10.11.15

Audición 378. ARS COLLEGIUM

Luns 16 de Novembro de 2015, ás 20:15 h.
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro


ARS COLLEGIUM

 

Fundado no 1966, Ars Collegium, é na actualidade unha das agrupacións máis prestixiosas da República Checa. Ao redor do Graffe Quartet (núcleo principal
do grupo), xúntanse destacados compoñentes tanto da Filarmónica como da
Ópera do Teatro Nacional de Brno.
Todos os integrantes de Ars Collegium teñen exitosas experiencias das
numerosas xiras por Alemaña, Austria, Bélxica, EEUU., Holanda, Italia, España,
Xapón, etc...
Participan intensamente na vida musical do seu país sobre todo na súa cidade
Brno.
A súa programación abrangue obras de compositores desde o período barroco
ata o século XX, suliñando, a crítica, a súa brillante e técnicamente refinada
interpretación.

Štěpán GRAFFE (violín)

Gradúase na Academia de Música Leoš Janáček en Brno. Participou, con éxito,
en diversos concursos de violín na República Checa e Alemaña, recibindo,
entre outros, premios da Asociación francesa “Forum Vox Etouffés” e da
Asociación de Música de Cámara da Filarmónica Checa de Praga. Como solista
colabora con Solistas de Cámara Brno, Orquestra de Cámara da Filarmónica
Brno e forma dúo co pianista Igor Ardašev. É profesor de violín no
Conservatorio de Música de Brno.
Desde 1997 é o primeiro violín do Graffe Quartet e desde 1998 é o líder
artístico de Ars Collegium.

Michal HREŇO (violoncelo)

Fórmase, musicalmente, no Conservatorio e na Universidade de České
Budějovice. Perfecciónase na clase do profesor Podhoranský na
Academia Música Leoš Janáček en Brno. Gaña diversos concursos
internacionais de violoncelo na República Checa, Austria (Liezen) e Gran
Bretaña (ACT Londres).
Tocou como solista ca Filarmónica de Cámara de České Budějovice, ca
Filarmónica de Teplice, Czech Virtuosi. Desde 2002 é integrante do Graffe
Quartet e a partir do 2005 membro da Filarmónica de Brno. É profesor de
violoncelo no Liceo de Música de Pavel Křížkovský en Brno.

PROGRAMA

I

A. VIVALDI (1678 - 1741)             14’
Concerto grosso en Re menor Op. 3 No. 1
  1. Allegro-Adagio-Allegro
  2. Largo
  3. Allegro

J.S.BACH (1685- 1750)                   19’
Concerto en Re menor para 2 violíns BWV 1043
  1. Vivace
  2. Largo ma non tanto
  3. Allegro


II

J.HAYDN (1732- 1809)
Concerto en Sol Maior para violín e orquestra de cámara
  1. Allegro moderato
  2. Adagio
  3. Allegro
W.A.MOZART (1756- 1791)
Divertimento para cordas en Si bemol KV 137
  1. Andante
  2. Allegro di molto
  3. Allegro assai


No hay comentarios:

Publicar un comentario