4.11.14

Audición 368. MUSICA ANTIQUA VIVA


12-11-14 ás 20:15 horas
Casa da Cultura.


https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTRmhaWHdCNE1rWGs/view?usp=sharing

COMPOÑENTES:

Pavel Fajtl – violín.
Martina Macko – soprano.
Jan Vasta – violín.
Otakar Salajka – viola.
Jan Škrdlik – violonchelo.
Jiri Šicha – contrabaixo
Katerina Bilkova – cravo.


Esta agrupación escomenzou a súa andadura musical nos anos 90 en Brno, importante centro cultural da República Checa. Os seus compoñentes son eminentes músicos membros da Filarmónica Brno e da Orquestra de Ópera do Teatro Nacional de Brno; todos eles con experiencia en xiras por todo o mundo.
Dende a súa presentación en Brno desenvolve unha intensa actividade concertística, participando con éxito perante case vinte anos na vida musical tanto no seu país coma no exterior, ofrecendo concertos en diversas salas, igrexias e festivais internacionais de música.
A súa composición é variable segundo o programa a interpretar e vai dende os 6 músicos de corda ata os 16 integrantes ( unha pequena orquestra de cámara clásica ) e abrangue un repertorio moi variado que inclúe as obras que van dende os mestres barrocos ata a música moderna. Realiza de cotío as grabacións para a Radio e Televisión Checa en Brno e colabora cos renonbrados solistas instrumentais e vocais checos e extranxeiros. A crítica especializada aprecia o seu sentido da música así coma o seu cultivado son e precisa execución das obras interpretadas.
Jan Škrdlik – violonchelo
É o líder artístico e un dos fundadores de Musica Antiqua Viva. Procede dunha familia de músicos. Jan Škrdlik, está consierado hoxe en día coma un dos máis renombrados solistas de violonchelo na República Checa. Tras realizar os seus estudos musicais na Academia de Música Janáček en Brno baixo a dirección de J. Hališka e B. Havlík, perfeccionóuse con D. Veis en Praga e completou a súa formación musical con L. Claret en Barcelona.
Polos seus éxitos na difusión das obras dos compositores checos no seu país e no exterior obtivo o premio do Fondo de Música Checa e outras distincións máis.
Paralelamente a súa carreira de solista adícase intensamente á música de cámara e colabora con diversas agrupacións de cámara, ( Cuarteto Wallinger, Brno Chamber Soloists e Musica Antiqua Viva ).
Perante os últimos 20 anos levou a cabo máis de 1.000 actucións na maioría de países de Europa, os EEUU e Asia. O seu CD coas suites para violonchelo de J.S. Bach foi escollido pola casa discográfica xaponesa Geocities entre os 10 títulos máis representativos da música checa. A súa discografía contén a literatura para violonchelo de todolos estilos musicais. Dende 2003 ocupa o posto de profesor de violonchelo no Conservatorio de Brno.


Martina Macko – soprano.
Graduóuse na Academia de Música Karel Szymanowsky en Katowics ( Polonia ). Completou os seus estudos de música e canto en diversos cursos especilizados ( canción polaca e francesa, música barroca e clásica, ópera francesa entre outras ). A súa actividade concertística orientase básicamente á interpretación da música relixiosa: Pergolesi, Monteverdi, Handel, Vivaldi y Mozart.
É unha das fundadoras do grupo barroco Belladona Trío e colabora coma solista con diversos conxuntos, directores e orquestras. Participa regularmente nos festivais internacionais de música en Polonia, República Checa, Hungría, Alemaña, Austria e Italia. Cabe suliñar a súa colaboración co tenor italiano C. Callighieri no proxecto das arias de ópera italianas. Levou a cabo gravacións de música barroca para a Radio Checa. Dende o ano 2004 é profesora de canto no Conservatorio de Música en Kromĕříž na República Checa. Con frecuencia é invitada a tomar parte en concursos internacionais de canto coma membro do xurado



( Programa )


Aria “ O Rei de Reis e Aleluia “ para soprano e cordas HWV 50b


  • Georg Fredrich Handel ( 1685 – 1759 ) ( 15´ )
Concerto para violonchelo e cordas en si bemol menor
Allegro moderato
Andante non troppo
Allegro molto


Recitativo e Aria “ A questo seno deh vieni “ ( 9´ ) (Youtube, por otros intérpretes)


HumoresqueOp. 101, arreglo para orquestra de cordas ( 5´ )


Peer Gynt “, SuiteOp. 23, arreglo para orquestra de cordas ( 15´ )
A canción de Solveig  (Youtube por otros intérpretes)
No profundo do bosque de coníferas
A danza de Anitra
Na gruta do rei das montañas


Battalia 1673 C61 ( 15 ´ )
Presto I. A borracheira dos mosqueteiros
Presto II. A marcha
Presto III. O lamento dos caídos