26 de decembro 2017, 20:15 horas
CONCERTO DE NADAL
Trío Familia Moryatov.- A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola música senón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.
Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do recentemente creado Centro Musical “Kalinka” na Coruña.
Irina Moryatova, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos.. Deu Clases Maxistrais en España e Portugal. Participou en varios Festivais Musicais.
Como pianista, ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara, colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas residentes na Comunidade Autónoma Galega. Dende 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupación, xa son máis de cen.
Mijail Moryatov, o fillo, é un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes actualmente en España, naceu en Rusia e aos cinco anos comezou a sua carreira violinística, despois de estudar cos profesores máis ilustres e eminentes de San Petersburgo(Rusia). No 1986 superou as probas de acceso á Escola superior de Conservatorio de San Petersburgo, que rematou coas máis altas cualificacións no 1994. Así e todo dou anos antes, no 1992, aprobou as oposicións para a O.S.G. con tan só 17 anos, o que fixo que fora o membro máis novo de dita formación. Desde ea data vive e traballa en Galicia. Nos anos 1994 -1996, foi profesor no conservatorio de Ferrol , asemade no tempo que leva vivindo en Galicia, desenvolveu un importante labor docente por toda a Comunidade.
Mijail Moryatov, foi gañador e finalista dos prestixiosos concursos internacionais de violín celebrados en España nos anos 1996 e 1997. Foi o creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, así como dos destacados grupos Lira, Cantábile, Noite na auga e Fantasía, cos que realiza uns 40 concertos anuais por toda España facendo concertos tamén como solista. Ten tres CD´s gravados: Aire Fresco (2001); Galicia no meu corazón (2006) e Música mundi (2010).
PROGRAMA
I
P. I.THAYKOVSKY (1840-1893)
- MESES DO ANO (Versión para trío)
1.- Febreiro ………………………………………………… Carnaval
2.- Abril …………………………………………...…. Frol das neves
3.- Outubro …………………………………….. Canción de outono
4.- Decembro …………………………………………………. Nadal
- DE “A BELA ADORMECIDA” …….. ………..…….Solo de Violoncelo
- MEDITACIÓN OP.72 Nº5 ……………………………………. Para Piano
- DO “LAGO DOS CISNES” ……………...……. Danza rusa para Violín
II
- J. BRAHMS …………………………………….. Danza Hüngara Nº6
- A. PIAZZOLLA …………………………………………..……… Oblivión
- A. PIAZZOLLA ………………………………………………... Libertango
- S. JOPLIN ……………………………………………………….. Ragtime
- I. BERLIN ………………………………………………... Blanca Navidad
- V. MONTI ………………………………………………………… Czardas
- J. STRAUSS …………………. VALS “ Fermoso Danubio Azul” OP.314
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario