Casa da cultura Poeta Lois Pereiro
20:15 horas
O
Coro de Cámara Rías Baixas
presentouse en xaneiro de 2014 en Vigo coa finalidade de suplir a
carencia de formacións corais que puidesen colaborar con orquestras,
bandas e grupos de cámara no sur de Galicia. A súa pretensión
inicial tamén consistiu en impulsar novos solistas e servir de
ferramenta a compositores noveis e consagrados da zona das Rías
Baixas.
O
coro xa suma máis de sesenta actuacións, tanto de xestión propia
como programadas en diversos ciclos ou festivais tales como Outono
Lírico, Vigo Sinfónico, Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de
Mera, Nas Ondas, Pórtico Sonoro, Explurart, Cooltural Cambados
e II Festival Groba.
Nestas
actuacións foron interpretadas diversas obras fundamentais do
repertorio coral en auditorios e igrexas das catro provincias
galegas, tanto a cappella como con acompañamento instrumental.
Mostra delas son a Petite Messe
Solennelle de G. Rossini (versión
para dous pianos), o Requiem en Do
menor de L. Cherubini, a Music
for the Funeral of Queen Mary de H.
Purcell, fragmentos da Misa en Re
de A. Dvorák, a Misa da
Coroación de W. A. Mozart, o Requiem
en Re menor de G. Fauré ou o Requiem
de W. A. Mozart. Ademais, participou
nun Mesías colaborativo, na gravación do documental Corrente
do Golfo co pianista Alberto Conde, e
actuou nas óperas Rigoletto e
Macbeth. Estreou obras como Van
Comigo e a versión para orquestra de
corda da cantata Anxos de Compostela de
Rogelio Groba, a composición coral
inspirada nas sete Cantigas de Amigo
de Martín Códax realizada por Brais González, así como a obra
Duns folios que foron brancos
de Miguel Matamoro conxuntamente con outros coros de Galicia.
Dentro
do repertorio clásico a capella, o
coro ten interpretado obras de compositores que abranguen todas as
épocas da historia da música, tales como Cristóbal
de Morales, Tomás Luis de Victoria, Wiliam Byrd, Johann Sebastian
Bach, Wolfgang Amadeus Mozart, Félix Mendelssohn, Charles Villiers
Stanford e G. Forbes, entre outros.
Ademais inclúe no seu repertorio obras de compositores
galegos, como por exemplo Joam
Trilho (Ingemisco, Eucarística),
Julio Domínguez
(Ave María), D.G. Artés
(Alleluia) ou Francisco Rey Rivero
(Dúas cantigas de namorada).
O
coro traballou ao longo destes anos con agrupacións instrumentais
como a Orquestra de Cámara Galega,
a Orquestra de Cámara Rías Baixas,
a Orquestra Sinfónica de Galicia,
a Orquestra Sinfónica Vigo 430
ou a Real Filharmonía de Galicia,
así como o Ensemble Vigo 430
e os grupos de metais Tuvara Brass
e Brass CCRB.
Ademais de actuar habitualmente baixo as ordes do seu director
titular, Bruno Díaz,
o coro tamén ten actuado baixo a dirección dos mestres Paul
Goodwin, Rogelio Groba, Vicent Alberola, Diego García e Maximino
Zumalave. A formación ven colaborando
habitualmente con pianistas do talle de Alejo Amoedo e Brais González
e ten acompañado a solistas como, entre outros, Luis Cansino, Olena
Sloia, Fabián Lara, Pablo Carballido ou Beatriz Riobó.
A
súa formación combina os estudos universitarios cos de ensinanzas
superiores de música de conservatorio. Posúe o título de Máster
de Teatro e Artes Escénicas (UVigo) e está a cursar estudos de Grao
en Educación Primaria (UVigo). Tamén completou os títulos
superiores de música en Musicoloxía (con matrícula de honra no seu
traballo fin de grao sobre a ópera galega O Arame) e en Instrumentos
da Música Tradicional e Popular Galega no CSMVigo, e os títulos
profesionais de música en Trompeta e en Gaita no CMus Xan Viaño de
Ferrol. Esta formación académica está ampliada e perfeccionada con
cursos de interpretación, investigación e dirección coral.
Co
Coro de Cámara Rías Baixas dirixiu, entre outras obras, a Petite
Messe Solennelle de G. Rossini, o Requiem en do menor de L.
Cherubini, a Music for the Funeral of Queen Mary de H. Purcell, a
Misa da Coroación de W.A. Mozart, números da Misa en re maior de A.
Dvorak, números do Mesías de G.F. Haendel, o Requiem en re menor de
G. Fauré e a composición coral inspirada nas sete cantigas de amigo
de Martín Códax realizada por Brais González. Ademais
traballou con Rogelio Groba para a preparación da cantata
Anxos de Compostela de R. Groba, con Paul Goodwin na preparación
do Mesías de Haendel, con Vicent Alberola para a preparación da
Misa da Coroación e do Requiem de Mozart, con Maximino Zumalave para
a estrea da obra Duns folios que foron brancos de Miguel Matamoro e
con Diego García nas óperas Rigoletto e Macbeth organizadas por
Amigos da Ópera de Vigo no Outono Lírico 2017 e 2018
respectivamente.
CONCERTO CORO DE CÁMARA RÍAS BAIXAS
Sociedad Filarmónica de Monforte
1ª
parte
When
Mary through the garden went.- Charles Villiers Stanford
Le
Baylere.- Goff Richards
O
nata lux.- Guy Forbes
Cantigas de
Amigo.- Martín Códax/Brais González
1.- Mia Irmana
Fermosa
2.- Ai Deus se
sab´ora
3.- Ai ondas
que eu vin
4.- Ondas do
mar de Vigo
5.- Mandad´ei
comigo
6.- Eno
sagrado en Vigo
7.- Quantas
sabedes amar
2ª parte
Requiem
para Xoana de Arco.- Brais González
Pianista
acompañante.- Brais González
Director.-
Bruno Díaz
No hay comentarios:
Publicar un comentario