21.10.07

Virtuosos de Asia central, por Magín Vázquez.

21-10-2007

A Sociedade Filarmónica de Monforte inicia o martes a temporada 2007-2008 cun concerto extraordinario a cargo da Orquesta Filharmónica de Kazajistán. Composto de 75 músicos dirixidos por Aidar Toribaez e con Aiman Mussajodzhaeva como solista de violín, este grupo actuará no espléndido marco da igrexa da Compañía.
O programa comprende «Capricho sobre Jota Aragonesa» de Glinka, compositor ruso gran admirador da nosa música popular. Continuará con concerto para violín e orquesta ópera 53 de Dvorak, cos seus tres movementos clásicos: un allegro ma non tropp o, tempo rápido inicial; un adagio central , que enlaza directamente co anterior de gran beleza, e o allegro giocoso final con reminiscencias de folclore checo. Os dous últimos movementos levan tamén apelido de «ma non troppo».
A segunda parte está integrada pola sinfonía número 5 ópera 64 de Tchaikovski, obra non tan coñecida pero interesante. O primeiro movemento adagio-allegro con anima empeza cun tema un tanto sombrío que se repite cíclicamente ao londo da obra. A continuación sucédese un Andante Cantabile con algunha licenza de fortes contrastes melódicos e dinámicos; o allegro Moderato en ritmo de vals, elegante como todos os do autor, e o allegro vivace cunha introducción en andante maestoso , un vasto mosaico final que adopta distintas formas, entre elas a duhna gran coral que deu logar as distintas interpretacións sobre as intencións do autor.
A Sociedade Filarmónica ofrece este concerto de forma gratuíta, grazas ás colaboracións habituais pero de forma especial para esta ocasión a concedida pola sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo co apoio do alcalde de Monforte.