11.10.22

Audición 423: O Violín na Arte


Venres 14 de outubro de 2022

Ás 12:00 h. Edificio Multiusos (para centros de ensino)

Ás 20:15 h. Casa da Cultura – Poeta Lois Pereiro

 


 

O VIOLÍN NA ARTE

Desde o Barroco ata hoxe

FLORIAN VLASHI, violinista

Naceu en Durres (Albania) o 8 de Novembro de 1963. Empezou os estudos de violín á idade de 6 anos. O seu pai, escritor e director de teatro moi coñecido, Gjergj Vlashi tivo un papel decisivo no futuro do seu fillo.

Estuda con V. Papa, R. Stefi, I. Madhi e obtivo pola Academia de Belas Artes de Tirana o primeiro posto por unanimidade. En 1989 gana o Primeiro Premio no Concurso de Solistas e de Orquestras Sinfónicas de Albania. Neste mesmo ano foi director e solista da Orquestra de Corda “Jan Kukuzeli” coa que realizou moitos concertos e gravacións para a RTVA, e a súa primeira xira de concertos por Italia.

Desde 1992 é membro da Orquestra Sinfónica de Galicia, perfeccionándose con G. Egger (Bachakademi Stuttgart) e L. Múller (Concertino da Orquestra de Camera de Viena). A súa actividade esténdese á pedagoxía, publicacións sobre a estética interpretativa e actividades como conferenciante (Conservatorio Superior, Universidades de: A Coruña, Santiago, Rioxa – Logroño etc.).

Foi convidado a tocar na inauguración da tempada de concertos do Centro de Arte Moderna RAÍÑA SOFIA, Fundación JUAN MARCH, Auditorio Nacional de Música de Madrid, e auditorios de España (Salamanca, Zaragoza, etc.), Europa (Roma, Nápoles, Verona, Pristina, Suíza, Odesa, Bucarest, etc.) e America (Sao Paulo, Montevideo, etc.). e en moitos festivais de música da Coruña ( Festival Mozart ), Santiago, Vigo, Bilbao, e colaborando como solista co Plural Ensemble de Madrid.

Moitos compositores dedicáronlle obras súas, entre outros: E. Buharaja, J. Vara, P. Pereiro, J. Durán, A. Koci, W. Rosinskij, P. Casal, A. Vazquez, C. Aliaj, R. Dhomi,

En 1999 saíu ao mercado o seu CD “Andrés Gaos - Integral para violín e piano” e en xullo do mesmo ano, a televisión albanesa realizou o documental “Florian Vlashi – o violín albanés en España“.

No ano 2002: a Asociación Galega de Compositores nomeouno “Socio Protector”, e noméase profesor do Departamento de Cordas no Conservatorio de Betanzos onde dirixe a Camerata Brigantina – A Nova Orquestra de Cámara.

É creador e director artístico do Festival de verán “Netet e muzikes klasike – Durres”

Desde 1996 é creador e director do Grupo Instrumental SÉCULO XX que está integrado por solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia cun repertorio de máis de 200 obras e estreando até a data 195 obras de autores en maior parte españois, algún deles encargo do propio violinista.

Os seus concertos foron transmitidos por Radio Clásica de Radio Nacional de España, pola TVE 2 e pola Canle Internacional de España.

Florian Vlashi toca un violín francés do século XVIII de J. Bocquay.


 

PROGRAMA

1.- Antonio VALENTE 

Cadros de .FERRARI, BELLINI, GARROFALO

a.- Versi spirituali III ----------------------------- b.- Lo Ballo dell´Intorcia

2.- Johann Sebastian BACH  

Cadros de GENTILESCHI, BRUGHEL

A Arte da Fuga: a.- Canon per Augmentationem in Contrario Motu nº 14

b.- Canon alla Ottava Nº 1

3.- José HERRANDO   

Cadros de CARAVAGGIO, RAFAEL

a.- Sonata de violín (Intitulada “El jardín de Aranjuez en tiempo de Primavera con diversos cantos de páxaros y otros animales”)

I Allegro II Andante III Allegro moderato


4.- Pablo de SARASATE

 Cadros de SCHOLDERER, MANET

a.- “Romanza andaluza” Op 22 Nº 1


5.- Manuel QUIROGA

 Cadros de PICASSO

a.- “Emigrantes celtas”


6.- György KURTAG 

 Cadros de CHAGALL

a.-“Signos, Juegos y Mensajes”

I Perpetum mobile II Nota reclamante

III Música popular IV Perpetum mobile


7.- Iannis XENAKIS  

Cadros de DALÍ, BALLA, ARMANA, MAN RAY

a.-“Mikka”


8.- Charli CHAPLIN  

Fotos: “Homenaxe aos violinistas da rúa”

a.- “Smile”