22.11.18

Audición 408-409. Zoar Ensemble. "Xogo de pillabáns"

 27 de novembro de 2018
12:00 Edificio multiúsos (para centros de ensino)
20:15 Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro


https://drive.google.com/open?id=139_TMt2JIGwDTyYO-CJOepZsIAgmMSys





Xogo de pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada nunha Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Saavedra. Nesta produción os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público.


A historia de Rinconete y Cortadillo narra as aventuras de dous mozos duns 15 anos, Pedro del Ricón e Diego Cortado, que se coñecen, na Venta del Molinillo, despois de escapar da casa na procura de cartos e liberdade. Xa en Sevilla, aínda que se estrean nunha nova e honrada profesión sendo mozos da esportilla, non logran abandonar o seu instinto pillabán e terminan por xuntarse á confraría de Monipodio, o mestre da golfeiría. O señor xastre, pai de Cortadillo, decide percorrer toda España de Norte a Sur na busca do seu fillo. Desexa con toda a súa alma que o rapaz regrese ao seu fogar e retome de novo unha vida de ben, afastada das malas compañas e dos astutos pero deshonrosos xogos de pillabáns.


A obra musical Juego de ladrones é unha suite na que o compositor quixo plasmar a esencia da obra de Cervantes, describindo ós personaxes e os lugares máis importantes da novela, deixando totalmente aberta a porta á imaxinación dos rapaces e rapazas que a vaian escoitar.

MÚSICA ORIXINAL: Juego de ladrones de OSCAR NAVARRO
I.- La venta oscura
II.- Rinconete y Cortadillo
III.- Sevilla
Iv.-Juego de ladrones
V,. Monipodio
VI.- Gran final
Orquestra de Frautas de Galicia: Zoar ensemble

INTÉRPRETES E ACTORES (ZOAR ENSEMBLE)
Frauta: JOAN IBAÑEZ
Óboe: DAVID VILLA
Clarinete: ANTONIO SUÁREZ
Trompa:: BENJAMÍN IGLESIAS
Fagot: ÁLEX SALGUEIRO
ADAPTACIÓN, GUIÓN, VESTIARIO E DIRECIÓN DE ESCEA
MALU  BALADO

DESCARGAR GUÍA DIDÁCTICA

1 comentario:

  1. Lucky Club Online Casino UK Review 2021 - Lucky Club
    Lucky Club online casino 카지노사이트luckclub UK Review 2021 ➤ Trusted UK online casino reviews and ratings ✚ Claim exclusive bonus codes for Lucky Club,

    ResponderEliminar