22.8.18

Audición 405: Quatuor Confluence


Mércores 5 de setembro de 2018
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
20:15 horas.


QUATUOR CONFLUENCE 

https://drive.google.com/open?id=16kPj3-ywL6TaWs8ySHWsIHlAo3zPnb9c

 


Daniel Vlashi e Vincent Forestier, …………………… violíns

Pierre-Antoine Codron, ………………………………….. viola

Tom Almerge-Zerillo, .......................................... violoncelo






Creado no 2015, o Quatuor Confluence gaña en 2016 o primeiro premio por Unanimidade no concurso “Tremplin pour Jeunes Quatuors” da Philharmonie de Paris, e a “Bourse Fnapec” e o premio especial “ProQuartet-CEMC” no concurso europeo “Musiques d'Ensemble” da Fnapec.

O Quatuor Confluence fórmase principalmente con Mathieu Herzog (membro fundador do Quatuor Ébène). Tamén recibe os consellos de Agnès Sulem (Quatuor Rosamonde)e Yovan Markovitch (Quatuor Danel) no Conservatoire National Supérieur de Musique et de Danse de Lyon. En varias ocasións, tamén recibíu clases maxistrais de Raphaël Merlin, Adrien Boisseau (Quatuor Ébène), Marc Danel (Quatuor Danel), Jean Sulem (Quatuor Rosamonde) y Leslie Boulin-Raulet (Quatuor Zaïde).

Participou en formacións organizadas polo Pro Quartet-CEMC con Günter Pichler (Alban Berg Quartett), o Quatuor Parisii e o London Haydn Quartet, no Atelier de “Quatuors a Bordeaux” 2018 con Luc-Marie Aguera (Quatuor Ysaÿe) e na Académie Internationale de Musique de Flaine con Yovan Markovitch.

O Quatuor Confluence foi invitado a numerosos festivais de Xoves Talentos Para a Vindeira tempada terá o pracer de ser residente na Ferme de Villefavard e tocar na tempada de “La Belle Saison” acompañados da pianista Claire Désert. Actualmente artista residente na Fundation Singer-Polignac de París.





Clara de Soto Paz, frauta 

 


Nace en A Coruña. Á idade de 7 anos comeza estudos no CMUS Profesional de A Coruña co profesor Fernando Gracia Gómez, rematando coa cualificación de matrícula de honra. Foi premiada no “Concurso de Solistas CMUS 2015”, actuando como solista acompañada pola Orquestra Sinfónica do CMUS Profesional de A Coruña. En 2016 foi finalista na XII edición do Concurso Internacional “Andalucía Flauta – AFE”.

Ademais dos estudos oficiais, amplía a súa formación co profesor Joan Ibáñez Briz, frautista da Orquestra Sinfónica de Galicia. No 2015 entra na Hochschule für Musik und Tanz Köln na clase de Robert Winn (Royal Philharmonic Orchestra), onde tamén recibe clases de piccolo con Thaddeus Watson (Frankfurter Sinfonieorchester). Participa en cursos como “Anentoflauta”, a Académie Internationale d’Été de Nice ou nos ciclos da Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago, onde recibe clases dos mellores profesores nacionais e internacionais.

Durante os seus estudos en Colonia colabora con agrupacións como Schöneck Ensemble, Dommusik ou Symphonieorchester der HfMT Köln, coas que participa tanto en óperas como en concertos sinfónicos e de cámara por Alemaña e Holanda. Traballou en Guatemala como profesora de frauta traveseira na Orquestra Sinfónica Xuvenil de Santa Cruz Balanyá, cooperando coa ONG “El sonido de Balanyá – Ein Dorf erklingt”.




I

W. A. Mozart: …………...……… cuarteto con frauta en Re M


V. Ullmann: ……………………….……… cuarteto nº 3 op. 46



II


L. van Beethoven: ….. cuarteto op.52 nº 2 (Octavo) en Mi m

No hay comentarios:

Publicar un comentario