Casa da cultura Poeta Lois Pereiro
TRÍO FAMILIA MORIATOV
A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola música senón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.
Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do Centro Musical “Kalinka” na Coruña.
Irina Moryatova, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos. Deu clases maxistrais en España e Portugal. Participou en varios festivais musicais.
Como pianista, ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara, colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas residentes na comunidade autónoma galega. Dende 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupacións, xa son máis de cen.
Mijail Moryatov, o fillo, é un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes actualmente en España. Naceu en Rusia e aos cinco anos comezou a súa carreira violinística, despois de estudar cos profesores máis ilustres e eminentes de San Petersburgo(Rusia). No 1986 superou as probas de acceso á Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo, que rematou coas máis altas cualificacións no 1994. Nembargantes dous anos antes, no 1992, aprobou as oposicións para a O.S.G. con tan só 17 anos, o que fixo que fora o membro máis novo de dita formación. Dende esa data vive e traballa en Galicia. Nos anos 1994 -1996, foi profesor no conservatorio de Ferrol , asemade no tempo que leva vivindo en Galicia, desenvolveu un importante labor docente por toda a Comunidade. Mijail Moryatov, foi gañador e finalista dos prestixiosos concursos internacionais de violín celebrados en España nos anos 1996 e 1997. Foi o creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, así como dos destacados grupos Lira, Cantábile, Noite na auga e Fantasía, cos que realiza uns 40 concertos anuais por toda España facendo concertos tamén como solista. Ten tres CD´s gravados: Aire Fresco (2001); Galicia no meu corazón (2006) e Música mundi (2010).
G. CACCINI …………………………………………………….... Ave María
A. GLAZUNOV, para Violoncelo e Piano
- Canto de Menestril, (Canto del Trovador) op. 71
- Serenata Española op. 20, nº 2
A. PIAZZOLLA ……..………………... Café – 1930, para Violín e Piano
W. A. MOZART ……..……………………….... Trío KV 502 en Si b Maior
I.- Allegro
II.- Largetto
III.- Allegretto
II
CH. LEFEBVRE …………………………………………..……..... Ballada
F. SAY … Fantasía sobre la marcha turca de W. A. Mozart, para Píano
A. LARA ………………………..…………………….…….......... Granada
C. GARDEL ……………..…………………….. Tango “Por una cabeza”
J. STRAUSS ……………………….....… Polka “Truenos y Relámpagos”
F. MÉRCURY ……………………………………… "The Show must go on”
J. STRAUSS …………………………………………………... “Kaiservals”
No hay comentarios:
Publicar un comentario