27.5.23

Audición 427: Quinteto Orquestra Vigo 430

Mércores 31 de maio de 2023

20:15 horas

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro


 
 

O proxecto da Orquestra Vigo 430 nace no 2005 (por entonces coa denominación de Ensemble Vigo 430) de un xeito completamente independente, aínda que adquire a súa configuración definitiva a partires do 2014 xa baixo o patrocinio do Concello de Vigo. O seu obxectivo principal é dotar á cidade dunha formación orquestral profesional propia, constituída na súa maior parte polos máis brillantes expoñentes das novas xeracións de músicos galegos, así como por destacados músicos freelance do resto de España e do estranxeiro. Esta combinación entre o talento propio e a aportación foránea é unha característica que este proxecto considera esencial para a obtención do resultado artístico que se marca como obxectivo. A elo súmase as colaboración con solistas e directores de prestixio internacional.

Outro dos principais retos que persegue o proxecto da OV430 consiste no achegamento da música clásica a novos públicos potenciais, así como ás novas xeracións de oíntes, tratando de eliminar a barreira psicolóxica que, para gran parte da poboación, existe á hora de achegarse a un concerto de música clásica. Para elo a programación frecuentemente incluie propostas de carácter interdisciplinar, así como formatos novedosos e sorprendentes.

A orquestra conta co patrocinio do Concello de Vigo a través de unha subvención anual que lle permíte desenrolar unha tempada de concertos estable, para a que conta con prestixiosos solistas e directores invitados. É orquestra colaboradora da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, estando presente en todas as súas tempadas operísticas desde o ano 2013. Asimesmo é «orquestra adherida» da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (AEOS). No ano 2014 recibíu o premio «Martín Códax» da música.

 
Por qué 430? Un estándar de afinación e unha filosofía de traballo

A creación de estándares de afinación foi unha das principais razóns que permitiron a evolución da música orquestral, que músicos de diferentes países e cidades puidesen tocar xuntos en calquera parte unha mesma partitura e dun mesmo xeito.

Foron moitos os diferentes estándares de afinación musical ao longo da historia, e incluso hoxe en día, a pesar de estar fixado pola Organización Internacional da Estandarización o la e 440 hz son moitas as orquestras que afinan en 443. Temos que ter en conta que esta estandarización non se produce ata o 1955 pero que dende a instauración da música tonal foron múltiples os intentos de regularización e varios os que acadaron un oco na historia da música.

A afinación a 430 Hz foi quizás a primeira baseada en estudios científicos e é coñecida como a afinación filosófica ou científica, por basearse na conveniencia matemática da mesma. Pero esta corrente, a pesar do seu corpus teórico, nunca obtivo o recoñecemento oficial que na época (S.XIX) si acadou o 435 e que se estableceu como ton internacional na conferencia sobre o ton de Viena de 1887.

A pesar diso o 430 foi un dos estándares más populares durante o período clásico. O proxecto Vigo 430 toma o nome desta afinación filosófica non polo seu interese en utilizala como estándar se non polos seus valores: o rigor, o carácter científico, o valor da argumentación e a importancia da pervivencia de propostas diferentes e da existencia de alternativas.

 

Programa

 
 Josef Haydn, Cuarteto de corda en sol maior Op 76 nº 1
  1. Allegro con spirito

  2. Adagio sostenuto

  3. Menuetto. Presto

  4. Allegro ma non-troppo

 
W. A. Mozart, Quinteto con clarintete en la maior
  1. Allegro 
  2. Larghetto
  3. Menuetto - Trio I - Trio II
  4. Allegretto con variazioni