Casa da cultura Poeta Lois Pereiro
26 de decembro 2017, 20:15 horas
CONCERTO DE NADAL
Trío Familia Moryatov.- A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola música senón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.
Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do recentemente creado Centro Musical “Kalinka” na Coruña.
Irina Moryatova, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos.. Deu Clases Maxistrais en España e Portugal. Participou en varios Festivais Musicais.
Como pianista, ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara, colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas residentes na Comunidade Autónoma Galega. Dende 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupación, xa son máis de cen.
Mijail Moryatov, o fillo, é un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes actualmente en España, naceu en Rusia e aos cinco anos comezou a sua carreira violinística, despois de estudar cos profesores máis ilustres e eminentes de San Petersburgo(Rusia). No 1986 superou as probas de acceso á Escola superior de Conservatorio de San Petersburgo, que rematou coas máis altas cualificacións no 1994. Así e todo dou anos antes, no 1992, aprobou as oposicións para a O.S.G. con tan só 17 anos, o que fixo que fora o membro máis novo de dita formación. Desde ea data vive e traballa en Galicia. Nos anos 1994 -1996, foi profesor no conservatorio de Ferrol , asemade no tempo que leva vivindo en Galicia, desenvolveu un importante labor docente por toda a Comunidade.
Mijail Moryatov, foi gañador e finalista dos prestixiosos concursos internacionais de violín celebrados en España nos anos 1996 e 1997. Foi o creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, así como dos destacados grupos Lira, Cantábile, Noite na auga e Fantasía, cos que realiza uns 40 concertos anuais por toda España facendo concertos tamén como solista. Ten tres CD´s gravados: Aire Fresco (2001); Galicia no meu corazón (2006) e Música mundi (2010).
PROGRAMA I
P. I.THAYKOVSKY (1840-1893)
- MESES DO ANO (Versión para trío)
1.- Febreiro ………………………………………………… Carnaval
2.- Abril …………………………………………...…. Frol das neves
3.- Outubro …………………………………….. Canción de outono
4.- Decembro …………………………………………………. Nadal
- DE “A BELA ADORMECIDA” …….. ………..…….Solo de Violoncelo
- MEDITACIÓN OP.72 Nº5 ……………………………………. Para Piano
- DO “LAGO DOS CISNES” ……………...……. Danza rusa para Violín
II
- J. BRAHMS …………………………………….. Danza Hüngara Nº6
- A. PIAZZOLLA …………………………………………..……… Oblivión
- A. PIAZZOLLA ………………………………………………... Libertango
- S. JOPLIN ……………………………………………………….. Ragtime
- I. BERLIN ………………………………………………... Blanca Navidad
- V. MONTI ………………………………………………………… Czardas
- J. STRAUSS …………………. VALS “ Fermoso Danubio Azul” OP.314
Caspervek Trio naceu
en 2013 dentro do Conservatorio de Música de Vigo, cando dous dos
seus membros, e Blas Brais González Castañer, musicalizar xuntos
para vivir o clásico Friedrich Wilhelm Murnau "Nosferatu".
Tras esta primeira presentación, que se xunta ao grupo Eduards
Vecbastiks violinista. Xuntos, eles comezan a explorar o legado
cinematográfico dos anos 20 e nos primeiros cinco meses de vida
estreou cinco bandas sonoras para clásicos do cine mudo. Esta estrea
meteórica colócase como "a gran sorpresa de 2014", en
palabras da prensa.
O grupo diversifica
a súa proposta escénica e comeza a realizar as súas propias obras
audiovisuais. No verán de 2014, en colaboración coa Universidade de
Santiago de Compostela ea cidade de Lalín libera "Omnes",
unha sinfonía visual en 9 movementos enteiramente polas ofertas de
grupo con temas diferentes 11882352 529237513900149
9002306570705696090 oreferentes á violencia de xénero e
discriminación. Aquel mesmo verán, o trío estrea nos dous
festivais importantes e moi distintas, como a Vía Stellae de
Santiago de Compostela (con foco en música antiga, onde o grupo
ofrece a súa versión de varios barroco clásico) e festival de
música alternativa SinSal.
En 2015 o trio fixo
a súa primeira xira europea en máis de 10 países do vello
continente tocando en escenarios importantes da cultura europea como
o Museo Nacional de Arte de Estoniana, a Baltais Auditorio Fligelis
de Letonia ou Flux Gallery Budapest. No verán de 2015, Caspervek
ofrece 6 películas en The Urban Praia Cinema (Madrid), un dos cines
máis exterior España recollendo miles de persoas para presenciar as
súas versións de clásicos como "As Aventuras do Príncipe
Achmed" "O Gabinete do Doutor Caligari" ou "Amanecer".
A formación clásica
dos seus compoñentes, xunto co uso de recursos de jazz, minimalismo,
música electrónica ou popular compoñen a paisaxe sonora Caspervek
Trio. Esta pantalla musical serve como unha ferramenta para construír
o seu propio escenario performativa onde a percepción sensorial e
sinestesia xogan un papel fundamental.
Caspervek Trio tamén
realiza un traballo educativo e pedagóxico importante, traer o
patrimonio cinematográfico para os máis novos. Proba diso son os
ciclos realizados co Museo de Arte Contemporánea de A Coruña ou
Festival da primavera facer Cine de Vigo.
28 de setembro 2017 , 20:15 horas
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
AUREUM ENSEMBLE
Carlos Núñez Deza .………………………………………… frauta
Esteban Vaquero Baquero .………………………………… óboe
Santiago Comesaña Álvarez ………………………….. clarinete
Jorge Manuel Fuentes Arce .……………………………. trompa
Johanna Suárez González .………………………………… fagot
Cristina María Rodríguez Boado .………………………… piano
Notas biográficas:
Aureum Ensemble nace en 2016, froito da inquietude de varios profesores do Conservatorio Profesional de Música de Ourense por interpretar música escrita para quinteto de vento.
Todos os seus membros, ademáis do labor docente que desempeñan, teñen participado ó longo da súa traxectoria profesional con diversas formacións, tanto camerísticas como sinfónicas.
Durante o 2017 fixeron no seu centro un seminario adicado á interpretación de repertorio para quinteto, onde se atopan obras de diferentes épocas e estilos. Ademáis, colaboran con outros instrumentistas para ampliar a propia formación.
Dentro do seu repertorio inclúen obras de compositores galegos da actualidade, e dentro dos seus proxectos está o labor pedagóxico enfocado á realización de concertos didácticos
Xoves 29 de xuño
Igrexa dos Escolapios
20:15 horas
Entrada gratuíta ata completar aforo
Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de meirande proxección en España ademais dunha marca internacional con seguidores nos cinco continentes a través da súa canle de YouTube.
A OSG, cuxo director titular desde a temporada 2013-14 é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Ademais, a súa presenza nacional e internacional foi constante, con concertos nas mellores salas en España e con varias xiras por Alemaña e Austria. En 2007 realizou unha xira por América do Sur —con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo—, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu dous concertos nos Emiratos Árabes.
Tanto para os seus concertos internacionais como para os seus programas de abono a OSG conta con solistas instrumentais e vocais de recoñecido prestixio, e sempre dirixidos pola batuta dos mellores mestres internacionais.
Na ampla discografía, gravada cos mellores selos, figuran nomes de grandes directores e solistas, sendo de subliñar a feita con Manuel Barrueco, que foi proposta para o premio Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano.
A súa canle de YouTube ten rexistradas máis de 2.100.000 visualizacións, e unha media mensual de 106.000, desde 222 países, as retransmisións en streaming HD iniciadas na temporada 14-15 supuxeron a súa proposta para o premio Classical: Next Innovation Award 2015.
A OSG foi premiada coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e é Premio da Cultura Galega da Música 2010.
A OSG está financiada polo Concello da Coruña, a Xunta de Galicia e mais a Deputación da Coruña.
Aarón Zapico Director
Nado en Asturias, é un dos directores que con máis forza irrompeu, recentemente, na escena da música antiga en España, grazas (segundo di a crítica especializada) “a unha interpretación elegante, plástica e de dinámicas variables e cheas de matices”
De formación clásica titulouse en piano no CSM de Oviedo, especializándose no Real Conservatorio da A Haia en clave e música antiga, recibindo dos máis grandes especialistas mundiais leccións e consellos da interpretación histórica.
Comprometido coa recuperación da música española dos séculos XVII e XVIII, dirixiu numerosas estreas en tempos modernos dos grandes autores nacionais. Tendo tamén inquedanzas pola música contemporánea ten colaborado con grandes representantes da mesma.
Foi profesor dos conservatorios de Murcia e Oviedo. Sendo profesor colaborador en cursos de música antiga e impartindo clases maxistrais en moitos lugares do mundo.
Fundador en 199 do conxunto de música barroca Forma Antiqva co que ten feito numerosas xiras internacionais. Foi fundador e director da Academia e Música Antiga, é director do Festival de Música Antiga de Xixón, participa na fundación GEMA e na Plataforma de docentes, concertistas, compositores e investigadores do principado da Asturias.
Sendo cada vez máis demandado como director invitado polas mellores orquestras do país, estreándose coa OSG neste ano 2017.
Foi merecedor de galardóns e premios tanto en Asturias como no resto do país.
CLAUDIA WALKER MOORE
Flauta solista
JOHANN SEBASTIAN BACH
Suite n. 1 BWV 1066
VICENTE BASSET
Obertura a più stromenti
GEORG PHILIPP TELEMANN
Concerto Polon TWV 43:G7
JOHANN SEBASTIAN BACH
Suite n. 2 BWV 1067
VICENTE BASSET
Apertura a più stromenti
GEORG PHILIPP TELEMANN
Don Quichotte, TWV 55:G10
Podes descargar en PDF a programación da temporada do 25 aniversario, que remata precisamente en Monforte, ou a do ano que ven 17-1.
Xoves 25 de maio de 2017 ás 20,15 h.
CASA DA CULTURA - Poeta LOIS PEREIRO
Entrada libre ata completar aforo.
ALDARA
OTERO FERNÁNDEZ, violín
MARÍA
GUEDELLA LÓPEZ, guitarra
DYANGO
PÉREZ RODRÍGUEZ, percusión
SANTIAGO
ALONSO BARTOLOMÉ, saxofón
II
CONCERTO DEBUTANTES
Este II concerto debutantes, establécese no marco de colaboración entre a Sociedade Filarmónica de Monforte, o propio conservatorio municipal e a concellería de educación do Concello de Monforte. Nel participarán alumnos/as que neste último curso lectivo 2016/17 acaban de rematar os estudos de grao profesional
CONSERVATORIO
PROFESIONAL DE MÚSICA “MESTRE IBÁÑEZ”
O conservatorio profesional de música “Mestre Ibáñez”, dependente do Concello de Monforte de Lemos, inicia a súa andaina no eido da educación musical en outubro do ano 2000. Podemos dicir que aínda que se trata de un conservatorio municipal, o seu ámbito é claramente comarcal, non en balde fórmanse nel alumnos de tódolos Concellos limítrofes con Monforte, así como da zona de Sarria, Chantada, Valdeorras e incluso O Bierzo.
O centro conta con 10 profesores de distintas especialidades e dende a súa apertura ata data actual, uns 600 alumnos recibiron formación académica neste centro.
No conservatorio municipal de Monforte pódese acadar o certificado de grao elemental e o título de grao profesional en música.
Actualmente neste centro pódense estudar as especialidades de Piano, Violín, Viola, Guitarra, Clarinete, Frauta, Saxofón, Trompeta, Trombón, Tuba, Bombardino e Percusión.
ALDARA OTERO FERNÁNDEZ, Nada en Monforte de Lemos no ano 1999, inicia os seus estudos no Conservatorio Mestre Ibáñez aos 8 anos baixo a ensinanza de Diana Rego Marín e posteriormente de Miguel Álvarez Fernández, profesor con quen remata os estudos de grao profesional de violín. Recibiu clases tamén de Anca Smeu, Massimo Spadanno e Grigori Nedobora
- Sarabanda de la Partita 2------J.S Bach. (Ao piano: Lucas López López)
- Malagueña-----------Pablo de Saratate (Ao piano: Lucas López López)
MARÍA GUEDELLA LÓPEZ, Nace en Monforte de Lemos no ano 1999. Comeza os seus estudos musicais ós 8 anos de idade no Conservatorio Profesional de Música “Mestre Ibáñez”,onde remata os estudos profesionais de guitarra co profesor Andrés Campanario Rodríguez
- Woven World------------------------------------------------------------------------ Andrew York
- Agua e Vinho-----Egberto Gismonti (Con: Andrés Campanario Rodríguez)
- Danza de la Vida Breve---Manuel de Falla (Con: Andrés Campanario Rodríguez)
SANTIAGO ALONSO BARTOLOMÉ, Nado en Monforte de Lemos no ano 1998. Inicia aos 8 anos os seus estudos de saxofón no Conservatorio Mestre Ibáñez, onde remata os estudos de grao profesional co profesor Alberto Loureiro Casas.
- Fantasía ----------------------------------------------- J. Demersseman
- Suit Hellénique ---------------------------------------------- P. Iturralde
I.-Kalamatianos
II.-Funky
III.- Vals
IV.-Kritis
Acompañado ao piano por Lucas López López
DYANGO PÉREZ RODRÍGUEZ Nado en Santa Cruz de Tenerife no ano 1986. Comeza a súa formación musical na escola de música de Sarria a idade de 11 anos. No ano 2005 inicia os estudos profesionais de Percusión no conservatorio de Lugo. No ano 2015 ingresa no conservatorio Mestre Ibáñez de Monforte para rematar os seus estudos de grao profesional co profesor José Luis García.
Asistiu a cursos formativos con Marcus Leoson, José Antonio Trigueros e Manel Ramada entre outros. Participou en diversos concertos coa banda da federación galega de bandas de música.
- Preludio da Suite nº1 en Sol M (marimba)----------------------------------------- J.S.Bach
- Snare drum – suite (caixa)------------------------------------------------------- Siegfried fink
O dúo de frauta e arpa Finisterrae nace en 2008 na Hochschule für Musik Detmold, en Alemaña, onde André e Bleuenn completan os seus estudos superiores. A súa formación musical lévalles a estudar nos corservatorios de Santiago de Compostela, Salamanca, San Sebastián, París e Frankfurt cos profesores máis prestixiosos do panorama musical actual. Ámbolos dous forman parte da JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) e da GMJO (Gustav Mahler Jugendorchester) o que lles dá a oportunidade de tocar nas salas de concertos europeas máis importantes (Musikverein de Viena, Royal Albert Hall de Londres, Teatro San Carlo de Nápoles, Conceertgebouw de Amsterdam ou Tonhalle de Zurich). Así mesmo é frecuente a súa participación coas Orquestras de Galicia, Castela e León, Euskadi, Cataluña, Canarias, Liverpool e nas óperas de Frankfurt, Dresden e Barcelona.
Tendo participado en diferentes festivais en Francia, Alemaña, Suiza e España (Vía Stellae, Portos Xacobeos, Fstival de Segovia, Música en Compostela, Festival Musique Clasique de Montreux). No 2010 foron seleccionados polo INJUVE (Instituto da la Juventud de España), para realizar numerosos concertos por toda España, No 2015, participaron no Concurso Internacional de Música de Cámara Antón García Abril acadando o terceiro premio ex aequo, así como o primeiro premio á mellor interpretación dunha obra de A. García Abrìl, pola obra “ Tres Vuelos”, nese mesmo ano foron premiados no Ciclo “ El Primer Auditorio” da Fundación Piú Mosso.
A súa faceta como interpretes non se limita a formación do dúo, xa que logo e habitual escoitalos con outros tipos de formacións, como no de frauta, viola e arpa ou o Natalia Ensemble. Así mesmo André e Bleuenn coa colaboración do clarinetista Angelo Montanaro e baixo a dirección escénica de Ana Vallés, son os protagonistas de “Otra noche en la Opera” un espectáculo músico-teatral, onde asumen un papel máis didáctico co obxectivo de achegar a música clásica a todo tipo de público.
Na actualidade Bleuenn e André compaxinan a actividade concertística coa docencia na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e no Conservatorio Superior de Mùsica de Aragòn
Creouse fai 11 anos, co obxectivo de salvar unhos nenos das calamidades estaba pasando, así foi como se montou un orfanato, para trinta nenos, nas aforas de Kampala, educándoselles integralmente cun trato personal, axuda e cariño, dándolles os estudios que precisan e axudándoos na súa integración no mundo laboral.
Asemade, axudamos de forma puntual a pequenas comunidades da contorna (entre outras, a escolarización de 10 nenos en Nansana) , axuda que prestan os propios rapaces o que redunda na súa propia formación.
A Música e a danza, xogan un dobre papel no proxecto, por unha banda o seu carácter terapéutico axuda a compensar as carencias (cariño, atención, etc.) que sufriron os nenos e por outra é a maior fonte de financiación do proxecto.
A Financiación, Coa axuda de 75 socios e padriños cúbrese a cuarta parte das necesidades, recibindo o resto das actuacións artísticas e CONCERTOS, é dicir da marxe de beneficio que queda dispois de cubrir os gastos, xa que logo, a práctica totalidade das axudas oficiais que se reciben, na realidade, son donativos pola actuación de calqueira dos cuatro grupos que temos formado musicalmente, UGANDA NATUMAYINI, ABA TAANO , AF NDANZA o KAWÁ. Por todo elo necesitamos axuda para cubrir todos os gastos do orfanato (salarios, colexios e escolas especializadas, etc.). Pero gracias a Deus, hoxe en dia podemos ver moitos e moi positivos resultados, de todo o labor feito, o que é altamente gratificante.
ABA TAANO
Nabbaale Harriet – Mezzo Kimeze Joshua – Baritono
Kamoga Morris – Bajo
Mayanja Louis - Bajo
Ssenteza Derrick - Bajo y Director
PROGRAMA
Great is he …………………… (Traditional Gospel -USA) Nohamba ………….. (Gospel Tradicional -Africa del Sur) Shosholoza- (EL tren de las Minas de Oro -Africa del Sur) Senezeni na …………….. ( Pero, ¿ Por qué?- Zimbawe) Hail Mary ……………... (Ave María. Carey Landry -USA) Ukhutula …………………… (Canto de Paz -South Africa) Riding the Charriot ………… (Gospel Tradicional -USA) Amazing Grace …………….. (Gospel Tradicional -USA) Khumbaya ………………… (Gospel Tradicional -Kenya) It is well ……………………………… (Gospel Tradicional) Kitamaya ……………….. (Gospel Khosa -Africa del sur) I just called …………………………….. (Stevee Wonder ) Woza …………………………… (Gospel Tradicional Zulu)
ALICERCE no idioma Galego posúe tres acepcións que teñen en común a importancia da base na construción dun proxecto: “Un edificio con sólidos alicerces”.
Os integrantes do Cuarteto ALICERCE entenden que eses principios de solidez veñen dados dende varios camiños. Un deles, quizáis o más importante, sexa a amizade xestada a través dos anos entre os catro e articulada a través de diferentes proxectos musicais que os levan a formular esta nova proposta de música de cámara.
Outros deses camiños son o repertorio que deciden afrontar e o xeito de facelo: Música para cuarteto dos períodos clásico e primeiro romanticismo europeos interpretada con instrumentos encordados en tripa. Esta época da música occidental supón posiblemente o fundamento das formas e a linguaxe da música de cámara. A escolla das cordas de tripa ven dada pola experiencia acumulada polos catro no campo da música antiga e que lles leva a considerar que é o mellor xeito de recrear a sonoridade e o espíritu desas obras.
O Cuarteto ALICERCE naceu dun concerto organizado pola Universidade de Santiago de Compostela que tivo lugar no Paraninfo da Facultade de Historia en Xuño de 2016, onde interpretaron as “Sete últimas palabras de Cristo na Cruz” de Joseph Haydn. Tanto a obra como o marco onde se interpretou foron sen dúbida bos alicerces para o xurdimento deste proxecto.
I.- PAI, PERDÓAOS, PORQUE NON SABEN O QUE FAN ……........………… Largo
II.- HOXE ESTARÁS CONMIGO NO PARAISO………………........ Grave e cantábile
II.- MULLER AHÍ TES O TEU FILLO, E TI AHÍ TES A TUA NAI ………….. Grave
IV.- DEUS MEU!, DEUS MEU!, POR QUÉ ME ABANDONACHES? ………... Largo
V.- TEÑO SEDE …………………………………………………………………......….. Adagio
VI.- TODO ESTA CONSUMADO ……………………………………………..…….… Lento
VII.- PAI, NAS TUAS MANS POÑO O MEU ESPÍRITU ………… Largo con sordini
TERREMOTO ………………………………………………...... Presto e con tutta la forza
NOTAS AO PROGRAMA
“As Sete Palabras de
Xesucristo na Cruz” é sen dúbida, un dos traballos máis
profundos do seu autor, e ten a súa orixe nun inusual encargo.
Cara a 1780 a sona de Haydn
estendíase por toda Europa. Por aqueles anos o compositor, liberado
xa da obriga de traballar exclusivamente para o príncipe de
Esterházy, compuxo un bo número de obras por encargo: a este
período pertencen As
Sete Palabras
escritas para Cádiz.
Haydn escribiu a obra
probablemente en 1786, e ao ano seguinte a editorial vienesa Artaria
publicouna en tres versións: unha para orquestra –que sería a
orixinaria-, unha segunda para cuarteto de corda, e unha máis en
redución para piano.
Para enmarcar axeitadamente As
Sete Palabras no
seu contexto debemos referirnos ao destino que se pretendía dar á
obra:
El EJERCICIO DE LAS TRES
HORAS era unha
práctica relixiosa orixinaria das misións Xesuítas do Perú e
estendida dende mediados do século XVII en Hispanoamérica e,
posteriormente, en España. Tiña lugar o Venres Santo entre as doce
e as tres da tarde, e rememorando as “sete palabras” –sete
frases– que pronunciou Xesús dende a cruz.
Un Xesuíta peruano, Alonso
Messía Bedoya (1655-1732), tivo a idea de introducir interludios
musicais entre os comentarios a cada unha das palabras, e divulgou
esta práctica mediante un libro titulado Devoción
de las Tres Horas de la agonía de Cristo... y Método con que se
practica en el Colegio de la Compañía de Jesús de Lima y toda la
Provincia del Perú
editado primeiramente en Sevilla (1757) e posteriormente
en diversas cidades españolas.
En Cádiz téñense novas
desta práctica cara a 1730, que por indicación do Bispo
trasladáronse á Igrexa do Rosario no centro da cidade e alí, en
1756, con motivo dunhas obras de reforma, descubriuse un subterráneo
que foi acondicionado para a congregación e comezou a chamarse La
Santa Cueva. En
1766 José Sáenz de Santamaría, Marqués de Valde-Íñigo, fíxose
cargo da dirección dos congregantes de La
Santa Cueva que
eran xa moi numerosos. Como o recinto quedara pequeno, comprou unha
casa adxunta e ampliouno construíndo unha austera capela subterránea
de tres naves que se inaugurou en 1783.
Neste recinto, e non na
Catedral, é onde debemos situar As
Sete Palabras. O
feito é que para enriquecer os cultos de La Santa Cueva procurouse
unha obra de Joseph Haydn, o máis famoso compositor da época. Haydn
debeu recibir información moi detallada do desenvolvemento do acto
para o cal ía ser destinada a súa obra, o exercicio das tres horas.
É sorprendente a coincidencia de datos recollidos con exactitude en
testemuños diversos, como dous do propio Haydn no prólogo da
edición de 1801, e o case idéntico de Griesinger en 1810; pero hai
un testemuño máis de Albert C. Dies que corrobora os mesmos
detalles con toda precisión:
Haydn recibiu unha carta en Latín dun cóengo da catedral de
Cádiz en España. O que querían de Haydn era un solemne oratorio
para o Venres Santo. A cerimonia dentro da cal se interpretaría o
oratorio viña descrita con todo detalle, e pedíaselle a Haydn que o
tivese en conta. Eles reflexionaran longamente acerca das últimas
palabras que pronunciou o Redentor na Cruz. Haydn tiña que iniciar a
obra cunha introdución que anunciara a cerimonia. Despois un cóengo
subiría a un púlpito expresamente erixido na catedral, pronunciaría
con sentida expresión Pater dimitte illis, [...] e comentaríao cun
sermón (que duraría como máximo dez minutos); despois baixaría do
púlpito para axeonllarse ante unha imaxe do Crucificado de tamaño
natural levantada no centro. Aquí comezaría o primeiro adagio, que
(igual que todos os demais) duraría como máximo dez minutos.
Acabada a música, o cóengo levantaríase e subiría de novo ao
púlpito para falar de novo brevemente coma antes. Palabras e música
alternarían así ao longo do oratorio. O final viría cunha
representación musical do terremoto que seguiu á crucifixión. Toda
a igrexa, incluíndo altares e fiestras, estaría cuberta con
cortinas negras. Unha única lámpada no centro iluminaría o lutuoso
lugar.
Segundo a tradición gaditana
e a documentación dispoñible, As
Sete Palabras véñense
realizando ininterrompidamente en La
Santa Cueva dende o
S. XVIII ata a actualidade. O que cabe preguntarse é se a obra se
interpretou algunha vez en versión orquestral ou só na versión de
cuarteto, dado que ambas son tan próximas no tempo. Castro y
Serrano, que escoitou a obra en 1866, fala inequivocamente de
cuarteto: derrámanse
as notas tenues dos catro instrumentos [...], a impoñente ira daquel
cuarteto desbordado.
A tradición das Sete
Palabras segue
vixente en Cádiz e constitúe un gran feito para numerosos melómanos
e devotos gaditanos que ano tras ano acoden á representación o
Venres Santo. O silencio e a penumbra da cripta, o seu severo
decorado,
o seu afastamento do mundo exterior, crean un clima máxico e denso
onde o único referente é o drama maxistralmente realzado pola
música.
Sábado 11 de marzo de 2017
20:15 horas.
Igrexa dos Escolapios
CAMERATA BRIGANTINA
Este proxecto do que hoxe é unha xoven orquestra de cámara, viu a luz pública o sábado 14 de abril do 2007 no que foi o seu concerto de presentación na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo (Betanzos).
Baixo a batuta do director Florian Vlashi, violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia e director do Grupo Instrumental Século XX, a Camerata está formada por un grupo de instrumentistas principalmente da sección de corda. Ten como base o alumnado do Conservatorio Municipal de Música, o seu profesorado, ex-alumnado e componentes das Orquestras Xove e de Nenos da Sinfónica da Galicia, colaborando, en ocasións profesores da Sinfónica de Galicia creando así unha excelente escola orquestral para a mocidade.
O repertorio fórmase maiormente dos grandes mestres da música barroca e clásica mais tamén do romanticismo e do século XX sen esquecer a música española e galega clásica e contemporánea. Nas tempadas pasadas estreou obras dos compositores galegos Paulino Pereiro e Antón Vázquez Casas.
Á marxe dos habituais escenarios de concertos, a Camerata ofrece actuacións en escolas, centros da terceira idade, hospitais etc.
Fiel ao seu nome de orixe florentina (século XVI) e á súa filosofía da Italia renacentista, a Camerata Brigantina coida que a arte da música podería ser mellorada converténdose nunha forma de vida, e así a sociedade tamén melloraría.
Florian VLASHI, Concertino - Director
Violíns
Alma VILLAVERDE
Carla LÓPEZ
Cristina FREIRE
Despina IONESCU*