24.12.22

Audición 426. Quinteto Mozart. Concerto de Nadal

Mércores 28 de decembro, 20:15 horas

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro.





QUINTETO MOZART


Cristian Álvarez Sieiro………………………….…….…. VIOLÍN

Carmen Gallego Otero………………………………….. VIOLÍN

Irene Portela………………………………………….…… VIOLA

Alejandro Costas Martínez……………………… VIOLONCELO

  F. Javier Morgade Dobaño………………………... CLARINETE


Quinteto Mozart somos un grupo de amigos que dedicamos a nosa vida á arte da música en todas as súas expresións, a docencia, a investigación e a interpretación.

Ao longo de varios anos compartimos escenario en diferentes agrupacións sinfónicas e camerísticas, entre as que se atopa “Camerata Arven”, tamén a nivel individual cada un de nós desenvolvemos a nosa carreira como concertistas, motivo que nos obriga a manter o crecemento técnico e virtuoso para poñelo ao servizo da música a través das nosas interpretacións como grupo.

O quinteto para clarinete e cuarteto de cordas de W.A. Mozart foi inspirador para nós, pola súa simplicidade, calidade e beleza, aspectos que consideramos aceno de identidade deste grupo e motivo polo que nos embarcamos neste ilusionante proxecto, poñendo ao seu servizo toda a experiencia recollida por cada un de nós ao longo destes anos para desenvolver este proxecto de música de cámara con identidade propia. 

 

 

PROGRAMA


W.A. MOZART (1756-1791)


Quinteto para clarinete y cuarteto de cuerda en LAM K 581


I.- Allegro

II.- Larghetto

III.- Menuetto (trio I, trio II)

IV.- Tema con variazioni (Allegretto, Adagio, Allegro)


PIOTR ILICH TCHAIKOVSKY (1840-1893)


Suite Cascanueces (Selección)


I.- March

II.- Dance des Mirlitons

III.- Dance Arabe


JOHANN STRAUSS (1825-1899)


El Danubio azul –vals

7.12.22

Audición 425: Concerto de saxo e piano


Sábado 17 de decembro de 2022 ás 19:30 h.

ATENEO CASINO DE MONFORTE DE LEMOS

 

CONCERTO SAXO E PIANO



SARA MÉNDEZ ARIAS,  SAXOFÓN


Sara compaxina actualmente a labor pedagóxica coa artística e a investigadora, da man dos ensembles Container, Pulso e a Universidade Internacional de Valencia, onde cursa o Máster en Investigación Musical.

Anteriormente, formou parte de MANAMA, programa especializado en música contemporánea co ensemble Ictus, Spectra e a Universidade de Gante. Tamén realizou o Máster en Interpretación no Royal College of Music de Londres, becada polos Big Give Awards, onde gañou o concurso de Música Contemporánea do RCM en 2018.

A súa formación enriqueceuse por músicos como Jean-Marie Londeix, Marie Bernadette Charrier, Marcus Weiss, Rodrigo Vila, David Brutti, Emilio J. Vázquez, Tom Pauwels ou Tom de Cock. A súa actividade concertística levouna a diferentes escenarios en Reino Unido, Bélxica, Francia, Alemaña, España, Portugal e Tailandia. Colaborou con orquestras sinfónicas como a RCM New Perspectives, RCM Contemporary Opera Orchestra ou a Orquestra Sinfónica das Illas Baleares.
 
 

PABLO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, PIANO


Estudou piano e música de cámara no Conservatorio Superior de Vigo, con Enrique Goberna e Concepción Rodríguez, e na ESMAE de Oporto con Luís Filipe Sá, onde obtivo o Premio Fin de Carreira en 2008. Expandiu estes estudos durante dous anos na Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares con Josep Colom.

É Doutor en Estudos Literarios pola UVigo cunha tese sobre o mito de don Juan e Máster en Investigación Musical pola Universidade Internacional de Valencia. Realiza unha intensa carreira como pianista acompañante, tendo participado como tal nos cursos Xacobeo Clarinet Fest 2021, Vigo SaxForum 2022 ou o Congreso nacional da Asociación Española de Clarinete de 2022, en estadías Erasmus como docente na ESMAE de Porto e o Conservatorio de Bari (Italia). 
 
Actualmente é pianista acompañante da Aula de Saxofón do Conservatorio Superior de Música de Vigo. 


Capricho en forma de Vals___________Paul Bonneau (1918-1995)

Impresións de outono_____________________Caplet (1878-1925)

Sonata en Do#__________________Fernande Decruck (1896-1954)

Nocturno en Do sostenido menor____Frédéric Chopin (1810-1849)

O Porto____________________________Isaac Albéniz (1860-1909)
 
 O abeto____________________________Jean Sibelius (1865-1957)

Sete cancións populares españolas__Manuel de Falla (1876-1946)

10.11.22

Audición 424. Cine concerto: A Paixón de Xoana de Arco

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

Venres 18 de novembro, 20:15 horas

 

CINE CONCERTO

A PAIXÓN DE XOANA DE ARCO de C. T. DREYER
MISSA IOANNA ARCENSIS de BRAIS GONZÁLEZ
Ensemble CASPERVEK e Coro de CÁMARA RÍAS BAIXAS


 Descarga o programa de man.

XOANA DE ARCO:

Naceu en xaneiro de 1412 en Domrémy, no seo dunha familia campesiña acomodada. Viviu nun período da guerra dos 100 anos que enfrontaba a Francia (Carlos VII – herdeiro ao trono-) e Inglaterra (Enrique VI) polo trono de Francia. En 1429, Xoana de Arco, baixo ordes divinas, dirixiu un exército de máis de cinco mil homes, que lle confiou o herdeiro francés, conquerindo a vitoria en Orleans. Este feito permitiu que Carlos VII fose coroado de maneira simbólica como rei de Francia en Reims. En Compiègne, o 24 de maio de 1430, foi capturada polo duque de Borgoña. Tempo despois foi vendida ao exército inglés e levada ata Ruán (capital das posesións inglesas en Francia) ante un tribunal eclesiástico, (Lord Warwick, o gobernador da cidade, escolleu aos xurados entre os aliados do Rey de Inglaterra) que a condena a morrer na fogueira, sendo executada o 30 de maio de 1431 na praza de Ruán, aos 19 anos.

En 1909 foi beatificada e canonizada en 1920, converténdose na patroa de Francia e no símbolo da unidade nacional.

 

A PAIXON DE XOANA DE ARCO

É unha película muda de 1928 (considerada a segunda mellor película francesa de todos os tempos) do director e guionista danés Carl Theodor Dreyer, protagonizada por Maria Falconetti. Conta o procesamento e execución da heroína francesa pola Inquisición. Baséase na documentación auténtica do seu xuízo.
É destacada como un fito do cinema, sobre todo pola súa producción, a dirección   de Dreyer e a actuación de Falconetti, que foi descrita como unha das mellores da historia do cinema.



MISSA IOANNA ARCENSIS (Requiem por Xoana de Arco)

Trátase dunha misa de defuntos, o que nos leva a deducir o triste final, repartindo a carga emotiva ao longo de toda a obra.
Composta por Brais González, para piano, ensemble e coro mixto. O autor tocará o piano e dirixirá o Ensemble Caspervek (conxunto no que se inclúen instrumentos de corda, vento e percusión, ademais do xa citado piano). O Coro de Cámara Rias Baixas, que dirixe Bruno Díaz, será o encargado de poñer as voces a esta gran obra. 

BRAIS GONZÁLEZ

Nacido en Vigo en 1987, inicia os seus estudos de piano na súa cidade natal, os continua na Universidade Mozarteum de Salzburgo (Austria) e os completa nos Consevatorios superiores de Vigo e Oviedo.
A súa carreira sempre estivo dividida entre a interpretación clásica e unha apaixonante viaxe como compositor e creador sonoro que sempre busca unir diferentes universos estilísticos, desde a música contemporánea ata a música folk, indie ou de cinema.
Como compositor, as súas obras sinfónicas foron interpretadas por diferentes orquestras españolas e portuguesas e dirixidas por destacados mestres. As súas obras de cámara foron interpretadas en diversos países de Europa e América. Ademais, é o director artístico e principal compositor de Caspervek Ensemble, grupo dedicado á música en directo do cinema mudo, co que actuou en máis dunha ducia de países europeos, sendo a súa última xira, no pasado mes de setembro, por Alemaña e Dinamarca. En agosto deste ano estrea no Festival delle Nazioni de Città dei Castello (Perugia - Italia), por encargo do propio Festival, a súa primeira ópera: "Loba Branca", da que tamen é autor do libreto baseado nunha lenda de O Courel.

CORO DE CÁMARA RIAS BAIXAS

O Coro de Cámara Rías Baixas é unha formación non profesional que persegue a excelencia musical. Dende a súa presentación en 2014 leva realizado un centenar de concertos de carón. É un grupo xa consolidado no sur de Galicia. O coro interpretou obras fundamentais do repertorio coral acompañado das principais orquestras da comunidade. Ademais, tamén organiza regularmente concertos de produción propia que difunden obras de compositores galegos e permiten a proxección de novos solistas. Desde 2017 colabora con Amigos da Ópera de Vigo e coa Orquestra Sinfónica Vigo 430 na súa programación anual. Por outra banda, tamén interpreta música a capella nos concertos organizados pola federación coral ACOPOVI. O equipo artístico do Coro de Cámara Rías Baixas está formado pola profesora de canto Magna Ferreira, o pianista acompañante Brais González e o director Bruno Díaz.

11.10.22

Audición 423: O Violín na Arte


Venres 14 de outubro de 2022

Ás 12:00 h. Edificio Multiusos (para centros de ensino)

Ás 20:15 h. Casa da Cultura – Poeta Lois Pereiro

 


 

O VIOLÍN NA ARTE

Desde o Barroco ata hoxe

FLORIAN VLASHI, violinista

Naceu en Durres (Albania) o 8 de Novembro de 1963. Empezou os estudos de violín á idade de 6 anos. O seu pai, escritor e director de teatro moi coñecido, Gjergj Vlashi tivo un papel decisivo no futuro do seu fillo.

Estuda con V. Papa, R. Stefi, I. Madhi e obtivo pola Academia de Belas Artes de Tirana o primeiro posto por unanimidade. En 1989 gana o Primeiro Premio no Concurso de Solistas e de Orquestras Sinfónicas de Albania. Neste mesmo ano foi director e solista da Orquestra de Corda “Jan Kukuzeli” coa que realizou moitos concertos e gravacións para a RTVA, e a súa primeira xira de concertos por Italia.

Desde 1992 é membro da Orquestra Sinfónica de Galicia, perfeccionándose con G. Egger (Bachakademi Stuttgart) e L. Múller (Concertino da Orquestra de Camera de Viena). A súa actividade esténdese á pedagoxía, publicacións sobre a estética interpretativa e actividades como conferenciante (Conservatorio Superior, Universidades de: A Coruña, Santiago, Rioxa – Logroño etc.).

Foi convidado a tocar na inauguración da tempada de concertos do Centro de Arte Moderna RAÍÑA SOFIA, Fundación JUAN MARCH, Auditorio Nacional de Música de Madrid, e auditorios de España (Salamanca, Zaragoza, etc.), Europa (Roma, Nápoles, Verona, Pristina, Suíza, Odesa, Bucarest, etc.) e America (Sao Paulo, Montevideo, etc.). e en moitos festivais de música da Coruña ( Festival Mozart ), Santiago, Vigo, Bilbao, e colaborando como solista co Plural Ensemble de Madrid.

Moitos compositores dedicáronlle obras súas, entre outros: E. Buharaja, J. Vara, P. Pereiro, J. Durán, A. Koci, W. Rosinskij, P. Casal, A. Vazquez, C. Aliaj, R. Dhomi,

En 1999 saíu ao mercado o seu CD “Andrés Gaos - Integral para violín e piano” e en xullo do mesmo ano, a televisión albanesa realizou o documental “Florian Vlashi – o violín albanés en España“.

No ano 2002: a Asociación Galega de Compositores nomeouno “Socio Protector”, e noméase profesor do Departamento de Cordas no Conservatorio de Betanzos onde dirixe a Camerata Brigantina – A Nova Orquestra de Cámara.

É creador e director artístico do Festival de verán “Netet e muzikes klasike – Durres”

Desde 1996 é creador e director do Grupo Instrumental SÉCULO XX que está integrado por solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia cun repertorio de máis de 200 obras e estreando até a data 195 obras de autores en maior parte españois, algún deles encargo do propio violinista.

Os seus concertos foron transmitidos por Radio Clásica de Radio Nacional de España, pola TVE 2 e pola Canle Internacional de España.

Florian Vlashi toca un violín francés do século XVIII de J. Bocquay.


 

PROGRAMA

1.- Antonio VALENTE 

Cadros de .FERRARI, BELLINI, GARROFALO

a.- Versi spirituali III ----------------------------- b.- Lo Ballo dell´Intorcia

2.- Johann Sebastian BACH  

Cadros de GENTILESCHI, BRUGHEL

A Arte da Fuga: a.- Canon per Augmentationem in Contrario Motu nº 14

b.- Canon alla Ottava Nº 1

3.- José HERRANDO   

Cadros de CARAVAGGIO, RAFAEL

a.- Sonata de violín (Intitulada “El jardín de Aranjuez en tiempo de Primavera con diversos cantos de páxaros y otros animales”)

I Allegro II Andante III Allegro moderato


4.- Pablo de SARASATE

 Cadros de SCHOLDERER, MANET

a.- “Romanza andaluza” Op 22 Nº 1


5.- Manuel QUIROGA

 Cadros de PICASSO

a.- “Emigrantes celtas”


6.- György KURTAG 

 Cadros de CHAGALL

a.-“Signos, Juegos y Mensajes”

I Perpetum mobile II Nota reclamante

III Música popular IV Perpetum mobile


7.- Iannis XENAKIS  

Cadros de DALÍ, BALLA, ARMANA, MAN RAY

a.-“Mikka”


8.- Charli CHAPLIN  

Fotos: “Homenaxe aos violinistas da rúa”

a.- “Smile”


4.4.22

Audición 422. Dúo de guitarra e frauta.


 8 de abril de 2022, 20:15 horas

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro, Monforte de Lemos

 


 

JOSUÉ CASTRO

Comezou os seus estudos musicais baixo a dirección do mestre Gerson Hernández aos 11 anos. Ingresa na cátedra de guitarra clásica na Escola Nacional de Música de Tegucigalpa, Honduras baixo a dirección do mestre Javier Reyes, graduándose con matrícula de honra en 2007, en 2008 ingresa na etapa básica na Escola de Artes Musicais da Universidade de Costa Rica cos prestixiosos guitarristas Ramonet Rodríguez, e Jorge Luis Zamora, rematando os seus estudos de guitarra clásica con Mención Honorífica en 2016. Realizou diversos cursos no eido da guitarra clásica con destacados profesores como: Ricardo Gallén, Mario Ulloa, Berta Rojas, Sharon Isbin. , Eduardo Isacc, Alejandro Córdova, Andrew York, Luis Zumbado, David Russell, Rafael Aguirre, Eduardo Acosta, Carlos Barbosa-Lima, Roland Dyens, Jason Vieaux, Jorge Cardoso, Juan Falu entre outros. Participou en diferentes festivais de música como solista coa Orquestra de Guitarras da UCR. Orquestra Sinfónica Nacional de Costa Rica, baixo a tutela do prestixioso director John Nelson, FEMUSC (Brasil); Festival Internacional de Guitarra de Costa Rica, Festival de Guitarra de Guanacaste, Festival de Guitarras do Mundo (Arxentina); Festival de Guitarra Xove (Costa Rica); Festival de Guitarra de San José, no Dag Hammarskjold Hall da ONU (Nova York); International Guitar Symposium da Norfolk State University, International Festival of the Arts (FIA) International Guitar Festival of Panama, tamén ofreceu numerosos concertos en países como Guatemala, Nicaragua, O Salvador, Costa Rica, Panamá, México, Estados Unidos ( Nova York , Washington, Virginia, Texas) Brasil (Sao Paulo, Salvador Bay, Curitiba, Santa Catarina) Arxentina, Perú, Colombia, España, Francia (París) Bélxica (Bruxelas, Gante, Amberes, Wavre.) Participou na gravación dos discos "25 anos" e "Son José" coa Orquestra de Guitarras da Universidade de Costa Rica, nomeado alumno de honra da Escola de Artes Musicais da Universidade de Costa Rica nos anos 2009, 2013 e 2014 e estudante destacado UCR 2013 , gañador do Certame de Música de Cámara 2009 en Costa Rica, gañador do Concurso de Música de Cámara 2013 en Costa Rica e 3º lugar no Concurso Nacional de Guitarra, San José , Costa Rica en 2013 . Josue Castro ten un máster en música con énfase na guitarra clásica pola Escola de Artes KASK CONSERVATORIUM, University College Ghent, Bélxica, onde estudou baixo a dirección dos prestixiosos guitarristas Yves Storm e Johan Fostier.

MAGDA SÁNCHEZ

 
É unha das frautistas centroamericanas con maior proxección e experiencia internacional en música contemporánea e técnicas estendidas, música barroca e música latinoamericana. Mestrado en Artes, con especialización en frauta no University College HOGENT, KASK Conservatorium School of Arts en Bélxica, onde estudou con Myriam Graulus. Magda Sánchez tamén estudou na Universidade Autónoma de Honduras co frautista Yvan Bertet, e estudos pedagóxicos no Conservatorio Superior de Bruxelas, licenciouse con honores no conservatorio de Bourg-en-Bresse, en Francia, baixo a dirección da prestixiosa frautista Annick Perrier.

Así mesmo, ten unha destacada traxectoria no ámbito orquestral onde traballou como frautista principal na Orquestra Filharmónica de Honduras, e na Orquestra Chapelle Sauvage. Participou nos máis importantes festivais de frauta como o “Central American Flute Encounter”, International Flute Festival, San José, Costa Rica, Masterworks Festival, Indiana, USA, International Flute Convention en París, Francia. Actualmente desenvolve a súa carreira como solista, música de cámara e no ámbito pedagóxico é profesora de Suzuki e profesora de frauta traveseira na escola de música Moulin á sons de Francia.

 

Programa:

PROGRAMA

I PARTE (guitarra sola)

HEITOR VILLA-LOBOS (1887-1959) ….Prélude No. 3 (Homenaje a Bach) Étude No. 7

EDUARDO SAINZ DE LA MAZA (1903-1982) …………..VII. La Muerte

JOAQUIIN TURINA (1882-1949) ……………….…………..Sonata Op. 61 II Andante III Allegro vivo

EDDIE MORA (1965- ) ………………………………………. Fragmentos

HELIO DELMIRO (1947-) ……………………………………Emotiva No 1

JORGE CARDOSO (1949-) ………………………………………..Milonga

ROLAND DYENS (1955-2016) ……………………………..Tango in Sky

 

II PARTE (Flauta y guitarra)

CARL EMANUEL BACH (1714 -1788) ….......Hamburger Sonate G- Dur Allegretto

HEITOR VILLA-LOBOS (1887-1959) …...... Bachianas Brasileiras No. 5 I. Aria (Cantilena)

VITTORIO MONTI (1868-1922) …………………………………...Czardas

ASTOR PIAZZOLLA (1921- 1992) ………………………….. Café 1930 Night club 1960