da época e xogaremos a dous divertidos xogos.

A MÚSICA NO CINE MUDO (20-25 min.)

A música é un compoñente indispensable no cine, pero naquela época, o era aínda máis. Converteremos o auditorio nunha sala de cine antigo para ver unha curtametraxe con música en directo. E invitaremos a algúns

afortunados nenos a acompañarnos.

DIRECTORES EN GALICIA E ESPAÑA (10 min.)

Imos coñecer que se estaba a facer en España e en Galicia naqueles anos. Presentaremos a Xosé Gil, creador da primeira curta de ficción galega e a Segundo de Chomón, pioneiro aragonés do que veremos e poñerémoslle música a su obra A Ra (1907)

AS ORIXES DA ANIMACIÓN (5-7 min.)

Imos emprender unha viaxe, cara atrás, ata comezos de século para coñecer como era a animación da aquela época. Habería debuxos animados no cine mudo?. Deténdonos na figura de Emile Cohl e todos xuntos, os rapaces e Caspervek, musicalizaremos en directo o seu curto “Phantasmagorie” (1908).

OS EFECTOS ESPECIAIS (10-15 min.)

Todos sabemos xa que as películas modernas utilizan potentes ordenadores para xerar incribles efectos visuais, que plagan hoxe en día tódalas películas de acción e aventuras. Pero, que pasaba fai cen anos? Había efectos especiais?, como conseguían aqueles directores realizar trucos de cámara tan abraiantes? Imos comparar películas desta década e películas dos anos 10 e 20 para decatarnos de que moitas das sorprendentes técnicas de efectos especiais dos nosos días están inspirados nos efectos que realizaron os pioneiros do cinema mudo. E aínda mellor: recrearemos en directo algunhas das técnicas que utilizaban estes pioneiros do cine para crear, entre todos e en rigoroso directo, un efecto especial dende o mesmo auditorio!