22.4.16

Audición 384. Real Filharmonía de Galicia

Sábado 7 de Maio de 2016 ás 18,00 h.
Igrexa dos P.P. Escolapios



REAL FILHARMONÍA DE GALICIA


CONCERTINO-DIRECTOR, JAMES DALGHREN
JAVIER SIMÓ, RAMÓN LLÁTSER e DIEGO ARAGÓN, TROMPETAS




Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecer ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Christoph König o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

James Dahlgren  Director e Concertino

Concertino Honorario da Orquestra Nacional de Oporto, estudou con Zaven Melikian no Conservatorio de San Francisco. Logo de traballar durante cinco anos coa Orquestra da Ópera de San Francisco, aceptou o posto de concertino na Orquestra Metropolitana de Lisboa e máis tarde o de concertino asociado na Orquesta Ciudad de Granada. Tras chegar a Europa, traballou tamén como concertino invitado da London Philharmonic Orchestra, Royal Liverpool Philharmonic Orchestra e a New Zealand Symphony Orchestra, entre outras. Foi premiado no concurso internacional María Canals en Barcelona. É profesor de violín na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago de Compostela, e ocupa o posto de concertino da Real Filharmonía de Galicia dende o ano 2005.

Javier Simó   Trompeta

Realiza os seus estudos no Conservatorio Superior de Valencia con Leopoldo Vidal, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Prosegue a súa formación na Academia de Trompeta de Bremen (Alemaña) con Bo Nilsson, Pierre Thibaud e Thomas Stevens; e en Malmö (Suecia) con Hakan Hardenberger. Foi trompeta solista da Philarmonie deas Schleswig-Holstein Festival Orchester e colaboroum entre outras, coa Orquestra do Palau de lles Arts de Valencia baixo a dirección de L. Maazel. Profesor en excedencia do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, na actualidade é profesor asistente do Centro Superior de Música do País Vasco “Musikene”. É o trompetista principal da Real Filharmonía de Galicia

Ramón Llátser   Trompeta

Natural de Traiguera (Castellón), remata os estudos de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Valencia coas máis altas cualificacións, ademais de obter o Premio de Honra Final de Carreira. Continúa a súa formación na Musikhögskolan i Malmö (Universidade de Lunds, Suecia) con Bo Nilsson e Hakan Hardenberger. Recibiu consellos de grandes trompetistas como Javier Simó, José Ibáñez, Luis González, Pierre Thibaud, Lepoldo Vidal, Tom Stevens e Max Sommerhalder, entre outros. Colaborou con orquestras como a Orquesta de Castilla y León, Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, Sinfónica de Madrid e Orquesta Ciudad de Granada. Ademais, realiza un importante labor camerístico con diversas agrupacións como o Taller Atlántico Contemporáneo, Galicia Brass ou Barcelona Brass Ensemble. Dende 2001 é trompeta coprincipal na Real Filharmonía de Galicia

Diego Aragón   Trompeta

Nace en Corella (Navarra). Aos oito anos comeza os seus estudos de trompeta na Escola de Música de Corella e ingresa na banda municipal. Remata a súa formación no Conservatorio Superior de Música do País Vasco “Musikene” cos profesores Luis González, Javier Simó e Pacho Flores. No transcurso da súa formación recibe os premios de interpretación Fernando Remacha (Conservatorio Fernando Remacha, Tudela), Fermín Gurbindo (Conservatorio Profesional de Música de La Rioja), o premio á mellor interpretación da obra obrigada do Concurso ALNAFIR de Córdoba e o primeiro premio ex aequo do concurso permanente de Xuventudes Musicais de España. Na actualidade compaxina os seus estudos na Escola de Altos Estudos Musicais (Santiago) coa práctica en orquestras profesionais como a Orquestra do Liceo e a Orquestra Sinfónica de Bilbao, entre outras.


PROGRAMA  (pdf) 

I
1.- Marcha para tres trompetas ……………………...…. C.Ph.E. Bach

2.- Sinfonía nº 2 para cordas en Re M ………..……. F. Mendelssohn

  • I.- Allegro 
  • II.- Andante
  • III.- Allegro vivace

3.- Sonata en Re …..…………………………………… P. Franceschini

  • I.- Tumba
  • II.-  2. AllegroAllegro
  • III.- 3. AdagioAdagio
  • IV.- 4. AllegroAllegro


4.- Fanfarria para St. Edmumdsbury ………………...…….… B. Britten



II
5.- Suite Holberg, op. 40 …………..…………………..……….. E. Grieg

  • I.- Preludio
  • II.- Sarabanda
  • III,. Gavota  
  • IV.- Andante
  • V.- Rigodón


6.- Duas Melodías, op. 53 …………………………..………...… E. Grieg





No hay comentarios:

Publicar un comentario