22.11.23

Audición 434: Ensemble de Jazz do CSM de Galicia

Martes 28 de novembro de 2023 ás 20:15 h.

CASA DA CULTURA – Poeta Lois Pereiro






ENSEMBLE JAZZ CSMGALICIA


O Centro Superior de Música de Galicia dende a súa andaina no 2018 e co seu afán de enriquecer e de difundir a música de improvisación así como en dar a coñecer o Departamento de Jazz en colaboración con MGV CUARTETO presentan o proxecto ENSEMBLE JAZZ CSMGALICIA 2023. Este proxecto non é máis que o resultado da colaboración entre artistas en activo no eido do jazz co intercambio da experiencia e os artistas en estudio do noso centro.

MGV CUARTETO


Liderado polo saxofonista Miguel González, esta formación ofrecerá un concerto baseado na improvisación, aderezada con temas orixinais, que deixarán ver o amalgama estilístico polo que transita a sonoridade do grupo.

Formación:

Miguel González – Saxo Alto 
 Nacido en Betanzos, comeza a tocar o saxofón aos oito anos no seno dunha activa cidade cultural, que lle ofrece unha base sólida na música clásica. En 2010 comeza os seus estudios superiores de Improvisación de Jazz na Coruña con Roberto Somoza. Durante a súa formación participou en Master Classes con Walter White, Steve Brown, Thano Athanasopoulos, Miguel Fernández, Xacobo de Miguélez, Tony Micelli e Bobby Martínez, cos que profundiza no dominio da linguaxe e o saxofón. Entre os proxectos que frecuenta, cabe destacar Susana Seivane (folk, fusion gravación de disco en 2018), Garufa Blue Devils big band (swing, gravación de disco en 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021, 2023), Juan Carlos Casal Cuarteto (jazz, disco en 2013), Borja Quiza (Alma, corazón y vida; Cool Swing, As time goes by), Garelos jazz quintet (jazz), La Rue (Dixie) y Bebidos Espirituosos (funky, blues).

Alber GrelaGuitarra Nacido na Coruña, comeza os seus estudios no Conservatorio Profesional e licénciase en Guitarra-Jazz no Conservatorio Superior da mesma cidade no ano 2018. Realizou numerosos cursos e colabora con diversos proxectos con artistas como La Rue, Stompy Seven Jass Band, Garufa Blue Devils Big Band, Miguel González, Ángeles Dorrio, Susana Seivane, Real Filharmonía de Galicia, Paula Parker, Hot Chocolates, Bastards On Parade, Sleepwalker, Europejska Orkiestra…entre outros. Compaxina a súa actividade de músico profesional coa ensinanza na Escola Municipal de Música de Oleiros e na Escola Módum, do mesmo municipio.

Iñigo Azurmendi Contrabaixo 
 Compositor, contrabaixista e profesor, Iñigo Azurmendi estudou no Real Conservatorio de Música de Madrid. Formou parte dos grupos Neobop, Mikropunto, Clónicos, Madera y Hot Club de Madrid, entre outros. Mais recentemente é o contrabaixista do cuarteto de José Luis Gutiérrez, Ahina (trío liderado polo pianista Manuel Martínez Ballarin) e Swing-44 (trío liderado polo guitarrista Santiago Reyes). Colaborou con Paquito d’Rivera, Abdu Salim, Jorge Pardo, Amelia Bernet, Pedro Ruy Blas, Alex Coke, John Williams, Chema Saiz, Nirankar Khalsa, Carlos Carli entre outros. Participou nos festivais máis importantes de jazz de España acompañando a diversas formacións. Co cuarteto do saxofonista José Luis Gutiérrez, estivo en México (Festival de Jazz Iberoamericano – 2000), en Italia (Festival de Jazz de Milán,Festival de Jazz de Clusone - 2001), etc. Iñigo Azurmendi é un excelente contrabaixista dotado dunha técnica depuradísima e está capacitado para seguir con mestría as evolucións de calquera instrumentista.

Brais Villar – Batería 
 Brais Villar Rey, nacido en Valga en 1992. En 1998, comeza o seu recorrido musical da man do seu pai, Manuel Villar, director da Banda e da Escola de Música Municipal de Valga, ampliando posteriormente no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela. No 2012, inicia os seus estudios superiores no Conservatorio Superior de Música da Coruña, na especialidade de Batería-Jazz. Recibiu clases dos mestres Miguel Cabana, Fernando Llorca, Ángel Celada, Pablo Castaño, Alfredo Susavila, Roberto Somoza, Abe Rábade, Javier Eguillor ou Raúl Benavent, entre outros. Colaborou con artistas como Hot Chocolates, Roberto Somoza Trío o Jorge Pardo. Na actualidade, é batería en Sleepwalker, M.G.V. Cuarteto e Garufa Blue Devils Big Band.



PROGRAMA

Trátase dunha JAM SESSION, é dicir, un programa (que non o é), sen obras preestablecidas, sen partituras, que nace e se desenvolve só a partir da improvisación dos artistas.

Audición 433: Cuarteto de piano

Martes 7 de novembro, 20:15 horas

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro






CUARTETO DE PIANO
GRIGORI NEDOBORA .................. VIOLÍN
TIMUR SADYKOV ......................... VIOLA
BARBARA. SWITALSKA ...............CELLO
ILONA TIMCHENKO ...................... PIANO







1.- PIANO QUARTET in A minor . MAHLER & SCHNITTKE
2.- PIANO QUARTET in C minor, op. 60 ....... J. BRAHMS
I.- Allegro non troppo
II.- Scherzo allegro
III.- Andante
IV.- Finale: Allegro comodo