6.4.16

Audición 383. Rosa Cedrón


Venres 15 de Abril de 2016 ás 20:15 h.
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

 
Miguel Arthus
Miguel Arthus (1991) é un compositor, pianista e cantante coruñés. Cursou estudos de piano no Conservatorio Profesional de A Coruña. Desde principios do 2015, acompaña a Rosa Cedrón en directo, con quen tocou en festivais como Les Goûts de Gand ou o Festival Interceltique de Lorient. Colabora asimesmo como teclista, compositor e corista no seu segundo álbum "Nada que perder".
No terreo vocal, participou nos Coros Universitarios de Salamanca, Vigo e A Coruña, así como na Chorale Voix Si Voix Là en El Havre. Actualmente, forma parte do Coro Gaos, dirixido por Fernando Briones, co cal representou as óperas Il trovatore y L'elisir d'amore.
Javier Cedrón
Comeza os seus estudos musicais a idade de 6 anos. Con 9 ingresa no Conservatorio Superior de Música de A Coruña onde obtén o seu título con 18, e con 19 gaña a praza de Profesor de Violín titular en dito conservatorio por Concurso-Oposición. Paralelamente á súa labor docente que se estende ao longo dos últimos 20 anos, desenrola unha ampla actividade concertística que se reparte entre o ámbito da Música Clásica, tradicional e moderna formando parte de numerosas agrupacións e colaborando con outras moitas. Cabe salientar a súa pertenza á Orquesta Municipal de A Coruña (1989-91), Orquesta de Cámara Galega (1995-2003, coa que edita traballo discográfico estreando como solista o concerto “Arcaico” de R. Groba), e na actualidade como concertino da Orquesta Gaos (2010-16), coa cal tamén edita traballo discográfico. Formou parte do grupo Luar na Lubre (1996-2000) nos seus traballos “Plenilunio” y “Cabo do Mundo”, do proxecto de música de raíz “Ball Cans” (2001-02), tamén con traballo discográfico, da compañía “Nova Galega de Danza” (2003-2004) no espectáculo “Alento”, tamén editado, e do grupo de Tangos e música de raíz “Tempo Catro” (2009-16) co que editou “Os ollos que falan”. Na actualidade traballa con Rosa Cedrón (desde 2007) e participou nos seus dous discos “Entre Dous Mares” e “Nada que perder”. Realizou colaboracións discográficas con Susana Seivane, Rodrigo Romaní, Uxía, Pepe Vaamonde, Sés e moitos outros artistas do ámbito folk-pop-rock. Compartiu escenario con grandes figuras internacionais

Rosa Cedrón

Nace en Monforte de Lemos no seo dunha familia onde a música é o día a día. A moi temprana idade desprázase a vivir a A Coruña onde con 8 anos comeza os seus estudos de música no Conservatorio. O violonchelo convertese desde entón no seu inseparable compañeiro de viaxe.
Tras pertencer á Orquesta de Cámara Municipal, á Banda Municipal e a diversas agrupacións de cámara da cidade de A Coruña, obtén praza como profesora de violonchelo no conservatorio de Ferrol. Aos poucos meses de ingresar, abandona o conservatorio para iniciar a que fora a súa primeira grande xira con Luar na Lubre e a súa primeira colaboración internacional da man do músico británico Mike Oldfield.
A partir de aquí, dedicarase en corpo e alma as súas dúas grandes paixóns, cantar e tocar o violonchelo, o que lle levará a subirse a escenarios de medio mundo.
No 2005 arranca a suá carreira en solitario e dedícase a composición dos seus propios temas. No 2007 será cando publique o seu primeiro traballo en solitario "Entre dous mares". Desde entón colaborou en innumerables proxectos tanto propios como doutros artistas. Cabe salientar o "Soas" con Cristina Pato ou o "Cantando a Galicia" con Paco Lodeiro e Sito Sedes.
Na actualidade acaba de publicar o seu segundo álbum "Nada que perder", con unha gran acollida tanto de público como de crítica especializada.




1. Romeiro ao Lonxe. Tradicional

2. Macedonia. Tradicional

3. Valse da Tola. Rosa Cedrón/Yolanda Castaño
4. Máis Amor. Rosa Cedrón/Yolanda Castaño
5. Se nos deixan. Rosa Cedrón/Yolanda Castaño
6. Romance de Mirabela. Rosa Cedrón/Alba Felpete
7. Danza das Gaivotas. Rosa Cedrón
8. Tus sueños. Rosa Cedrón/Alba Felpete
9. Unha e outra vez. Cindy Lauper/Robert Andrew/Rosa Cedrón
10. Chove en Santiago. Alberto Gambino/Federico García Lorca.
11. Pomba Dourada. Luis Emilio Batallán
12. Liméns. Miguel Alonso
13. Benditas Feridas. Rosa Cedrón
14. No seré yo. Rosa Cedrón
15. Camariñas. Tradicional
16. Lágrima. Carlos dos Santos/Amalia Rodrigues
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario