Igrexa dos Escolapios
20:15 horas
Entrada gratuíta ata completar aforo
Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de meirande proxección en España ademais dunha marca internacional con seguidores nos cinco continentes a través da súa canle de YouTube.
A OSG, cuxo director titular desde a temporada 2013-14 é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Ademais, a súa presenza nacional e internacional foi constante, con concertos nas mellores salas en España e con varias xiras por Alemaña e Austria. En 2007 realizou unha xira por América do Sur —con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo—, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu dous concertos nos Emiratos Árabes.
Tanto para os seus concertos internacionais como para os seus programas de abono a OSG conta con solistas instrumentais e vocais de recoñecido prestixio, e sempre dirixidos pola batuta dos mellores mestres internacionais.
Na ampla discografía, gravada cos mellores selos, figuran nomes de grandes directores e solistas, sendo de subliñar a feita con Manuel Barrueco, que foi proposta para o premio Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano.
A súa canle de YouTube ten rexistradas máis de 2.100.000 visualizacións, e unha media mensual de 106.000, desde 222 países, as retransmisións en streaming HD iniciadas na temporada 14-15 supuxeron a súa proposta para o premio Classical: Next Innovation Award 2015.
A OSG foi premiada coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e é Premio da Cultura Galega da Música 2010.
A OSG está financiada polo Concello da Coruña, a Xunta de Galicia e mais a Deputación da Coruña.
Aarón Zapico Director
Nado en Asturias, é un dos directores que con máis forza irrompeu, recentemente, na escena da música antiga en España, grazas (segundo di a crítica especializada) “a unha interpretación elegante, plástica e de dinámicas variables e cheas de matices”
De formación clásica titulouse en piano no CSM de Oviedo, especializándose no Real Conservatorio da A Haia en clave e música antiga, recibindo dos máis grandes especialistas mundiais leccións e consellos da interpretación histórica.
Comprometido coa recuperación da música española dos séculos XVII e XVIII, dirixiu numerosas estreas en tempos modernos dos grandes autores nacionais. Tendo tamén inquedanzas pola música contemporánea ten colaborado con grandes representantes da mesma.
Foi profesor dos conservatorios de Murcia e Oviedo. Sendo profesor colaborador en cursos de música antiga e impartindo clases maxistrais en moitos lugares do mundo.
Fundador en 199 do conxunto de música barroca Forma Antiqva co que ten feito numerosas xiras internacionais. Foi fundador e director da Academia e Música Antiga, é director do Festival de Música Antiga de Xixón, participa na fundación GEMA e na Plataforma de docentes, concertistas, compositores e investigadores do principado da Asturias.
Sendo cada vez máis demandado como director invitado polas mellores orquestras do país, estreándose coa OSG neste ano 2017.
Foi merecedor de galardóns e premios tanto en Asturias como no resto do país.
CLAUDIA WALKER MOORE
Flauta solista
JOHANN SEBASTIAN BACH
Suite n. 1 BWV 1066
VICENTE BASSET
Obertura a più stromenti
GEORG PHILIPP TELEMANN
Concerto Polon TWV 43:G7
JOHANN SEBASTIAN BACH
Suite n. 2 BWV 1067
VICENTE BASSET
Apertura a più stromenti
GEORG PHILIPP TELEMANN
Don Quichotte, TWV 55:G10
Podes descargar en PDF a programación da temporada do 25 aniversario, que remata precisamente en Monforte, ou a do ano que ven 17-1.
No hay comentarios:
Publicar un comentario