Casa da Cultura – Poeta Lois Pereiro
FAMILIA MORYATOV.
A
peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside
en que os seus membros están unidos non só pola música senón
tamén por lazos familiares. A agrupación deu mís de 400 concertos
en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con
varios CDs gravados.
Valery Moryatov, o
pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal
de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Desde
1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do
Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España
no 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica
de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de
Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en
distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista no
Cuarteto e Trío Moriatov; a Orquestra Solistas de Galicia e outras
destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro
de Melide dende 1996.
Irina Moryatova, a
nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San
Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa
vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos
concursos. Deu clases maxistrais en España e Portugal. Participou en
varios festivais musicais.
Como pianista,
ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara,
colabora coa Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e
Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das
pianistas máis destacadas residentes na comunidade autónoma galega.
Desde 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por
oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupacións, xa
son máis de cen.
Mijail Moryatov, o
fillo maior, toca o violin desde os cinco anos. Estudou na Escola
Superior de Música do Conservatorio de San Petersburgo onde rematou
coas máis altas cualificacións. A idade de 15 anos foi escollido
para actuar como solista coa Orquestra de San Petersburgo
participando en xiras por Alemaña, Lituania, Letonia e diversas
cidades de Rusia. No 1992, con tan so 16 anos gaña a oposición para
o Orquestra Sinfónica de Galicia. Entre 1994 e 1996 foi profesor de
violín do Conservatorio de Ferrol. Foi gañador e finalista en
varios concursos internacionais de corda celebrados en España entre
1996 e 1997. Entre 1996 e 1998 foi membro da Real Filharmonía de
Galicia, por oposición. No 1998 creou a Orquestra de Cámara
“Solistas de Galicia” da que é director. A través de “Música
Clásica en Galicia“
Evgueny Moryatov, o
menor dos fillos, comezou os seus estudos de violín aos catro anos,
estudou en: Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo;
Escola Superior de Música Raiña Sofía de Madrid, con J. L. García
Asensio; Na Universidade de Toronto co Profesor Emérito de Canada D.
Zafer, sendo concertino da Xove Orquestra de Toronto. No 2006 rematou
un Masters na Universidade Carnegie Mellon (USA) baixo a tutela do
Concertino da Filarmónica de Pittsburg, Andrés Cárdenes. O mesmo
ano gañou un posto, entre máis de 5.500 opositores para formar
parte da Orquestra da Comnidade Valenciá, cuxos directores titulares
son L. Maazel e Z. Metha. Acadou primeiros e segundos postos en
importantes concursos de corda celebrados en España e Canada. Deu
numerosos recitais e en múltiples ocasións actuou como solista con
diversas orquestras sinfónicas e directores tan ilustres como L.
Maazel e Y. Menuhin. Diferentes concertos seus foron transmitidos
pola radio e televisión. Ten gravados varios CDs, alguns deles con
música de compositores galegos como A. Gaos e M. Quiroga.
PROGRAMA
I
I
W.A. MOZART ………………………... Concerto nº 21 en Do M, 2º Mov.
S. RACHMANINOV ……………………………………..……Polka Italiana
A. GLAZUNOV …………………………. Adagio do Ballet “RAYMONDA”
I. FROLOV …………………………………………………….......La Broma
J. KERN – I. FROLOV ……………………..…O fume cega os teus ollos
G. PETERSBURSKY ………………………………………..... Sol –Sueño
G. GIMENEZ ……………………………….…….. La boda de Luis Alonso
II
G. SVIRIDOV …………………………………………..……....... Romanza
A. PIAZZOLLA ……………………………………………….… Libertango
A. PIAZZOLLA …………..………………………..….…….......... Oblivión
A. KHACHATURIAN ……..…… Danza del Sable del Ballet “GAYANÉ”
G. GERSHWIN ……………………Dúo y Final de “PORGY AND BESS”
J. RODRIGO ………………………..… Tema del Concierto de Aranjuez
No hay comentarios:
Publicar un comentario