CASA DA
CULTURA, domingo 15 de setembro de 2013 - 20,15 horas.
Recoñecido
como pianista de gran categoría e un dos máis brilantes da súa
xeneración, Sergei Yerokhin interpretóu nas prestixiosas salas de
concertos: Wigmore Hall de Londres, Herkulesal de Münich, Teatro
Colón de Bós Aires, Gran Sala Verdi de Milán, Gran Sala do
Conservatorio de Moscú, Moscow International Perfomance Arts Center,
Filarmónica de San Petesburgo, … etc. así coma nos principais
Auditorios, Sociedades Filarmónicas e Teatros de España: Teatro
Real e Auditorio Nacional de Madrid, Palau da Música de Barcelona,
Palau da Música de Valencia, Palacio de Festivais de Santander,
Palacio de Euskalduna de Bilbao, Sociedade Filarmónica de Bilbao,
Teatro Victoria Eugenia de San Sebastián, Sociedade Filarmónica de
Alicante, Teatro Campo Amor de Oviedo, Sociedade Filarmónica de
Oviedo, Auditorio Manuel de Falla de Granada, Teatro Colón de A
Coruña, … etc.
Coma
solista, Sergei Yerokhin traballou coas Orquestras Filarmónicas de
Moscú, San Petesburgo, Minsk, Krasnoyarsk, Saratov, Irkustsk, Baku,
Sinfónica de Bos Aires, Sinfónica de Porto Rico, Filarmónica de
Bogotá, Filarmónica de Santo Domingo, Sinfónica de Panamá,
Sinfónica Nacional da Radio e Televisión Polaca, Sinfónica
Municipal de Caracas, Sinfónica de Sidney, Orquestra de Cámara de
Sidney, Orquestra de Cámara “ Brandenburgo “, Orquestra de
Cámara de Escocia… En España: Orquestra Sinfónica de RTVE, Real
Orquestra Sinfónica de Sevilla, Sinfónica de Valencia, Orquestra
Sinfónica do Principado de Asturias, Orquestra Filarmónica de
Málaga, Sinfónica de Euskadi, Sinfónica de Bilbao, Sinfónica de
Castela e León…
Colaborou
con directores de orquestra entre os que destacan nomes coma os de N.
Alexeev, S. Bishop – Kovacevich, M. Blaszczyk, E. Colomer, S.
Comisiona, A. Chesnokov, P.I. Calderón, J. Furst, E. García
Asensio, A. Gulianitskiy, A. Joo, V. Jurowski, J. Kochnev, J. López
Cobos, T.Mikkelsen, M. Pijarowskiy, V. Ponkin, A. Rahbari, C.
Riazuelo, A. Ros Marba, I. Shpiller, V. Sinayskiy, V. Sutek, A.
Vederenikov, A. Wit, V. Ziva, …
Os seus
recitáis e actuacións coma solista foron grabados e retransmitidos
por Radios e Televisóns de Rusia, Alemaña, Polonia, Francia, Reino
Unido, Italia, Francia, Australia, España, …
Nado en
Moscú nunha familia de músicos, Sergei Yerokhin despóis das
primeiras leccións do seu pai, estudia na Escola Central de Música
de Moscú con Vadim Sukhanov, debutando ós 16 anos coma solista coa
Orquestra Filarmónica de Minsk, interpretando o Primeiro Concerto de
Tchaikovsky e o Segundo de Rachmaninov. Continúa a súa formación
no Conservatorio Tchaikovsky de Moscú baixo a dirección de Dimitri
Bashkirov.
Sergei
foi laureado en máis dunha quincena de Concursos Internacionáis.
ALGUNHAS
CRÍTICAS SOBRE SERGEI YEROKHIN PUBLICADAS EN XORNAIS NACIONAIS E
INTERNACIONAIS.
“Artista
de acusada personalidade, posúe unha técnica prodixiosa, un dominio
absoluto do teclado pero sobor de todo, esa rica e exquisita
sensibilidade que é característica distintiva súa. Conquista con
facilidade polo seu son poderoso, porque matiza dun xeito
admirable e porque durante toda a súa actuación experiméntase a
sensación de que estamos asistindo a un acontecemento
verdadeiramente importante“.
“
Ideal “
“… brilante
artista ruso, Sergei Yerokhin entregou xunto ós músicos arxentinos
unha edición fenomenal do Concerto Núm. 2 de Sergei Prokofiev“.
“ La Prensa “, Bós Aires
PRIMEIRA
PARTE
- Allegro
- Scherzo: Assai vivace
- Adagiosostenuto
- Largo –Allegro risoluto
SEGUNDA
PARTE
Sonata n°2 Si Bemol Menor, op. 35 F.Chopin- Allegro inquieto
- Andante caloroso
- Precipitato