Venres 17 de Outubro de 2025, 20:15 horas
Casa da Cultura de 2025
O SON DO PASADO QUE CONMOVE O PRESENTE
A idea de divulgar a creación musical dun compositor galego do Rexurdimento é o eixe deste ciclo de concertos de homenaxe a Xoán Montes na súa faceta como pianista.
A súa producción para este instrumento é a parte máis descoñecida do seu catálogo e representa unha parte esencial do patrimonio cultural galego no eido musical.
Os intérpretes encargados da interpretación neste proxecto son Javier Ares Espiño, Jorge Briones Martínez e Pablo Diago Busto, con sólidas traxectorias artísticas e consolidados como referentes na recuperación e posta en valor da música galega dos séculos XIX, XX e XXI.
INTÉRPRETES
Javier Ares Espiño Doutor pola USC e Catedrático de piano no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Autor de varios libros e artigos nunha liña de investigación sobre o compositor galego-arxentino Carlos López García-Picos.
Jorge Briones Martínez Catedrático de piano acompañante no Conservatorio Superior de Música da Coruña e máster pola UDC. Compatibiliza a súa actividade docente e a xefatura do Departamento de piano acompañante cunha relevante actividade interpretativa centrada en música de compositores galegos dos séculos XIX e XX.
Pablo Diago Busto Profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Foi gañador de diversos premios no Concurso de Piano Infanta Cristina, no Concurso de Piano “Ciudad de Linares–Marisa Montiel” e no Ciclo de Xoves Intérpretes da Fundación Pedro Barrié de la Maza.
PROGRAMA
PRIMEIRA PARTE
Melodía para a man esquerda, en Do m
Scherzo, en Mib M
Muiñeira
Danza habanera nº 1
Mazurca I, en Mi M
Valse III, en Do M
Polca, en Do M
SEGUNDA PARTE
Andante sentimental, en Sib M
Bailados para orquestra. Cuadrilla III: nº 1, 2, 3, 4 e 5
Mazurca, en Do M (a 4 mans)
Bailados (a 4 mans)
Mazurca, en Sib M
Valse, en Do M

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.