22.11.19

Audición 419: Trío Olivié

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro
Venres 29 de novembro, 20:15 horas


https://drive.google.com/open?id=1v3tvdotK4dhm8ba5Vb9qewlYrgeVCY1H



TRÍO OILIVIÉ:

Recolle o nome do que fora secretario do concello de Vigo D. Manuel Olivié, quen para escapar da rixidez do seu cargo escollía o outeiro do monte de O Castro para gozar das vistas da ría que lle facían soñar cunhas paisaxes máis aló do horizonte que logo traspoñía nos seus escritos. Do mesmo xeito o grupo pretende, que espallando unha pequena parte do oceánico repertorio do trío clásico, acádese esa atalaia de fermosas vistas, neste caso, musicais.




MARTA VÉLEZ PÉREZ ……………………………………………. VIOLÍN

Nada en Vigo don de fai estudos de violín no Conservatorio Superior co profesor Manuel Martínez. A os 18 anos ingresa no Real Conservatorio de Bruselas recibindo clases de Agustín León Ara e Tános Adamopoulus e logo na Guildhall School of Music and Drama de Londres con Ifrah Neaman, obtendo respectivamente o Primeiro premio de Violín, Solfexo e Música de Cámara e o diplomas de Licenciste of de Guildhall School of Musis e Posgraduate diploma in Music Performance.

Foi membro e colaborador da Orquestra Clásica de Vigo, Joven Orquesta Nacional de España, Orquesta Ciudad de Granada, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orchestre National de Belgique, Ecyo, …. Baíxo a dirección de A. Ros Marbá, Maximino Zumalave, Helmuth Rilling, Leopold Hager, K. Penderecki, Sir Neville Mariner, Chistof Poppen, Walter Weller, … Recentemente gravou co Ensemble Vigo 430 o Concerto de violín en estilo antigo de Manuel Quiroga.

Asistiu a cursos e masterclases dos profesores José Luís Garcia Asensio, Gerard Claret, Rodney Friend, Vartan Manoogian, Félix Ayo, Nicolás Chumachenco, … e obtendo becas da Fundación Barrié, Caíxa Galicia, Segundo Gil Dávila, A. I. E., …

Participou en numerosos concertos e festivais cos pianistas Pablo López e Cristina Olivar en diferentes cidades galegas e do resto de España.

Na actualidade e profesora de violín e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo e forma parte do Trío Erkel de Clarinete, violín e piano.




ÁLVARO QUINTANILLA MARFUL …………………… VIOLONCELLO

Nado en Madrid, inicia os estudos de violoncello con seu pai Álvaro Quintanilla Kyburz (solista da Orquesta Nacional de España), e remátaos de forma oficial no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid cos profesores Pedro Corostola e Rafael Ramos, ampliando alí mesmo os seu estudos de Música de Cámara co profesor Luís Rego. Asistindo a numerosos cursos de perfeccionamento, destacando os realizados con Reine Flachot, Daniel Grogurin e Alexandra Frantseva.

Mentres fai os seus estudos é nomeado solista da JORCAM (Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid) actuando entre outra salas na Philarmonie de Berlin.

Colabora con distintas orquestras entre elas e durante dez anos coa Orquesta Nacional de España onde traballa cos máis importantes directores e solistas do momento.

O seu compromiso coa música actual lévao a formar parte do grupo Cosmos 21 dirixido por Carlos Galán co que estrea máis de medio cento de obras en España, Italia e Latinoamérica, destacando a estrea absoluta (o 28 de febreiro de 2.006, no Auditorio Nacional de Música e xunto coa Orquesta da Comunidade de Madrid) do Concerto Grosso para o Cosmos Op. 62, para cinco instrumentos e orquestra de Carlos Galan. Tendo realizado gravacións para R.N.E. e actuado en diferentes festivais e ciclos para a Fundación Juan March, Círculo de Bellas Artes de Madrid,

Fundación Marcelino Botín, Museo Reina Sofia, Centre de Cultura Contemporánea de Valencia e o Auditorio Nacional de Música.

Dende o ano 2.010 forma parte do T.A.C. (Taller Atlántico Contemporáneo) - formación aberta que abarca principalmente repertorio do século XXI – que mereceu o galardón do “Premio da Crítica Galicia” e o “Premio Martín Codax” na modalidade de música clásica e contemporánea do ano 2.013.

Na súa faceta pedagóxica imparte clases de violoncello no Conservatorio Superior de Música de Vigo dende o ano 2.014, ai mesmo foi invitado polos Conservatorios de Música de Paraguay, Nicaragua e O Salvador.




CONSTANTINO PÉREZ MURAS ……………………………….. PIANO

Nado en Vigo, comeza o seus estudos no Conservatorio da cidade. Ségueos nos de Santiago de Compostela con Martín Millán e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Fernando Puchol. Fixo estudos de perfeccionamento en Oporto coa eminente pianista Helena Sá e Costa que foron decisivos na súa formación. Dedicado principalmente a docencia, exerceu de profesor de piano no Conservatorio de Santiago de Compostela e na actualidade faino no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde desenvolve asemade o labor de pianista acompañante. Neste campo e no da música de cámara formou parte de distintas agrupacións, sendo invitado polo prestixioso clarinetista belga Walter Boeykens para actuar como pianista acompañante nos Cursos Internacionais de Perfeccionamento musical de Xavea (Alacante). É colaborador da Orquestra Clásica de Vigo dende as súas orixes, intervindo como pianista da mesma en multitude de programas.





1.- Trío ……………………………………………………. Joaquim Malats
I. Allegro
II. Andante
III. Vivace


2.- Escenas Andaluzas …………..……….… Rogelio Huguet i Tagell

Nº 3 El Sereno (Nocturno)

3.- Trío nº 2 op. 76 …………………………..………….. Joaquín Turina

  • Lento – Allegro molto moderato – Allegretto – Lento
  • Molto vivace
  • Lento – Andante mosso – Allegro vivo


No hay comentarios:

Publicar un comentario