21.9.19

Audición 416: Concerto das donas

Martes 24 de setembro de 2019 ás 20,15 h.
CASA DA CULTURA - Poeta LOIS PEREIRO



CONCERTO DAS DONAS 

https://drive.google.com/open?id=12LodU9IyRVQHTDhadh55JIuf6gzhnPui


María José Pámpano, ……………….……… violín barroco e dirección
Elena Vázquez, …………………………………………….. violín barroco
Ana Pazos, …………………………………………… corneto e trompeta
Carlos García Amigo, ……………………………… violonchelo barroco
Tin Novio, …………………………………………………………….. tiorba


Famoso en toda Europa, o Concerto delle Donne, foi un grupo profesional de 
cantantes femeninas activo na corte de Ferrara no século XVI que tivo unha 
grande repercusión polo seu virtuosismo técnico e artístico. Realizaban concertos formais para membros do reducido círculo da corte a modo de música secreta e supuxo o evento de música profana mais importante de finais do século XVI europeo así como un elemento de revolución no papel das mulleres nocontexto da interpretación musical profesionalizada. 
O Concerto das Donas trátase dun ensemble de nova creación liderado pola
violinista María José Pámpano. Inspirados no mito das damas de Ferrara e na importancia que ten visibilizar a impronta femenina na historia da música, o grupo Concerto das Donas afonda nas obras de compositoras do período Barroco. A cantidade de producción de obras vocais destaca neste círculo de creadoras ás historia nos permitiu achegarnos, nesta ocasión, o Concerto das Donas ofrece un concerto ainda mais singular cun programa formado exclusivamente por obras instrumentais.

PROGRAMA
Música instrumental de mulleres compositoras do Barroco

Obert. "La liberazione di Ruggiero dall' isola di Alcina" ….Fca. Caccini (1625)
Sonata III op. XVI …………………………………………. Isabella Leonarda (1693)
Sinf. de "La liberazione di Ruggiero dall' isola di Alcina" .. Fca.Caccini (1625)
Sonata VII op. XVI ………………………………………… Isabella Leonarda (1693)
Sinfonía de L'Ercole Amante ……………………………… Antonia Bembo (1707)
Obertura de Céphale et Procris … Èlisabeth Jacquet de La Guerre (1665-1729)
Sonata a 4 …………………………... Èlisabeth Jacquet de La Guerre (1665-1729)
Sonata X op. XVI ………………………………………….. Isabella Leonarda (1693)


María José Pámpano, violín barroco e dirección
María José Pámpano López realiza os seus estudos superiores de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo, formación que completa na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia co professor Nikolay Velikov.
Interesada desde moi nova na interpretación histórica da música comeza os seus estudos de violín barroco xunto á prestixiosa violinista Amandine Beyer na Escola Superior de Música Artes e Espectáculo do Porto onde posteriormente remata o seu Master en Interpretación Histórica ca presentación da súa tese “A técnica chin-off na interpretación do violino nos s. XVII e XVIII”.
Realiza diversos cursos de especialización e participa nas master-class de reconhecidos violinistas como Mira Glodeannu, Enrico Gatti, Pedro Gandía, Ángel Sampedro, Lucy van Dael, Peter Spissky ou Manfredo Kramer e forma parte e colabora con diversas agrupacións especializadas no repertório barroco como a Orquestra Barroca da Universidade de Salamanca, Orquestra Barroca do Real Conservatório de Bruxelas, Orquestra Barroca do Conservatório de Amsterdam ou Orquestra Barroca do Conservatório de Malmo, actuando baixo a dirección de mestres como Win ten Haven, Andrea Marcón, Jagues Ogg, 
Sigiswald Kuijken ou Lucy Van Dael entre outros.
Bem como violinista ou como violista ten participado ca Orquestra Barroca de 
Venecia, Orquestra Barroca da Casa da Música do Porto, Orquestra Barroca Norte do Sul, o grupo Ars Combinatoria, Orquestra Vigo 430 ou co recoñecido emsemble Gli Incogniti.
A súa inquietude musical abrangue desde a investigación sobre o repertorio medieval, participando como fidulista cos grupos Amar contra o silêncio, Capela Compostelana ou o gupo 1500, ata o repertório mais contemporáneo e experimental xunto a Orquestra de Música Espontánea de Galicia ou co cuarteto de cordas de libre improvisación Suelen Estar Quartet. Entre as grabacións discográficas nas que participa destacan os discos: Concerti Grossi op.6 de A.
Corelli co ensemble Gli Incogniti baixo a dirección da prestixiosa violinista Amandin Beyer que recebe, entre outros, os premios Diapason D’Or del Aneé 2013 e Choc Classica ou a súa participación xunto ao pianista cubano Alejandro Vargas no disco Miniaturas de Eugenio Granell, Música Revelada que recebe o 
premio Especial do certame Cubadisco 2013.