5.2.15

Audición 371. Dúo de Saxofóns


DÚO DE SAXOFÓNS

Dun tempo a esta parte a Sociedad Filarmónica propúxose incluír dentro da súa programación algún concerto "distinto", é dicir que se tratase: dun grupo que empeza, dunha formación pouco habitual, ou ben que dentro dos seus músicos houbese algún da comarca.

Pois ben, estas circunstancias dánse neste concerto, xa que logo, efectivamente é un grupo que está empezando, non é unha formación habitual (dous saxos) e un dos membros, Sara é, da terra de músicos da zona, de Sober.

 

A formación nace do interese de indagar sobre o repertorio para dous de saxofóns. Como dúo iniciaron a súa actividade o pasado 2014 na XVII Semana Musical Aita Donostia (San Sebastián). Dende ese momento, participaron na segunda edición do Festival ME_MMIX (Festival de Música Electrónica, Música Mixta e Vídeo Proiección) de Palma de Mallorca e ofreceron recitais en Sober e no seno do Mallorca Saxophone Studio.



GUILLERMO PRESA


(Donostia- San Sebastián, 1990) Inicia os seus estudos musicais na escola de música Musikabi. Cursa o Grao Profesional nos Conservatorios Francisco Escudero de Donostia e Juan Crisóstomo de Arriaga de Bilbao. No 2011 é galardoado co segundo premio ex–aequo no Concurso Xóvenes Músicos de Euskadi, modalidade Vento- Madeira.
Actualmente cursa os seus estudos de Grao Superior de Música no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares cos mestres Rodrigo Vila, David Brutti e Yuko Mizutani, onde ademáis recibe clases de Jean-Marie Londeix, Marie-Bernadette Charrier, Mario Caroli, Marcus Weiss, Lars Mlekusch, Richard Ducros, Jeffrey E. Vicers, Joonathan Rautiola e Daniel Gautier, e de compositores como Mauricio Sotelo, Félix Ibarrondo, Christian Lauba, François Rossé e Etienne Rolin.
Como integrante do Mallorca Saxophone Ensemble ofreceu concertos en Madrid, Lisboa, Zaragoza, Vigo e Mallorca. Participou no Mallorca Saxophone Festival dende a súa cuarta edición (2012).


SARA MÉNDEZ


(Sober, Lugo, 1993) Inicia os seus estudos musicais na Escola de Música da súa localidade. Realiza o Grao Elemental e o Grao Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, da man de Emilio José Vázquez Rodríguez, onde obtén o premio extraordinario de fin de grao.
Actualmente continúa coa súa formación no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares, no seno do Mallorca Saxophone Studio, baixo a tutela de Rodrigo Vila, David Brutti e Yuko Mizutani.
Recibiu clases de persoas destacados no mundo musical e saxofonístico como Jean-Marie Londeix, Marie-Bernadette Charrier, Marcus Weiss, Lars Mlekusch, Daniel Gautier, Joonatan Rautiola, Jeff Vickers ou Richard Ducros; do flautista italiano Mario Caroli e de compositores como Mauricio Sotelo, Christian Lauba, Félix Ibarrondo, François Rossé ou Etienne Rolin.
Forma parte do actual Mallorca Saxophone Ensemble, institución coa cal tivo a oportunidade de actuar en diferentes escenarios tanto nacionais como internacionais: Madrid, Lisboa, Zaragoza, Vigo ou Mallorca.
Dende o ano 2012 participa no Mallorca Saxophone Festival. Colaborou no concerto-presentación do Ensemble Galego de Saxofóns, coa Orquesta Sinfónica do CSIB e coa Orquesta Sinfónica das Illas Baleares.



PROGRAMA

https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTZEdxa1ZzNUdxQUU/view?usp=sharing

 



Canons Mélodieux ou VI. Sonates en Duo: Georg Philipp Telemann (1681-1767)
Sonata I (1738)
  1. Vivace
  2. Adagio
  3. Allegro
Duetto TWV 40:107 (1728)
  1. Affettuoso
  2. Allegro
  3. Andante
  4. Presto

Konzertstück für Zwei Altosaxophone (1933) Paul Hindemith (1895-1963)
  1. Lebhaft
  2. Mässig langsam
  3. Lebhaft

-Pausa-

Saxophonesques (1934) Fernande Decruck (1896-1954)

Dúos, Op. 186 (1942) Charles Koechlin (1867- 1950)

Sonata (1918) Francis Poulenc (1899-1963)
  1. Presto
  2. Andante
  3. Vif

No hay comentarios:

Publicar un comentario