7.3.16

Audición 382. Orquestra de Cámara Galega

Martes 15 de Marzo de 2016 ás 20:15 h.
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro



Orquestra de Cámara Galega

Foi fundada no ano 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero, director - concertino, e Clara Groba, violonchelo principal e solista, e está integrada por músicos formados en diversos conservatorios europeos. O seu repertorio abrangue música do Barroco aos nosos días, incluída a difusión de compositores galegos con especial mención da obra do compositor Rogelio Groba Groba.
A OCGa ten actuado nas principais salas de concerto españolas (Madrid, Barcelona, Sevilla, etc) e internacionais (Viena, Nova York, Buenos Aires, etc), colaborando con solistas como Teresa Berganza, Ara Malikian, Rioka Masato, ou Yedam Kim, entre outros moitos.
Amais das súas gravacións en directo para TVE, TVG e Radio Clásica, a OCGa gravou tres CDs, entre eles a primeira gravación mundial da ópera Don Quijote, do compositor Manuel García, na Real Maestranza de Sevilla. Dende o verán de 2012 participa no ciclo “Os atardeceres do Gaiás”  en Santiago. A Orquestra mantén un calendario de colaboracións coas Sociedades Filharmónicas galegas de Ferrol, Lugo e Vigo, á vez que realizou un ciclo propio de tres concertos no Teatro Colón, A Coruña, durante a primavera de 2013.
Dende a sua primeira edición, A OCGa é a orquestra en residencia do Festival Groba en Ponteareas (España) tocando concertos cos diversos artistas de talla internacional.

Rogelio Groba Otero,  Director – Concertino

É Titulado Superior en Violín polo Conservatorio Superior de Música da Coruña, e en Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Música de Oviedo, ampliando os seus estudos con Detlef Hann, profesor de a Guidhall School of Music and Drama de Londres.
En 1995, funda como director-concertino a Orquestra de Cámara Galega. En 2000, dirixe a gravación da súa propia obra “Divertimento para cordas”, incluída no primeiro CD desta formación, e en 2005 a gravación do segundo CD, dedicado integramente á obra do seu pai, Rogelio Groba Groba.
En maio de 2007 dirixiu a OCGa no Spanish Modern Festival de Viena, con grande éxito de público e crítica coa interpretación de obras de compositores galegos, e en agosto, realizou unha exitosa xira por Arxentina. No ano 2008 dirixiu a OCGa no seu debut en Nova York e en 2010 en Holanda; proseguiu no Auditorio 400 do Museo Reina Sofía (Madrid) e no Palau de la Música (Barcelona); en outubro de 2013, actuou no Palazzo Ducale de Genova.
Realizou gravacións para a Radio Galega, TVG, TV3, TVE e RNE, e amais de España, ten actuado en Portugal, Francia, Austria, Gran Bretaña, Arxentina, Chile, Uruguay, Colombia e Venezuela; foi director da Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Música da Coruña. Ademais de director-concertino da Orquestra de Cámara Galega, é patrono da Fundación Rogelio Groba e do Festival Groba, e profesor no Conservatorio Superior de Música da Coruña.



PROGRAMA


I



Overtura de Abdelazer                                                                   HENRY PURCELL                                                                    

Concerto para violín e cordas en Sol maior              GEORG PHILLIP TELEMAN                
I.-Allegro
II.-Andante
III.-Allegro e spirituoso

Cuarteto de cordas nº 3 K. 156/134 b           WOLFGANG AMADEUS MOZART            
I.-Presto
II.-Adagio
III.-Tempo di Minuetto


II

Sarabanda sobre un Tema de Haendel                                      ROGELIO GROBA                                       

Andante Festivo                                                                                  JEAN SIBELIUS                                                                                   

Sinfonía “La casa del diavolo”                                                   LUIGI BOCCHERINI                                                    
I.-Andante sostenuto, Allegro assai
II.-Andantino con moto
III.-Andante sostenuto, Allegro