Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
25 de outubro 2025, 20:15 horas
LUCUS ENSEMBLE
Nace en Lugo no ano 2014. Despois de coincidir en diversos concertos benéficos, un grupo de trece músicos con ampla experiencia interpretativa no ámbito da música clásica e do jazz, decidimos crear unha formación estable, na capital lucense para o desenvolvemento de proxectos musicais adaptados para un grupo de vento, corda, percusión e voz.
Dende entón, levamos interpretado incontables concertos de moi diversa temática por toda a xeografía galega, ata converternos no referente da música de cámara da nosa provincia.
A principal característica identificativa do noso grupo ven determinada porque todos os repertorios interpretados nos anos transcorridos dende a súa creación foron arranxados por músicos do ensemble para o ensemble, o cal nos aporta unha sonoridade totalmente persoal e inconfundible.
Percorrendo CASTELAO
É un proxecto musical que desenvolve LUCUS ENSEMBLE, co gallo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, efemérides que se está a celebrar en toda Galicia neste “ANO CASTELAO”.
Unha narración (audio-visual) biográfica é o fío condutor do concerto no que o grupo LUCUS ENSEMBLE, baseándose nos fitos vitais, creativos e políticos da súa vida, interpreta as pezas musicais relacionadas coas estadías nas que aqueles tiveron lugar, desde o seu nacemento en Rianxo ata o seu repouso no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval de Santiago.
O esquema do concerto é o seguinte:
• ESTADÍA.- Narración biográfica > Fito salientable > Peza musical >Autor (todo elo coa correspondente imaxe)
• ESTADÍA 1.- Primeiros anos > Medalla ouro 1909 por “Festa na Aldea” > Festa na Tolda > Gustavo Freire
• ESTADÍA 2.- Viaxe pola Bretaña > Cruces de pedra > Rapsodie Bretonne > C. Saint-Saens.
• ESTADÍA 3.- Estatuto de Galiza> Presentación en 1936 en Madrid > Fandango de “Doña Francisquita > Amadeo Vives.
• ESTADÍA 4.- Valencia e Barcelona (1937)> publicación álbumes de guerra > As Froliñas dos toxos > Música de Toldrá (Vilanova i la Geltrú) e letra de Antonio Noriega Varela.
• ESTADÍA 5.- Nova York / La Habana > Debuxos de Negros > Obertura Cubana > G. Gershwin.
• ESTADÍA 6.- Buenos Aires (1940) > Sempre en Galiza; Os vellos non deben namorarse. En 1944 presidente do Consello de Galiza (Montevideo) > El baile de los Morenos > Candombe popular uruguaio.
• ESTADÍA 7.- Paris (1946-1947) > Ministro sen carteira do goberno republicano no exilio en París > Chanson Espagnole > Ravel, con texto de Rosalía de Castro.
• ESTADÍA 8.- Retorno a Buenos Aires (1947) > As cruces de pedra na Galiza. Falecemento 7/1/1950.Enterro en Bos Aires. Traslado a Galicia en 1984 > Muiñeira de Pontesampaio > Popular
(TEXTO : LUCUS ensemble)

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.