29-12-25, 20:15 horas,
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
EMILIA PÉREZ, SOPRANO
LUCAS LÓPEZ LÓPEZ, BARÍTONO
MIGUEL VALLS MARTÍNEZ, Piano
Emilia Pérez:
Soprano natural do Carballiño, estuda actualmente na Universidade das Artes de Zürich baixo a tutela da soprano Martina Menzi-Janková. Realizou previamente os seus estudos superiores de canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo co tenor José Antonio Campo.
Ao longo da súa traxectoria, foi dúas veces galardoada no Concurso Mirna Lacambra (2021 e 2022), o que lle permitiu debutar nos roles de Berta e Donna Anna acompañada pola Orquestra Simfònica del Vallés e baixo a dirección de Daniel Gil de Tejada. Tamén se presentou en recital para a Tempada dos Amigos da Ópera de Vigo, dentro do Outono Lírico 2022 no ciclo Novas Voces da Lírica Galega, e colaborou coa Real Filharmonía de Galicia no recital Nuevas Voces Gallegas, dirixido por Diego Martín-Etxebarria.
Entre outros recoñecementos, obtivo o primeiro premio no IV Concurso Nacional de Canto Ciudad de Albacete e o Premio Andrés Gaos á mellor voz galega no V Concurso de Canto “Compostela Lírica”. Participou no programa para novos cantantes da Fundación Amigos do Teatro Real, onde recibiu formación e clases maxistrais de artistas como Sabina Puértolas ou Leigh Melrose.
Tamén colaborou en numerosos proxectos coa compañía de Leonor Gago, e actualmente forma parte do programa de bolsas da Fundación Ópera Actual. Recentemente interpretou o papel de Sabeliña na zarzuela “Non chores Sabeliña” xunto á Banda Municipal de Santiago en colaboración co Coro Liceo de Vilagarcía.
Lucas López López:
Nado no ano 2000, Lucas López é graduado superior en piano e canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Actualmente continúa os seus estudios de canto na Zürcher Hochschule der Künste (Suiza) baixo a tutela do tenor Werner Güra. Obtivo o 1º premio no VIII Concurso de Solistas del CSMVigo. Tamén foi gañador das XXIV e XXV edicións do Concurso Mirna Lacambra, debutando así na temporada de Òpera a Catalunya. Recentemente acadou o Premio Andrés Gaos no VI Concurso de Canto Compostela Lírica, así como diferentes galardóns no XVI Concours International de la Mélodie de Gordes.
Formou parte da Ton Koopman Academy en Den Haag, Holanda, ademáis de ser membro da Bachcelona Akademie. Participou en ciclos de concertos como o International M.K. Festival Ciurlionis en Palanga (Lituania), “Música para una época” do Museo de Belas Artes de A Coruña; “Músicas abertas”, da Banda Municipal de Santiago de Compostela; ou “Novas voces galegas”, de Amigos da Ópera de A Coruña. Protagonizou produccións de Die Zabuberflöte, Il barbiere di Siviglia, The telephone, Il segreto di Susanna, Dido and Aeneas, Carmina Burana e The echanted Pig, entre outros títulos.
W. A. Mozart (1756 – 1791):“Cinque … dieci … venti”, de Le Nozze di Figaro (1786)
G. Donizetti (1797–1848):“Prendi, per me sei libero”, de L’elisir d’amore (1832)
G. Bizet (1838 – 1875):“L’orage s’est calmé”, de Les Pêcheurs de Perles (1863)
G. Puccini (1858–1924):“Chi il bel sogno di Doretta”, de La Rondine (1917)
E. W. Korngold (1897–1957):“Mein Sehnen, mein Wähnen”, de Die tote Stadt (1920)
G. Rossini (1792–1868):“Dunque io son”, de Il barbiere di Siviglia (1816)
E. Granados (1867–1916):“Gracia mía”, de Canciones Amatorias (1913)
I. B. Maiztegui (1905–1996):“Cántiga do neno da tenda”, de Seis poemas galegos (1994)
G. F. Caballero (1835–1906):“¡Ésta es su carta!”, de Gigantes y cabezudos (1898)
F. Moreno Torroba (1891–1982):“Luché la fe por el triunfo”, de Luisa Fernanda (1932)
P. Sorozábal (1897–1988):“Hace tiempo que vengo al taller”, de La del manojo de rosas (1934)






