16.5.17

Audición 393. II Concerto debutantes


Xoves 25 de maio de 2017 ás 20,15 h.
CASA DA CULTURA - Poeta LOIS PEREIRO

Entrada libre ata completar aforo.



https://drive.google.com/open?id=0B6XG4sapiXgTOEIydGdYMkNUNjg

ALDARA OTERO FERNÁNDEZ,    violín
MARÍA GUEDELLA LÓPEZ,   guitarra
DYANGO PÉREZ RODRÍGUEZ,  percusión
SANTIAGO ALONSO BARTOLOMÉ,  saxofón
 

II CONCERTO DEBUTANTES



Este II concerto debutantes, establécese no marco de colaboración entre a Sociedade Filarmónica de Monforte, o propio conservatorio municipal e a concellería de educación do Concello de Monforte. Nel participarán alumnos/as que neste último curso lectivo 2016/17 acaban de rematar os estudos de grao profesional



CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA “MESTRE IBÁÑEZ”

O conservatorio profesional de música “Mestre Ibáñez”, dependente do Concello de Monforte de Lemos, inicia a súa andaina no eido da educación musical en outubro do ano 2000. Podemos dicir que aínda que se trata de un conservatorio municipal, o seu ámbito é claramente comarcal, non en balde fórmanse nel alumnos de tódolos Concellos limítrofes con Monforte, así como da zona de Sarria, Chantada, Valdeorras e incluso O Bierzo.

O centro conta con 10 profesores de distintas especialidades e dende a súa apertura ata data actual, uns 600 alumnos recibiron formación académica neste centro.

No conservatorio municipal de Monforte pódese acadar o certificado de grao elemental e o título de grao profesional en música.

Actualmente neste centro pódense estudar as especialidades de Piano, Violín, Viola, Guitarra, Clarinete, Frauta, Saxofón, Trompeta, Trombón, Tuba, Bombardino e Percusión.

ALDARA OTERO FERNÁNDEZ, Nada en Monforte de Lemos no ano 1999, inicia os seus estudos no Conservatorio Mestre Ibáñez aos 8 anos baixo a ensinanza de Diana Rego Marín e posteriormente de Miguel Álvarez Fernández, profesor con quen remata os estudos de grao profesional de violín. Recibiu clases tamén de Anca Smeu, Massimo Spadanno e Grigori Nedobora

- Sarabanda de la Partita 2------J.S Bach. (Ao piano: Lucas López López)

- Malagueña-----------Pablo de Saratate (Ao piano: Lucas López López)

- 2º mvto. concerto para violín----Max Bruch (Ao piano: Mª Jesús Santalla López) 





MARÍA GUEDELLA LÓPEZ, Nace en Monforte de Lemos no ano 1999. Comeza os seus estudos musicais ós 8 anos de idade no Conservatorio Profesional de Música “Mestre Ibáñez”,onde remata os estudos profesionais de guitarra co profesor Andrés Campanario Rodríguez



- Woven World------------------------------------------------------------------------ Andrew York

- Agua e Vinho-----Egberto Gismonti (Con: Andrés Campanario Rodríguez)

- Danza de la Vida Breve---Manuel de Falla (Con: Andrés Campanario Rodríguez)


 


SANTIAGO ALONSO BARTOLOMÉ, Nado en Monforte de Lemos no ano 1998. Inicia aos 8 anos os seus estudos de saxofón no Conservatorio Mestre Ibáñez, onde remata os estudos de grao profesional co profesor Alberto Loureiro Casas.


- Fantasía ----------------------------------------------- J. Demersseman

- Suit Hellénique ---------------------------------------------- P. Iturralde

  • I.-Kalamatianos
  •  II.-Funky
  •  III.- Vals
  •  IV.-Kritis

Acompañado ao piano por Lucas López López






DYANGO PÉREZ RODRÍGUEZ
Nado en Santa Cruz de Tenerife no ano 1986. Comeza a súa formación musical na escola de música de Sarria a idade de 11 anos. No ano 2005 inicia os estudos profesionais de Percusión no conservatorio de Lugo. No ano 2015 ingresa no conservatorio Mestre Ibáñez de Monforte para rematar os seus estudos de grao profesional co profesor José Luis García.

Asistiu a cursos formativos con Marcus Leoson, José Antonio Trigueros e Manel Ramada entre outros. Participou en diversos concertos coa banda da federación galega de bandas de música.

- Preludio da Suite nº1 en Sol M (marimba)----------------------------------------- J.S.Bach

- Snare drum – suite (caixa)------------------------------------------------------- Siegfried fink

I.- intrada: II.- tocata: III.- mista; IV.- marcia

- Michi (marimba)------------------------------------------------------------------------ Keiko Abe

- The Love Of L'Histoire (multipercusión)------------------------------- Charles DeLancey



7.5.17

Audición 393. DÚO FINISTERRAE frauta e arpa



Venres 12 de maio de 2017 ás 20,15 h.

Casa da Cultura – Poeta Lois Pereiro


DÚO FINISTERRAE

frauta e arpa 

https://drive.google.com/open?id=0B_rPVQJ3bTqoMjBHVENtR185V2s

DÚO FINISTERRAE
André Cebrián, frauta
Bleuenn Le Friec, arpa


O dúo de frauta e arpa Finisterrae nace en 2008 na Hochschule für Musik Detmold, en Alemaña, onde André e Bleuenn completan os seus estudos superiores. A súa formación musical lévalles a estudar nos corservatorios de Santiago de Compostela, Salamanca, San Sebastián, París e Frankfurt cos profesores máis prestixiosos do panorama musical actual. Ámbolos dous forman parte da JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) e da GMJO (Gustav Mahler Jugendorchester) o que lles dá a oportunidade de tocar nas salas de concertos europeas máis importantes (Musikverein de Viena, Royal Albert Hall de Londres, Teatro San Carlo de Nápoles, Conceertgebouw de Amsterdam ou Tonhalle de Zurich). Así mesmo é frecuente a súa participación coas Orquestras de Galicia, Castela e León, Euskadi, Cataluña, Canarias, Liverpool e nas óperas de Frankfurt, Dresden e Barcelona.

Tendo participado en diferentes festivais en Francia, Alemaña, Suiza e España (Vía Stellae, Portos Xacobeos, Fstival de Segovia, Música en Compostela, Festival Musique Clasique de Montreux). No 2010 foron seleccionados polo INJUVE (Instituto da la Juventud de España), para realizar numerosos concertos por toda España, No 2015, participaron no Concurso Internacional de Música de Cámara Antón García Abril acadando o terceiro premio ex aequo, así como o primeiro premio á mellor interpretación dunha obra de A. García Abrìl, pola obra “ Tres Vuelos”, nese mesmo ano foron premiados no Ciclo “ El Primer Auditorio” da Fundación Piú Mosso.

A súa faceta como interpretes non se limita a formación do dúo, xa que logo e habitual escoitalos con outros tipos de formacións, como no de frauta, viola e arpa ou o Natalia Ensemble. Así mesmo André e Bleuenn coa colaboración do clarinetista Angelo Montanaro e baixo a dirección escénica de Ana Vallés, son os protagonistas de “Otra noche en la Opera” un espectáculo músico-teatral, onde asumen un papel máis didáctico co obxectivo de achegar a música clásica a todo tipo de público.

Na actualidade Bleuenn e André compaxinan a actividade concertística coa docencia na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e no Conservatorio Superior de Mùsica de Aragòn

.
I
Cafè (1930) …………….…………....A. PIAZZOLLA (1921 – 1992)
Mim …………...………………………..…. Z. JONÁK (1917 – 1995)
Danse Lente …...………………………. J. JONGEN (1873 – 1953)
Syrinx …………...……………………. C. DEBUSSY (1862 – 1918)
Baeu Soir …………………………….. C. DEBUSSY (1862 – 1918)


II
Chanson dans la nuit ……………… C. SALZEDO (1885 – 1961)
Sérénade nº 10 …………..……. (V. PERSICHETTI (1915 – 1987)
Vals ………………………………………………..….. J. VILA (1987)
Bordel (1900) …………………….… A. PIAZZOLLA (1921 – 1992)


Concierto benéfico ABA TAANO (Colabora Sociedad Filarmónica de Monforte)


Mércores 10 de maio de 2017 ás 20,15 h.

IGREXA NOSA SEÑORA DA ANTIGA (P.P. Escolapios)


MÚSICA PARA SALVAR VIDAS

Creouse fai 11 anos, co obxectivo de salvar unhos nenos das calamidades estaba pasando, así foi como se montou un orfanato, para trinta nenos, nas aforas de Kampala, educándoselles integralmente cun trato personal, axuda e cariño, dándolles os estudios que precisan e axudándoos na súa integración no mundo laboral.
Asemade, axudamos de forma puntual a pequenas comunidades da contorna (entre outras, a escolarización de 10 nenos en Nansana) , axuda que prestan os propios rapaces o que redunda na súa propia formación.

A Música e a danza, xogan un dobre papel no proxecto, por unha banda o seu carácter terapéutico axuda a compensar as carencias (cariño, atención, etc.) que sufriron os nenos e por outra é a maior fonte de financiación do proxecto.

A Financiación, Coa axuda de 75 socios e padriños cúbrese a cuarta parte das necesidades, recibindo o resto das actuacións artísticas e CONCERTOS, é dicir da marxe de beneficio que queda dispois de cubrir os gastos, xa que logo, a práctica totalidade das axudas oficiais que se reciben, na realidade, son donativos pola actuación de calqueira dos cuatro grupos que temos formado musicalmente, UGANDA NATUMAYINI, ABA TAANO , AF NDANZA o KAWÁ. Por todo elo necesitamos axuda para cubrir todos os gastos do orfanato (salarios, colexios e escolas especializadas, etc.). Pero gracias a Deus,  hoxe en dia podemos ver moitos e moi positivos resultados, de todo o labor feito, o que é altamente gratificante.




ABA TAANO


Nabbaale Harriet – Mezzo

Kimeze Joshua
– Baritono

Kamoga Morris – Bajo

Mayanja Louis - Bajo

Ssenteza Derrick - Bajo y Director




PROGRAMA

Great is he …………………… (Traditional Gospel -USA)
Nohamba ………….. (Gospel Tradicional -Africa del Sur)
Shosholoza- (EL tren de las Minas de Oro -Africa del Sur)
Senezeni na …………….. ( Pero, ¿ Por qué?- Zimbawe)
Hail Mary ……………... (Ave María. Carey Landry -USA)
Ukhutula …………………… (Canto de Paz -South Africa)
Riding the Charriot ………… (Gospel Tradicional -USA)
Amazing Grace …………….. (Gospel Tradicional -USA)
Khumbaya ………………… (Gospel Tradicional -Kenya)
It is well ……………………………… (Gospel Tradicional)
Kitamaya ……………….. (Gospel Khosa -Africa del sur)
I just called …………………………….. (Stevee Wonder )
Woza …………………………… (Gospel Tradicional Zulu)