ORQUESTA DE CÁMARA
THE BRUSSELS VIRTUOSI
Compoñentes :
12 instrumentistas de corda
Jean-Frédéric Molard, violín
Marc Grauwels, frauta
Esta agrupación internacional de novos e dinámicos músicos
fundouse en 1981 por iniciativa do frautista belga Marc
Grauwels. O seu primeiro concerto tivo lugar con motivo do
acto inaugural do “Festival Musical Internacional de Verán da
Cidade de Bruxelas 81”. A crítica foi unánime tanto para festexar
o acontecemento como para loar as grandes calidades do grupo.
Entresacamos a seguinte frase citada na prensa do momento :«The
Brussels Virtuosi, un nome que desde agora os melómanos deberán
reter na súa mente ...»
Cando tivo a idea de crear unha formación para interpretar as obras
de música de cámara que se tocan raramente, Marc Grauwels pensou
nun principio que sería "de xeometría variable". O novo
grupo deberíase poder dividir o mesmo en trío ou en cuarteto de
corda con frauta que en formación de Orquestra de Cámara. O seu
nome «The Brussels Virtuosi» ten a súa orixe na idea de base de
tocar as “Fantasías Brillantes” do XIX . Este tipo de música
permite facer tocar cada instrumento como solista e tamén, destacar
a cada un deles, valorándoos individualmente.
Durante moitos anos, percorreron o mundo cos solistas máis destacados: S.
Mildonian, N. Rota, D. Ouziel, V. Bogaerts, L. Dewez, M. Hallynck, A.
Piazzolla, C. Bolling, D. Blumenthal, Y. Storms, R. v. Spaendonck, A.
Lagoya, J. Van dean Hauwe, Michel Lyhiec...
Os Brussels Virtuosi participaron en numerosos festivais
internacionais; o Festival de Wallonie, de Flandres,
de Hong - Kong, de Ravello, de Seúl, de Toquio
... A Orquestra efectúa regularmente xiras en España, en Alemaña,
Francia, Austria, Grecia, Italia, Xapón, Corea, Estados Unidos ,
Países Baixos, Gran Ducado de Luxemburgo, Canadá, México,
Venezuela...
«The Brussels Virtuosi» gravou un número impresionante de CD’s,
obtendo un «prix du disque» editado por Hyperion e consagrado á
música de cámara con frauta de Mozart.
Neste CD atópase entre outras obras o marabilloso adagio e roldo K
617 con órgano de cristal. Este programa con Thomas Bloch forma
parte dos numerosos
programas orixinais do repertorio, fóra do común, presentado por
esta formación.
Marc Grauwels, frauta
Na actualidade é sen dúbida un dos frautistas mellor situados de
Bélxica e iso é debido, por suposto, ao seu talento, ao seu
carisma, á súa personalidade dinámica e xenerosa, pero tamén ao
seu sentido innato da comunicación. O seu eclecticismo como solista
internacional levouno a inspirar a un centenar de compositores do
mundo enteiro a escribir especialmente para el. Así pois Ennio
Moricone entre outros dedícalle a «Cantata para l’Europa», A.
Piazzolla en 1985 a célebre “Historia do Tango” e, máis
recentemente, o compositor grego E. Markopoulos o seu novo concerto
para frauta que serviu como
música para a inauguración dos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas.
Despois de rematar os seus estudos musicais no seu país e de
debutar con orquestra na Ópera de Flandres,
á idade de 19 anos (experiencia algunhas veces difícil pero que el
sempre conta con moitísimo
humor) estuda con J. Galway e J.P. Rampal entre outros.
En 1976, atopámolo tocando como piccolo só no Théâtre da
Monnaie de Bruxelas (Ópera Nacional de Bélxica), posto que abandona
en 1978 para ocupar o posto de primeiro frautista solista na
Orquestra Sinfónica da Radio-Televisión Belga, onde estará durante
10 anos. Ademais foi seleccionado para o mesmo posto en 1986, cando
se constituíu a famosa «World Orchestra» baixo a dirección de
Carlo-Maria Giulini.
A partir de entón a súa carreira de solista desenvólvese a unha
velocidade impresionante, o que lle leva a deixar definitivamente a
Orquestra en 1987. Paralelamente durante quince anos ensinou como
encargado do curso no Real Conservatorio de Bruxelas e, actualmente,
é profesor titular no Real Conservatorio de Mons.
En febreiro de 2001, con motivo dunha xira por Asia, os principais
responsables para todo o mundo da firma discográfica Naxos, con sede
en Hong Kong, decidiron dedicarlle unha colección particular dentro
do seu catálogo titulada "The Flute Collection". O
primeiro disco desa colección foi o CD dedicado a F. Mendelssohn,
que, tan pronto como apareceu no mercado, tivo un enorme éxito
comercial. Críticas e prensa especializada acolleron esta nova
gravación cun gran entusiasmo, facéndose eco dos maiores eloxios.
Dotado dunha natureza xovial e entusiasta Marc Grauwels non dubida en
multiplicar as súas experiencias musicais máis diversas e
encántalle alternar Piazzola con Mozart e Bach con R. Shankar, o que
non lle impide mostrar a mesma dose de seriedade que de imaxinación
na elaboración dos seus programas. A súa última gravación que é
unha primeira mundial
dedicada a obras do extraordinario compositor frautista belga
-brasileiro do século XIX, Mathieu-André Reichert é un bo
exemplo diso.
Cun mínimo de 100 concertos por ano no mundo enteiro e unha rica
discografía, Marc Grauwels mostra que unha boa política artística
pode hoxe en día levar a un frautista a ter un formidable éxito
público.
Tanto na súa carreira como nas súas interpretacións, Marc Grauwels
segue fiel á súa personalidade... o cal non é a menor das súas
calidades.
RECITAL “MENDELSSOHN”
Felix Mendelssonh (1809-1847)
Sinfonía para orquestra
-Allegro
-Andante
-Presto
Felix Mendelssohn (1809-1847)
Concerto en re menor para frauta e orquestra
-Allegro molto
-Andante
-Presto
Felix Mendelssohn (1809-1847)
Octeto Op 20 en mi bemol maior para orquestra
-Allegro moderato ma con fuoco
-Scherzo
-Presto
No hay comentarios:
Publicar un comentario