11:30 horas Edificio multiusos de Monforte de Lemos
2º Concerto didáctico
Dúas
MARTA FIGUEIREDO e SABELA CARIDAD
Elas
compartiron profesor, Alejandro Sanz, durante bastantes anos,
mais non se coñeceron ata 2005 cando coincidiron, por primeira vez,
na Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia.
Cando
rematan os seus estudos, no ano 2015, deciden xuntarse e nace DÚAS.
Interpretan
obras de diferentes estilos abarcando o período clásico, moderno e
contemporáneo, xunto coas súas propias composicións sendo exemplo
delas “Pollistes
gallicus”
ou “Dishes”
composta expresamente para o espectáculo Todo
é Percusión.
EXIRE
ESTEFANÍA GÓMEZ e ALBA FERNÁNDEZ
Técnico de luz e son SERGIO ALEGRE
TODO É PERCUSIÓN
O Concerto: Neste caso DUAS xúntase con dúas bailarinas de música contemporánea, EXIRE, para chegar a Arte Total a través da interpretación das distintas artes: música, danza e teatro.
A vida é ritmo e convírtese en música cando somos conscentes delo. O obxectivo é exaxerar a música e os ritmos que se atopan en todolos quefaceres diarios.
A Trama: Trátase de reflectir todas e cada unha das distintas situacións dun día calquera de catro rapazas, desde que se erguen ata que se deitan
Os Obxectivos:
- Aumentar a concencia dos ritmos cotidians
- Axudar a disfrutar e valorar diferentes manifestacións culturais
- Mostar aplicacións prácticas de ritmos con obxectos cotidians
- Interrelacionar diversas manifestacións artísticas: música, danza e teatro
- Aprender as pautas de comportamento para asistir a un espectáculo destas caractéristicas
No hay comentarios:
Publicar un comentario