25.11.15

Audición 379. Coral Polifónica El Eco.

12 de decembro 2015
18:30 horas.
Igrexa dos PP. Escolapios.

SOCIEDAD CORAL POLIFÓNICA EL ECO

No ano 1881 en A Coruña, [estanse a construír as galerías da Mariña, proxéctase una traída de augas para abastecer a unha poboación de 60.000 habitantes, chega á cidade o ferrocarril (no 1883). Nese ano nacen: A. Fleming (descubridor da penicilina e premio Nobel en medicina), Angelo G. Roncalli (o papa Juan XXIII), P. Picasso e Juan R. Jimenez (premio Nobel de Literatura); morren Dostoyevsky, o zar Alejandro II e o mítico bandido Billy o Neno aos 21 anos.] o 18 de decembro inicia a súa andaina “El Eco” presidido e dirixido polo Mestre, mindoniense, Don Pascual Veiga, disto fai 134 anos, naceu como Orfeón (só voces masculinas) sendo no 1927 cando se convirte en coro mixto. En 1886 toma a batuta o Mestre José Castro “Chané”, ao que seguen: José Baldomir; Mauricio Farto, P. Eugenio Barrero, Manuel Fernández Amor, Rodrigo A. de Santiago, Rogelio Groba e outros ilustres mestres ata o actual, o xove músico Pedro Martínez Tapia.
Conseguiu diversos premios e galardóns, entre outros no 1882 primeiro premio nos Xogos Florais de Pontevedra, 1887 gaña o Concurso Internacional de Madrid, sendo felicitado por Chapí e Bretón, no 1889 primeiro premio do Festival Internacional de París, etc... . Sendo Órgano Oficial do Excmo. Concello de A Coruña, Medalla de Prata e Ouro da Cidade de A Coruña e Medalla de Ouro de Paris e Oporto, entre outros. O repertorio abarca toda a polifonía “a capella” relixiosa, profana, antiga, moderna, internacional, nacional e rexional. Acompañada de orquestra ou banda ten interpretado óperas, operetas, zarzuelas, cantatas e oratorios, ten intervido nas tempadas de ópera de A Coruña,
Vigo, Oviedo e Madrid, e compartido cartel con cantantes tan destacados como Renata Tebaldi, José Carreras, María Luisa Nache, Leo Nucci ou Monserrat Caballé.

Programa

I
Guiseppe Verdi
  • I due Foscai: Barcarolle (tace il vento, e queta l ́onda)
  • I Lombardi: Coro di Crociati e Pellegrini (O signore dal tetto natío)
  • Ernani: Si ridesti il leon di Castiglia
  • Macbeth: Coro di profughi (Patria oppressa)
  • Il Trovatore: Coro degli zíngaro (Ch. de los gitanos)
  • Nabucco: Va, pensiero
II
  • F.A. Barbieri, El barberillo de Lavapiés: Coro de introducción
  • Soutullo e Vert, La del soto del parral: Ronda de los enamorados
  • Moreno Torroba, La Chulapona: Chotis de Madrid
  • Moreno Torroba, Luisa Fernanda: Mazurca de las sombrillas
  • P. Sorozábal, Don Manolito: Viva Madrid!
  • A. Vives, Doña Francisquita: Coro de románticos

No hay comentarios:

Publicar un comentario