5.2.13

Que imos escoitar?

Programa do concerto do día 19-2-2013 ás 20:15

 Podes escoitar as obras do concerto e consultar as partituras das mesmas picando nos enlaces. As gravacións non corresponden ao grupo Sexteto de Praga. 

Nos enlaces pódese acceder a información sobre a vida dos autores


Primeira Parte

A. Dvorak ( 1841 – 1904 )

Sexteto de corda en La maior, Op. 48

(escoitar  interpretado por Musicians from Marlboro )

Allegro moderato.
Dumka ( Elegie ), Poco Allegretto.
Furiant, Presto.
Thema con variazioni, Allegro Grazioso, quasi Andantino.

-------------------------------------------

Segunda Parte


J. Brahms ( 1833 – 1897 )

Sexteto de corda nº 1 en Si bemol maior, Op. 18

(escoitar  interpretado por Musicians from Marlboro )

Allegro ma non troppo.
Andante ma moderato.
Scherzo. Allegro molto.
Rondo. Poco allegretto grazioso.

4.2.13

Audición 354-SEXTETO DE PRAGA

CONCERTO MES DE FEBREIRO

(martes, 19 de febreiro de 2013 ás 20:15)

SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA




SEXTETO DE PRAGA

Compoñentes:

Petra Vilankova – violín

Michal Sedlacek – violín

Ondrej Martinovsky – viola

Kristina Fialova – viola

Petr Nouzovsky – violonchelo

Lenka Kavalova – violonchelo

O PRAGUE STRING SEXTET ( SEXTETO DE PRAGA ) está formado por seis excelentes
solistas da xeración xoven de músicos checos que, ademáis de desenrolar as suas
carreiras como solistas con orquestras sinfónicas, participan con regularidade
en proxectos de música de cámara, concentrándose á interpretación das obras
máis interesantes da literatura mundial para a composición de sextetos. Os seus
compoñentes formáronse musicalmente en prestixiosos centros da República Checa,
algúns países de Europa e dos EE.UU.

A súa experiencia profesional básase en actuacións, ademáis da República Checa, en
diversos países europeos, Asia e América, participando e obtendo premios importantes
en festivais internacionais entre os que conta a medalla de ouro do Concurso Leos
Janacek e o primeiro premio no concurso Kocian na República Checa, tamén o
premio do público da Forbest Competition en Inglaterra e que confirman o seu alto
nivel artístico. O sexteto destaca pola súa técnica, virtuosismo, pureza de estilo e
o seu temperamento musical . Prague String Sextet tocou nos ciclos de música das
sociedades filarmónicas checas, festivais, programas para a radio e realizou algunhas
actuacións no estranxeiro.

PETRA VILANKOVA – VIOLÍN

Unha das mellores solistas de violín da xoven xeración. Iniciou os seus estudos de
violín no Conservatorio de Praga e continuou na Academia de Música en Praga. Foi
becada para completa-la súa formación musical en Michigan State University co
profesor Ch. Avsharian e tamén en Meadowmount School of Music e cos profesores R.
Ricci, Z. Bron, S. Marcovici, S. Yaroshevich. Ganou diversos concursos internacionais de
violín na República Checa, Francia e os EE.UU. O Primeiro Premio no Concurso ASTA
en 2007 e Segundo Premio como solista no Concurso ASTA en Michigan USA.

Ademáis da sua carreira como solista adícase á música de cámara. Compoñente
do Noneto Checo e Prague String Sextet, é fundadora de Orbis Trío, considerado
actualmente entre os mellores de Europa, especialmente despois de gañar o Concurso
Internacional de Hamburgo. Petra Vilankova actuou nos EE.UU., Alemaña, Austria,
Italia, Eslovenia, Bulgaria, España, no Walt Disney Hall nos Ánxeles. Coma solista
destaca nas súas actuacións coa Filarmónica de Cámara de Praga e diversas orquestras
checas e alemanas.

MICHAL SEDLACEK – VIOLÍN

Procedente dunha prestixiosa familia de músicos empezou a estudar violín á
idade de 4 anos. Despois de graduarse no Conservatorio de Praga continuou na
Academia de Música de Praga. No ano 2002 foille otorgada unha beca para estudar
en Meadowmount School of Music ( USA ) co profesor S. Shipps. A través de clases
maxistrais perfeccionou os seus coñecementos no estranxeiro cos profesores R.
Ricci, Y. Kaler, U. Hoelscher. Durante os seus estudos participou con éxito en varios
concursos e certámenes nacionais e internacionais. Debe mencionarse a súa victoria

absoluta no Concurso Internacional Kocian e a súa notable participación no Concurso
Leos Janácek na República Checa onde gañou a medalla de ouro. Dende 2009 é
asistente na Academia Internacional de Verán en Pilsen e solista principal na residencia
da Orquestra Filarmónica de Pilsen. Alterna as súas actividades de solista coa música
de cámara actuando con varias formacións; como primeiro violín do Cuarteto
Sedlacek, colabora co Prague String Sextet e a dúo co pianista Maxim Averkiev toca a
miúdo na República Checa e Alemaña.

ONDREJ MARTINOVSKY – VIOLA

Naceu en Praga e comenzou os seus estudos de música a idade de 5 anos primeiro co
profesor Z. Vyoral na Escola de Música de Praga e logo no Liceo de Música Jan Neruda
en Praga cos profesores M. Michova ( violín ) e K. Dolezal ( viola ). Baixo a dirección
de Karel Dolezal no Conservatorio de Praga, especializouse en viola. Tras rematar os
seus estudios continúa na actualidade a súa formación profesional na Academia de
Música en Praga co profesor L. Malý. Como estudante participou con éxito no proxecto
Academia Orquestral da Filarmónica de Cámara de Praga. Participou nas xiras polo
estranxeiro de Gustav Mahaler Jugendorchester e Youtube Symphony Orchestra.
É compoñente da Filarmónica Checa e colabora con diversos grupos de cámara: o
Noneto Checo, o Sexteto de Praga. Como compoñente do Noneto Checo realizou unha
xira polos EE.UU. Toca un instrumento do obradoiro do maestro M. Komárek (2003).

KRISTINA FIALOVA – VIOLA

Naceu no seo dunha familia de músicos e empezou os seus estudos musicais ós 4
anos de idade. Recibiu unha beca para participar nos cursos de perfeccionamento
en California con Sheila Brown. Posteriormente participou nos cursos maxistrais
con J. Honer, Ch. Avsharian e profesor T. Frederikson en Semmering ( Austria ).
No 2009 gañou o concurso para participar no Encontro De Música e Academia de
Santander co profesor W. Christ. Obtivo diversos premios en competicións nacionais
e internacionais na República Checa, Eslovaquia e Gran Bretaña ( Forbest Competition,
premio do público ). Colaborou con The Young Sound Forum of Central Europe,
European Union Youth Orquestra, Orquestra de Cámara Eslovaca de B. Warchal, Haas
Chamber Orchestra Prague, Filarmónica Pilsen, Filarmónica Martinú de Zlin. Actuou
en Eslovaquia, Alemaña, Polonia, Gran Bretaña, Austria, Noruega, Dinamarca, Holanda,
Francia, Italia, España e os Estados Unidos. Dende setembro de 2010 integra a
Copenhagen Philarmonic Orquestra ( Dinamarca ) e perfeccionase na clase do profesor
T. Frederikson na Royal Danish Academy of Music. É compoñente de Prague Setring
Sextet.

PETR NOUZOVSKY – VIOLONCHELO

É considerado un dos máis brilantes violonchelistas checos. Formouse musicalmente
no Conservatorio de Praga e posteriormente na Academia de Música de Praga.
Na Escola Superior de Música en Dresden foi alumno do profesor W.E. Schmidt.
Completou os seus estudos no Conservatorio Real de Madrid ( I. Fantó ). Participou
en cursos maxistrais nos Estados Unidos ( M. Rostropovich ), en Alemaña ( B.
Pergamenschikov y F. Helmerson ), así coma con D. Geringas. Tomou parte nas leccións
Piatigorsky nos Ánxeles. A súa carreira profesional caracterízase por levar a cabo
recitais e concertos como solista con orquestras sinfónicas e de cámara, Filarmónica
Eslovaca, Orquestra Sinfónica da Radio Checa en Praga, Filarmónica de Pilsen,
Filarmónica de Pardubice e actuacións en países de Europa, Asia, Estados Unidos e
Arxentina. Tamén en festivais internacionais en España (Vendrell, Pau Casals ), Italia
(Bolzano ), Francia ( Prades ), Xapón ( Tokyo, Kyoto ), Arxentina ( Bos Aires ). Alterna
a súa actividade como solista coa música de cámara colaborando con Prague String
Sextet e Art Trío Bohemia. Levou a cabo grabacións para a Radio Checa en Praga e
grabou 10 Cds.

LENKA KAVALOVA - VIOLONCHELO

Estudou violonchelo no Conservatorio de Música de Pilsen e tras graduarse na
Academia de Música en Praga. Continúo os seus estudos cos profesores A. Vectomov
en Praga e M. Gendron en París. Entre os anos 1992 e 2001 estudou ciencias musicais
na Universidade Carolina en Praga.

A súa carreira profesional comenzou coa Orquestra Puellarum Pragensis na que
interviña tamén coma solista e o grupo barroco Gioia della Musica ó tempo que
colaboraba coa Ópera Mozart en Praga levando a cabo unha intensa actividade tanto
na República Checa coma en diversas xiras por países europeos. No ano 1994 fundou o
grupo Flores de Praga, constituido por solistas instrumentais e vocais, presentándose
en máis de 400 concertos na República Checa, Alemaña, Austria, Italia, Canadá e os
EE.UU. O conxunto grabou para a radio e TV e tamén un CD. Na actualidade participa
con éxito nos proxectos de música de cámara coa orquestra Virtuosi de Praga,
actuando en Alemaña, Eslovaquia, Austria, Italia, Turquía, Corea do Sur e América
do Sur. Froito desta colaboración son tamén algunhas grabacións discográficas e
programas para a radio e TV checas e ARD Alemana. Ademáis dos seus múltiples
concertos hai que mencionar o seu labor pedagóxico na Escola Internacional de Belas
Artes de Praga.

Primeira Parte

A. Dvorak ( 1841 – 1904 )

Sexteto de corda en La maior, Op. 48

Allegro moderato.
Dumka ( Elegie ), Poco Allegretto.
Furiant, Presto.
Thema con variazioni, Allegro Grazioso, quasi Andantino.

-------------------------------------------

Segunda Parte

J. Brahms ( 1833 – 1897 )

Sexteto de corda nº 1 en Si bemol maior, Op. 18

Allegro ma non troppo.
Andante ma moderato.
Scherzo. Allegro molto.
Rondo. Poco allegretto grazioso.