20:15 horas.
Igrexa dos Escolapios
CAMERATA BRIGANTINA
Este proxecto do que hoxe é unha xoven orquestra de cámara, viu a luz pública o sábado 14 de abril do 2007 no que foi o seu concerto de presentación na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo (Betanzos).
Baixo a batuta do director Florian Vlashi, violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia e director do Grupo Instrumental Século XX, a Camerata está formada por un grupo de instrumentistas principalmente da sección de corda. Ten como base o alumnado do Conservatorio Municipal de Música, o seu profesorado, ex-alumnado e componentes das Orquestras Xove e de Nenos da Sinfónica da Galicia, colaborando, en ocasións profesores da Sinfónica de Galicia creando así unha excelente escola orquestral para a mocidade.
O repertorio fórmase maiormente dos grandes mestres da música barroca e clásica mais tamén do romanticismo e do século XX sen esquecer a música española e galega clásica e contemporánea. Nas tempadas pasadas estreou obras dos compositores galegos Paulino Pereiro e Antón Vázquez Casas.
Á marxe dos habituais escenarios de concertos, a Camerata ofrece actuacións en escolas, centros da terceira idade, hospitais etc.
Fiel ao seu nome de orixe florentina (século XVI) e á súa filosofía da Italia renacentista, a Camerata Brigantina coida que a arte da música podería ser mellorada converténdose nunha forma de vida, e así a sociedade tamén melloraría.
Florian VLASHI, Concertino - Director
Violíns
Alma VILLAVERDE
Carla LÓPEZ
Cristina FREIRE
Despina IONESCU*
Violas
Noemi SEOANE
Laura CANDAME
Patricia CANDAME
Violoncelos
Rediana LUKAÇI*
Martín VLASHI
Marta DEL SOTO
Contrabaixo
Sergio CABEZA
*profesor instrumentista
PROGRAMA
Tomaso ALBINONI …...........……………………… Adagio in Sol minore
Arcangelo CORELLI …….… Concerto Grosso in Sol minore Op. 6 Nº 8
(Feito para a noite do nadal)
- I Vivace, Grave
- II Allegro III Adagio, Allegro, Adagio
- IV Vivace
- V Allegro
- VI Pastorale ad libitum
W. A. MOZART ........................................... Eine kleine Nachtmuik in G
(Pequena serenata nocturna)
- I Allegro
- II Romance, Andante
- III Menuetto
- IV Rondo
No hay comentarios:
Publicar un comentario