10.6.25

Audición 451. Orquestra Terra Nova

Domingo 29 de xuño, 19:30 horas

Igrexa dos Escolapios

TERRA NOVA
XOVE ORQUESTRA DE LUGO


 




“Onde a Música Medra”

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova é un novo proxecto autoxestionado musical e pedagóxico, no que un grupo de mozos e mozas instrumentistas, tanto da Cidade de Lugo, como doutras latitudes de Galicia, impulsan o funcionamento dunha orquestra sinfónica, co claro obxectivo de propulsar a difusión da música sinfónica universal e local, así como contribuír á profesionalización da práctica orquestral e coral.

Comezando os seus ensaios en novembro de 2022, puido ver a luz en decembro do mesmo ano, outorgando un Concerto de Nadal a sala chea no Círculo das Artes de Lugo, que tivo que ser repetido en xaneiro, debido á alta demanda de público.

Seguindo coa súa liña colaborativa, abordou o Stabat Mater de F.J. Haydn, co que inaugurou as festividades de Semana Santa na Catedral de Lugo, cun coro de máis de 50 persoas, conformado por 5 corais lucenses, entre elas, o novo Coro Xove, que depende da Orquestra. Do mesmo xeito, colaborou co Curso de Dirección Orquestral Introdución a la Batuta, permitíndolle a 4 moz@s director@s dirixir unha orquestra sinfónica por primeira vez.

Finalmente, tan só un ano despois da súa estrea, ofreceu a Sinfonía Nº 9 “do Novo Mundo” de A. Dvorak, en formato didáctico, para toda a familia, como Concerto de Nadal. No mesmo, a orquestra de máis de 60 integrantes actuou coa actriz e divulgadora Ana Hernández Sanchiz.

 NICOLÁS RAVELLI BARREIRO, DIRECTOR

Formouse en Arxentina, en Piano cos Mestres Juan Carlos Figueiras e, no Conservatorio Superior de Música "Manuel de falla " , Manuel Massone e Beatriz Pedrini, así como tamén con #Luis Gorelik, Carlos Bertazza e Dario Dominguez Xodo, na Universidade Nacional das Artes, en Dirección Orquestral. Ao longo da súa carreira actuou en diversas salas, abordando repertorio solista e de cámara e dirixiu e acompañou diversas formacións, interpretando repertorio sinfónico, lírico e ensamble de percusión, realizando o seu debut como Director Musical de Ópera no ano 2014, coa Frauta Máxica de W.A. Mozart, en Ópera Aperta de Buenos Aires. Da mesma maneira, participou en producións de Ópera independente nas compañías Juventus Lyrica e OID Opera, sendo no segundo dos casos, pianista na estrea Arxentina de The Bohemian Girl, de William Balfe. Tamén formou parte da primeira edición do Lima Opera Fest, que tivo lugar no Teatro Municipal de Lima, á fronte da Dirección Musical do festival, coas Óperas Così fan tutte e Bastien und Bastienne, ambas as de W.A. Mozart e ten no seu haber a dirección da ópera Basta de G. Puccini, xunto ao Opera Festival de Buenos Aires e a produción e dirección de The Medium de G.C. Menotti no espazo artístico independente da súa propia fundación: Fiat Ars. Actualmente, reside en España, onde se realizou o Máster en Dirección Instrumental, Sinfónica e Vogal do Instituto Katarina Gurska de Madrid, baixo a tutela do Mtro. Borja Quintas e onde é Fundador e Director Artístico da Nova Orquestra de



- - - - - - - - - - - PROGRAMA - - - - - - - - - -

SINFONÍA n.º 9 Op. 95 “Del Nuevo Mundo” …………..…….. Antonín Dvorák

I.- Adagio – Allegro molto II.- Largo III.- Squerzo. Molto vicace IV.- Allegro con fuoco

 

 



19.5.25

Audición 450: Pablo Ventero e Orquestra Gaos

Domingo 1 de Xuño de 2025, 19:30 horas

Igrexa de Nosa Señora da Antigua, (PP Escolapios)

Entrada de Balde

 

Concerto patrocinado por Xunta de Galicia

 

Pablo Ventero, violín.


Comeza os seus estudos musicais aos 7 anos no Conservatorio Profesional “Federico Moreno Torroba” en Madrid. Posteriormente, continua os seus estudos da man do Mestre Alfredo Garcia Serrano no Conservatorio “Amaniel” e na Universidade “Alfonso X O Sabio”. Aos 17 anos concédeselle unha bolsa completa na Jacobs School of Music, USA, da man do Mestre Mauricio Fuks e Alexander Kerr. Aos seus 23 anos de idade o mozo violinista Madrileño tocou como solista en varios auditorios de prestixio internacional como o Auditorio Nacional de España, o auditorio “Monumental” de Madrid, Michael Klein Tent (Colorado), Auer Hall (Indiana) ou Kaufman Music Center en Nova York, da man de músicos como Gil Shaham, Augustin Hadelich, Alexander Kerr, Joshua Bell ou Daniil Trifonov.



ORQUESTRA GAOS

A Orquestra Gaos nace en abril de 2009 e está formada por 80 músicos de toda Galicia, na súa maioría estudantes e profesores dos conservatorios galegos, cos que desenvolve unha importante actividade concertística. Desde a súa creación ofrece máis dun centenar de concertos e participan como solistas máis dunha cincuentena de músicos galegos cunha importante traxectoria artística, algúns dos cales xa posúen unha dilatada carreira. Colabora co Concurso Internacional de piano “Ciudad de Ferrol” nas súas edicións de 2009 e 2010 acompañando a fase final da competición.

En 2010 grava un CD con temas galegos orquestrados por Juan Durán xunto á soprano Cristina Gallardo- Dômas. Organiza o I e II Ciclo de Catedrais ofrecendo concertos nas catedrais de Galicia cun gran éxito de crítica e de público. Desde 2011 a 2016 organiza xunto ao IBS Pai Rubinos o seu tradicional concerto de Nadal convidando a artistas consagrados como Ainhoa Arteta, Borja Quiza ou Celso Albelo.

En 2013 ofrece unha gala lírica con Gregory Kunde e Juan Jesús Rodríguez baixo a dirección de Ramón Tébar no marco do Festival de Amigos da Ópera da Coruña. En 2020 participa na produción da verbena da Pomba da Programación Lírica da Coruña na que se inclúen dúas galas líricas con artistas da talla de Sondra Rodvanosky, Carlos Álvarez, Simón Orfila, Alejandro Roy, Borja Quiza, Carol García ou Vanessa Goikoetxea entre outros.

Así mesmo, clausura a edición de 2021 cunha Gala Lírica con Juan Jesús Rodríguez e María José Moreno. En novembro de 2020 participa no Festival de Ópera de Forteventura como orquestra residente. Nestes anos, ademais da súa propia tempada de concertos, tanto na Coruña como no resto da comunidade galega, convida a importantes músicos para coidar a formación e perfeccionamento dos seus membros, como David Grimal, violinista e director de Les Dissonances ou David Ethéve, violoncelo principal da OSG. 

 

Programa:

1.- Suite de El sombrero de tres picos (Manuel de Falla)

2.- Concerto para violín e orquestra nº 1 Op. 26 (Max Bruch)

25.4.25

Audición 449. Loba Branca (Unha ópera galega en dous actos)

Venres 16 de maio, 20:15 horas

Edificio multiusos de Monforte de Lemos



Descargar Libreto



O COUREL

A Serra do Courel é un dos grandes pulmóns verdes de España: os seus máis de douscentos quilómetros cadrados albergan unha das maiores reservas de fauna salvaxe de Galicia: teixugos, jabalíes, raposos e, sobre todo, lobos e osos pardos. Apenas novecentas persoas viven en toda a Serra do Courel, repartidas en varias parroquias moi lonxe unas doutras, o que o converte nun lugar illado e pouco accesible no que, como dicía o poeta local Uxío Novoneyra, "aquí un pode descubrir o insignificante que é un home".

A LENDA

Brais elixiu unha coñecida historia do Courel, coñecida na zona como a "lenda da loba branca"; un relato curto que narra a complicada relación entre unha manda de lobos e as aldeas veciñas. Esta historia serviu ao compositor para escribir un libreto propio que estende a historia orixinal, dotándoa dun arco narrativo máis complexo.

LOBA BRANCA (Unha ópera galega en 2 actos e 8 escenas)

(Unha ópera ambientada na Serra do Courel, o corazón da Galicia verde, que nos fala da honra, do respecto á natureza, dos retos vitais aos que se enfrontan diariamente os habitantes da España baleirada e das relacións que se establecen entre humanos e animais nestas contornas).

En xaneiro de 2022, o Festival delle Nazione de Città de Castello (Umbria, Italia) encargou ao compositor vigués Brais González a creación dunha ópera baseada nunha lenda ou conto tradicional do seu país para estrear durante a celebración dá 55ª edición do festival, en agosto dese mesmo ano.

O compositor elixiu unha coñecida historia da Serra do Courel, coñecida na zona como a "lenda dá loba branca"; un relato curto que narra a complicada relación entre unha manda de lobos e as aldeas veciñas.

Esta historia serviu a Brais González para escribir un libreto propio que estende a historia orixinal, dotándoa dun arco narrativo máis complexo e que permite ao autor tratar temas de gran relevancia como as complicadas relacións coa contorna no medio rural, o respecto á natureza, a honra ou a vinganza.

A obra estreouse nunha sesión dobre o 28 de agosto de 2022 no Teatro degli Illuminati de Città dei Castello esgotando as localidades nas dúas representacións. Posteriormente, en decembro dese mesmo ano, a obra representouse novamente no Teatro Cuccinelli de Solomeo, nunha produción dirixida por Mario Cecchetti con Carolyne Beck e Veronica Martinelli como solistas principais. A obra espera novas representacións en Modena, Perugia e Nápoles para 2023/24.

Brais González escribiu o texto lírico da ópera orixinalmente en galego. A versión representada en Italia, aínda conservando (a solicitude do compositor) algunhas palabras en lingua orixinal na que foi escrita, foi traducida ao italiano por expertos en tradución lírica. A versión orixinal da obra tivo finalmente a estrea o día 27 de setembro de 2024 no Teatro Principal de Ourense, grazas á Fundación Vicente Risco , que a incluí una programación da xornada coorganizada co Conselloda Cultura Galega e coa colaboración dp Teatro Principal de Ourense, titulada “A música ten ondas coma o mar. A música e Vicente Risco”. Nesta estrea galega foi o propio compositor o que estivo á batuta, con Beatriz Arenas no papel de Loba, Teresa Gómez como Meiga, Jorge Arcos como Cazador, o Coro Rías Baixas nos papeis grupais (Manda de lobos – voces femininas - e Aldeáns – voces masculinas -) e o Ensemble Caspervek, facendo a música. As representacións orixinais, semi-escénicas, foron acompañadas polo traballo de vídeo en directo e manipulación de área do director de cinema italiano Massimo Otoni. A representación en Solomeo de decembro de 2022 estivo auspiciada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de Perugia.





PROTAGONISTAS

LOBA (soprano), A valente líder dun clan de lobos que viven na Serra do Courel

MEIGA (mezzo-soprano), Unha anciá dunha pequena aldea do Courel, á que os aldeáns cren unha bruxa porque fala cos animais.

CAZADOR (narrador), Un dos homes da aldea, que vive de cazar nas montañas.

A MANDA DE LOBOS (coro infantil ou coro blanco)

OS ALDEÁNS (coro infantil ou coro masculino)



A MÚSICA

(A música de Loba Branca está inspirada na música tradicional galega e noutras influencias tradicionais celtas, que se unen á linguaxe habitual da música de Brais González: ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e as músicas populares urbanas.)

ENSEMBLE CASPERVEK: violín, viola, cello, frauta, clarinete, piano, timbales (2) e percusión (tom set, snare drum, piatti, glockenspiel)

(Texto: Fundación Vicente Risco e Brais González)

 






31.3.25

Audición 448 : Paisaxes de Iberia (Zoar)

 Mércores, 2 de abril de 2025

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro, 20:15 horas

Paisaxes de Iberia, Zoar

 

Zoar


É un conxunto de cámara estable e activo que traballa desde 2009. Creceu á procura dun estilo propio definido pola orixinalidade dos seus proxectos, un firme compromiso coa nova creación, a colaboración con outros artistas e a realización de proxectos pedagóxicos de calidade con vontade de achegar a súa actividade a todos os públicos.

Entre as colaboracións con outros artistas cabe destacar proxectos con Monicreques de Kukas, co escritor Manuel Rivas, ou o beatboxer Carlos Vidal

‘Lytos’ no proxecto Windbox. No 2014 foron convidados como solistas á Orquestra Gaos e no 2015 ao VintEnsemble.

O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación do patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a explorar máis aló do repertorio tradicional da música para conxuntos de ventos e a incorporar obras de compositores esquecidos, estreas de obras xa escritas pero nunca interpretadas ou gravadas, como neste caso Alevi dedeler raki masasinda do compositor e pianista turco Fazil Say,ou The Elephant and the Clown e A Fleur de Cayenne do recoñecido clarinetista Paquito d’Rivera. Ademais estrearon pezas de compositores como Gabriel Bussi, Juan Durán, José Luis Turina, Patrick van Deurzen así como encargos propios a Xabier Marino, Óscar Álvarez, Federico Mosquera, Fernando Buide, Óscar Navarro ou Carme Rodríguez. O número de arranxos e adaptacións realizados polos propios membros da formación excede os 30.

Actuaron nos principais escenarios galegos (o Teatro Colón, o Teatro Rosalía o Centro Ágora ou o Palacio da Ópera na Coruña, o Teatro Jofre de Ferrol, o Círculo das Artes de Lugo, o Liceo de Ourense, o CGAC e a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela) participando en acontecementos culturais da importancia como a entrega dos Premios da Cultura Galega, en sucesivas edicións das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, no LVI Festival de la Ópera da Coruña, no ciclo Enclave de Cámara de Ourense, no Ciclo de Outono do Museo de Belas Artes da Coruña, no Ciclo de Concertos Benéficos da Real Academia Galega de Belas Artes e nas tempadas das sociedades filarmónicas de Lugo, A Coruña e Vigo. Fóra de Galicia fixeron recitais no País Vasco, Cataluña, Castela e Portugal.

No 2016 foron finalistas nos III Premios ‘Martín Códax’ da Música. Foron convidados conxuntamente como profesores a encontros de orquestras xoves como a Orquestra Clásica de Xove e a Jove Orquestra Nacional de Cataluña así como a diversos cursos de verán, cabe destacar o curso anual Son As Pontes que realizan desde 2018.

En 2016 presentaron o seu primeiro cedé “Non vento” con música de Juan Durán publicado por Ouvirmos. En 2017 presentan unha dobre publicación, de cedé e partituras, coa integral da música do compositor betanceiro Carlos López García-Picos. 

 

Zoar está composto por cinco músicos:

Joan Ibáñez, frauta, coprincipal da Sinfónica de Galicia

David Villa, oboe, principal asistente da Sinfónica de Galicia

Antonio Suárez, clarinete, profesor do Conservatorio de Culleredo

Benjamín Iglesias, trompa, profesor do Conservatorio Superior da Coruña

Álex Salgueiro, fagot, coprincipal da Sinfónica de Galicia.

 

 PROGRAMA

Selección da Suite Iberia (1905 -1909) de Isaac Albéniz

(Adaptación de David Villa)

1.- Evocación

2.- O Porto

3.- Almería

4.- Triana

 5.- Albaicín

6.- O Polo

7.- Málaga

8.- Xerez

 



NOTAS.- O flamenco foi fonte de inspiración para moitos dos autores españois de música clásica desde finais do século XIX e estivo presente en obras cume da literatura musical española, especialmente a que é considerada como obra pianística española máis importante, a suite Iberia de Isaac Albéniz.

O programa de concerto que nos incumbe está formado por música do compositor catalán Isaac Albéniz (1860-1909), compositor que tivo influencias da música popular e do flamenco en toda a súa literatura.

A peza que vertebra o programa, o maxestosa suite para piano Iberia, escrita por Isaac Albéniz, foi composta entre 1905 e 1909 (data da morte do compositor), e é quizais a obra máis importante da literatura pianística española, así como unha das cimas da música para piano de todos os tempos.

A maioría das pezas que a forman beben dalgúns dos paus máis representativos do flamenco. Un dos piares fundamentais sobre os que se constrúe a traxectoria de Zoar é a procura de novo repertorio e a constante achega de novo material musical á formación de quinteto de vento mediante adaptacións. Así pois, neste concerto preséntase a adaptación que David Villa realizou da suite Iberia.

O concerto incorpora, mediante medios audiovisuais, imaxes que nos transportan a outros lugares que gardan relación coa música.

(Texto: Zoar)

27.2.25

Audición 447: Cine-concerto en Sober

Sábado 15 de marzo 2025, 19:00 horas.

Casa da Cultura de SOBER




CASPERVEK

Caspervek fundouse en 2013 polo pianista Brais González e o percusionista Blas Castañer, en febrero de 2014 o violinista Eduards Vecbastiks uniuse ao dúo nacendo Caspervek Trío. A formación de trío mantívose ata que en 2019 o grupo decide afastarse gradualmente da dita formación para empezar a incluír novos elementos e evolucionar cara a un ensamble modular segundo as necesidades de cada película, de dous a doce componentes. Tendo actuado en Galicia, España e feito xiras por diversos países europeos Dinamarca, Estonia, letonia, Hungría, etc.. Suliñar a súa participación na programación, máis dun ano, en Madrid no The Urban Beach Cinema, un dos maiores cinemas ao aire libre de España, onde ofreceu máis de dez películas mudas ante miles de persoas.

Ten así mesmo feito numerosos concertos didácticos.

Caspervek xunto coa plataforma Tolemias, pioneira na distribución de concertos en streaming, levan a bo fin o proxecto de integrar o cinema mudo coas novas tecnoloxías multiángulo.

SETE OPORTUNIDADES

O filme

Película de Buster Keaton de 1.925 (está baseada nun exitoso musical de Broadway escrita por Roi Cooper Megrue e producida por David Belasco, sendo outro éxito de taquilla para Keaton, recadando 598.288 dólares), na que Jimmy Shannon (B. Keaton) é o socio junior da empresa de corredores de bolsa Meekin e Shannon, que está ao bordo da ruína financeira. Un avogado (ao que esquivaron, crendo erroneamente que trataba de aumentar os seus males) consegue finalmente informar a Jimmy dos termos do testamento do seu avó: herdará sete millóns de dólares se casa antes das 19:00 horas do seu 27º aniversario, que resulta ser ese mesmo día...

A banda sonora

"Seven Chances" foi a primeira banda sonora para as películas de Buster Keaton realizada por Caspervek, escrita exprofeso en 2015 para The Urban Beach Cinema, un dos maiores festivais de cinema ao aire libre de España. A banda sonora definiu o estilo posterior que o grupo seguiría utilizando para compoñer comedias de “slapstick”, cunha mestura de jazz clásico, swing e o minimalismo característico do conxunto.

 

 


Audición 446: A frauta e a arpa en Galicia

Mércores, 12 de marzo ás 20:15 h. 

Casa da Cultura – Poeta Lois Pereiro


 



 



FERNANDO RAÑA …………………………… Frauta


Nace en Pontesampaio (Pontevedra) en 1970. A moi curta idade inicia o seu contacto coa música e pronto centra o seu interese na frauta traveseira, motivo polo que se traslada a Madrid onde remata os estudos no Conservatorio Superior de dita cidade coas máximas calificacións (1988). Posteriormente estuda con Magdalena Martínez, profesora coa que conseguirá o Performers Diplomation da Guilhald School de Londres. Como complemento a súa formación tamén recibe clases maxistrais dos máis prestixiosos profesores.

Foi premiado en varias ocasións e en 1993 recibe unha beca do Festival Internacional de Música e Danza Manuel de Falla de Granada.

Ten colaborado con orquestras nacionais e extranxeiras, actuado baixo a máis dintiguidas batutas en

Ten gravados varios CD’s o último “A frauta e a arpa en Galicia” é, precisamente, o que contén o programa deste concerto.

En 1992 aproba a oposición ao corpo de profesores de conservatorio do MEC, sendo na actualidade catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo e invitado a impartir cursos de perfeccionamento e ofrecer recitais coma solista en salas e conservatorios de Suiza, Italia, Portugal, Lituania, Paises Baixos, Bélxica, Serbia, Montenegro, Albania ou Turquía.

No eido da investigación destacar o traballo realizado sobre a obra para frauta do compositor catalán Salvador Brotons o que lle valeu en 2018 o título de “Master de Teatro e Artes e Escénicas de Galicia” pola Universidade de Vigo.



ALBA BARREIRO …………………………………. Arpa


Nada en Vigo, os seus inicios musicais tiveron lugar tomando contacto coas súas raíces galegas a través do baile galego e a pandeireta, na Escola de Lembranzas Galegas de Vigo. Posteriormente, comezou os estudios de piano e un ano máis tarde ingresou na ETRAD na especialidade de arpa celta con Rodrigo Romaní. Pouco despois entrou na Orquestra Folk Sondeseu, participando no Festival de Ortigueira ós 15 anos. Con esta formación tivo unha longa traxectoria que a levou a participar en numerosos concertos, festivais internacionais e varios traballos discográficos.

Con 17 anos, ó rematar na ETRAD, iniciou os estudos de arpa clásica con Céline Landelle, arpista da OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia). Entrou pouco tempo despois na OJSG (Orquesta Joven de Galicia) onde tomou o seu primeiro contacto co repertorio sinfónico. Formou parte desta orquestra durante varios anos como arpista principal. Máis adiante completaría os seus estudos superiores de arpa en Musikene (Conservatorio Superior de Música do País Vasco) coas arpistas Frédérique Cambreling, Christine Icart e Elisabeth Colard.

Como solista estreou a obra Pórtico da Illa de Monteagudo para arpa e orquestra de Juan Durán. Coa Real Filharmonía de Galicia en 2011 gravou, esta mesma obra, no traballo Atlantic Waters, actuando como solista na tempada 2022-2023. Colabora como solista con otras orquestras e comparte escenario con conxuntos e artistas de diversos estilos. Participando en distintos festivais



PROGRAMA


1.- Preludio, Alborada e Pandeirada (2023) J. Trillo (1942)
2.- Cels acolorits, Op. 134 (2015) S. Brotons (1959) 

    I.- Ennuvolat II.- Estrellat III.- Blau IV.- Tempestuos


3.- Sakura Sakura (2022) G. Bussi (1975) 

4.- Catro pezas galegas para frauta e harpa (2023) J. Durán (1960)
    I.- Cantiga de Marín II.- Fuches ti III.- Camariñas IV.- Quer que lle quer

2.1.25

Audición 445: Orquesta Clásica de Vigo

Venres 3 de Xaneiro de 2025

20:15 horas, Edificio Multiusos






Patrocinado polo Concello de Monforte de Lemos

Entrada de balde


Orquestra Clásica de Vigo. 40 aniversario



A Orquestra Clásica de Vigo, decana de Galicia, é unha formación de música clásica que aposta pola innovación, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos.

Nos 40 anos de historia da entidade, as obras interpretadas superan as 500, sendo isto un exemplo de aposta pola diversidade na música. Nos últimos anos realizou propostas de danza, cinema en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas.

Polos seus atrís pasaron máis de 800 instrumentistas de toda Galicia, con máis de 160 solistas.

A Orquestra Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se entende como unha oportunidade para explorar a riqueza do patrimonio musical e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.

1.- F.J. Haydn ___ OBERTURA en Re mayor, Hob. Ia: 7

2.- P. I. Tchaikovsky ___ O LAGO DOS CISNES – Suite Op. 20 (selección)

I.- Vals II.- Danza dos cisnes III.- Danza Española IV.- Mazurca

3.- Josef Strauss ___ SPORT – Polca, Op. 170

4.- Johann Strauss ___ INDIGO – Marcha, Op. 349
5.- F. Chueca ___ PASARÚAS DOS BARQUILLEIROS - de “Agua, Azucarillos y Aguardiente”
6.- T. Bretón ___ SEGUIDILLAS - de “La Verbena de la Paloma”
7.- R. Soutullo ___ REDONDELA – Pasodoble


DIRIXE: MANUEL MARTÍNEZ ÁLVAREZ-NAVA