27.9.24

Audición 437-438: Caspervek Trío

Cine-CONCIERTO  CASPERVEK TRÍO



Mércores 9 de outubro de 2024:

Dobre sesión:


11:30 horas, Edificio Multiusos, sesión para colexios.   Cancelada sesión para colexios por mor da alerta meteorolóxica.


20:15 horas. Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, para público xeral.

 






CASPERVEK TRÍO


Nace no 2013 no seo do Conservatorio Superior de Música de Vigo cando dous dos seus membros, Brais González e Blas Castañer, xúntanse para musicalizar o clásico de F.W. Murnau “Nosferatu”. Tras esta primeira actuación únese ao grupo o violinista Eduards Verbastiks. Xuntos comenzan a explorar o legado cinematográfico dos anos 20, estreando nos primeiros cinco meses cinco bandas sonoras para clásicos do cine mudo. Este fulgurante debut, fai que a prensa especializada os recoñeza como “la gran sorpresa de 2014”.

No 2015, o trío, fai a súa primeira xira recorrendo 10 países do vello continente e tocando nos máis importantes escenarios da cultura europea como entre outros foron : o Museo Nacional da Arte de Estonia; o Auditorio Baltais Fligelis de Letonia ou a Galería Flux de Budapest. No verao deste mismo ano, CASPERVEK, ofreceu 6 películas no The Urban Beach Cinema (Madrid)..

Caspervek Trío, realiza un valioso labor didáctico e pedagóxico, achegando o patrimonio cinematográfico aos máis pequenos. Como proba baste citar os ciclos realizados no Museo de arte Contemporáneo de A Coruña ou o Festival Primavera do cine de Vigo.

Caspervek Trío, ofrece a posibilidade de achegarse ao legado cinematográfico das primeiras décadas do século XX, volvendo ás orixes do cine, cando as películas proxectábanse con músicos en escea, pero actualizando e adaptando aos gustos musicais actuáis as bandas sonoras compostas para cada unha das películas, realizando ao mesmo tempo un importante labor pedagóxico.


O HEROE DO RÍO


Os propietarios de dous barcos fluviais compiten polo control do transporte de mercadorías polo río Misisipi. Bill Canfield (Ernest Torrence), un deles, espera a chegada do seu fillo Willie (Buster Keaton), que estivo estudando na cidade, para que lle axude no negocio.

Descrubiremos como eran as curtametraxes fai máis de cen anos e cales eran as principais estrelas do cine da época. Descubriremos o importante da música no cine mudo e como eran as salas de cine daqueles tempos. Tamén cales foron os principais directores galegos e españois daquelas décadas; como eran os debuxos animados do cine mudo e que personaxes de animación coñecían os nenos da época. E tamén descubriremos o abraiante mundo dos efectos visuais antigos e o feito de que non están demasiado afastados dos efectos especiais de hoxe en día.

PROGRAMA DIDÁCTICO – AS ORIXES DO CINE


Unha viaxe pedagóxica e musical pola orixe do cine mudo da man de Caspervek.

BLOQUES TEMÁTICOS


O CINE MUDO (10 min.)

Imos comezar esta viaxe coñecendo como era o cine fai máis de cen anos. Porqué os actores non falaban? Como facía a xente para entender as mensaxes das películas?. Coñeceremos a algúns dos principais persoeiros do cine da época e xogaremos a dous divertidos xogos.

A MÚSICA NO CINE MUDO (20-25 min.)

A música é un compoñente indispensable no cine, pero naquela época, o era aínda máis. Converteremos o auditorio nunha sala de cine antigo para ver unha curtametraxe con música en directo. E invitaremos a algúns

afortunados nenos a acompañarnos.

DIRECTORES EN GALICIA E ESPAÑA (10 min.)

Imos coñecer que se estaba a facer en España e en Galicia naqueles anos. Presentaremos a Xosé Gil, creador da primeira curta de ficción galega e a Segundo de Chomón, pioneiro aragonés do que veremos e poñerémoslle música a su obra A Ra (1907)

AS ORIXES DA ANIMACIÓN (5-7 min.)

Imos emprender unha viaxe, cara atrás, ata comezos de século para coñecer como era a animación da aquela época. Habería debuxos animados no cine mudo?. Deténdonos na figura de Emile Cohl e todos xuntos, os rapaces e Caspervek, musicalizaremos en directo o seu curto “Phantasmagorie” (1908).

OS EFECTOS ESPECIAIS (10-15 min.)

Todos sabemos xa que as películas modernas utilizan potentes ordenadores para xerar incribles efectos visuais, que plagan hoxe en día tódalas películas de acción e aventuras. Pero, que pasaba fai cen anos? Había efectos especiais?, como conseguían aqueles directores realizar trucos de cámara tan abraiantes? Imos comparar películas desta década e películas dos anos 10 e 20 para decatarnos de que moitas das sorprendentes técnicas de efectos especiais dos nosos días están inspirados nos efectos que realizaron os pioneiros do cinema mudo. E aínda mellor: recrearemos en directo algunhas das técnicas que utilizaban estes pioneiros do cine para crear, entre todos e en rigoroso directo, un efecto especial dende o mesmo auditorio!

25.9.24

Audición 441: BANDA SINFÓNICA MUNICIPAL DE VALGA


 Mércores 25 de setembro 2024

Edificio multiusos de Monforte de Lemos

(Ronda Mª. Emilia Casas Baamonde)

20:15 horas.

BANDA SINFÓNICA MUNICIPAL DE VALGA




Director: MANUEL VILLAR TOUCEDA


Solistas: ABE RÁBADE -- LAURA LORENZO

 


JAZZ SINFÓNICO PARA A NOSA BANDA,

Música de improvisación en tempos do sinfonismo do Século XXI

  

A ORIXE

Nos principios do século XX en New York, no magnánimo e indiscutible centro cultural e artístico de Estados Unidos é onde se fusionan un millar de ideas e estilos musicais e talentos de todo tipo, Unha filarmónica constituída de grandes entre os grandes. Mahler, Stransky, Mengelberg e Toscanini solo por mencionar algúns, previos a Stokowsky e Bernstein. A chegada de Sergei Rachmaninov en 1909 para tocar o seu concerto 3 de piano e orquestra aderezarían ao máximo os finos aromas sonoros que tomarían a música da urbe á seguinte etapa. Entre todas esas fraganzas resultou o alumeante dun xénero novo chamado JAZZ SINFÓNICO


A creación deste foi impulsada polo encontro de dúas forzas igualmente poderosas: a tradición clásica europea e o espírito innovador do jazz. Neste perfume creativo dun millón de aromas, a través do punto de encontro para músicos de diversa índole, ansioso por creatividade creación e descubrimento, estas dúas correntes conveniaron nun novo elemento musical. Figuras visionarias como Duke Ellington e George Gershwin emerxeron como líderes indiscutibles nesta nova fronteira musical. Ellington, un compositor e director de orquestra sen igual, teceu os ritmos sincopados do jazz coa riqueza e sofisticación da música sinfónica. Nas rúas escoitábanse axóuxeres con referencia a “Black, Brown and Beige" e "Harlem Suite", capturaron a esencia afroamericana e elevaron o que aínda non tiña nome nin etiqueta a un universo novo de complexidade.


Pola súa parte, Gershwin, dotado tanto no ámbito do jazz como no da música clásica, fusionou estas influencias de maneira maxistral no seu famoso poema sinfónico "Rhapsody in Blue". Esta composición icónica converteríase nun símbolo musical da era do JAZZ SINFÓNICO, unindo os ritmos contaxiosos e a improvisación característica do jazz coa grandiosidade e o virtuosismo dunha banda sinfónica.


O PROXECTO

No seu grao de innovación, JAZZ SINFÓNICO PARA A NOSA BANDA compaxina a creatividade da improvisación do Século XXI coa temática e audacia solística, innovando a música do Século XX para Orquestra e Big Band coa destreza musical que na actualidade ten Banda de Música deste Século XXI mesturando os arranxos coa música orixinal para esta.


A nosa música achega formatos e métodos para este espectáculo combinando a música orixinal realizada para agrupacións doutros eidos musicais como Banda de Jazz e Orquestra de Música Popular e de Cabaret ou mesmamente a Orquestra Sinfónica dos compositores máis representativos da historia e do presente coa realización de novas orquestracións adicadas a Banda Sinfónica xuntado desta maneira o formato de raíces do jazz e empregando o formato sinfónico para banda de música.


Nesta produción musical o espectáculo social é o máis importante, neste evento xúntase a música de raíces populares e de improvisación americana coa música dun músico e compositor galego que intenta achegar a poboación o estilo de música do jazz fusionado coa música galega, atraendo e chamando a atención dun público novo e de achegamento da música popular ao público de salas de concertos máis clásicos integrando á nova sociedade as músicas de novo formato para un público máis xeral.


A produción resalta a programación das Entidades Galegas, realizado integramente en Galego e feito por Galegos. Promove e difunde a creación musical dos artistas galegos e xera unha programación musical de calidade a través do programa musical.


O PROGRAMA:

I.- SUITE Nº1 Dimitri Schostakowitsch (1. Waltz 2. Polka 3. Foxtrot) Solistas: Clarinete – Xilófono - Saxofón Alto - Vibráfono II.- A TRAVESÍA DO MEIGO Abe Rábade ……………………………………………………… Solistas: Frauta Solista en Sol - Piano


III.- RHAPSODY IN BLUE George Gershwin …………………………………………………………………………………………………………. Solista: Piano IV.- SING, SING,SING Louis Prima ………………………………………………………………. Solistas: Batería – Trompeta - Clarinete


As versións e a música orixinal para BANDA SINFÓNICA que imos a escoitar son unha tradución íntegra da música do século XX e XXI feita por músicos galegos e pensada para o NOVO PÚBLICO do século XXI con solistas galegos de renome internacional.

3.– OS ARTISTAS PRINCIPAIS:

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA : (45 Compoñentes: 3 frautas / óboe / fagot / 10 clarinetes / 6 saxofóns / 5 trompetas / º

4 trompas /3 trombóns / 2 tubas / 3 violoncellos / 2 contrabaixos / 5 percusionistas)


PIANISTA SOLISTA ..… Abe Rábade

DIRECTOR .…. Manuel Villar Touceda

FRAUTA SOLISTA ….. Laura Lorenzo


Texto: Manuel Villar Touceda