20.6.15

Audición 375. Coro joven de la Sinfónica de Galicia.




Sábado 4 de Xullo de 2015
Casa da cultura, 20:15 horas



"Coro Joven de la Orquesta Sinfónica de Galicia"

O “Coro Joven de la OSG”, que se presentou en público en xuño de 2005 en A Coruña, supón a posta en marcha do último dos apartados do proxecto orquestral e coral galego, tras a consolidación do Coro e dos “Niños Cantores” da OSG.
Desde entón participou en varios proxectos coa Orquestra Sinfónica de Galicia entre os que destaca a súa presenza na Balada dos heroes de Britten, a execución de Stepan Ranzi de Shostakóvich e a máis recente de Carmina Burana no 15 aniversario da OSG, así como en decembro de 2007 formou parte xunto co Coro da OSG, do Mesías participativo de La Caixa, na Catedral de Santiago de Compostela. En 2011 o “Coro Joven” participou xunto ao Coro da OSG na Cantata de Nadal de Honegger e o Carmina Burana participativo do Festival Mozart de A Coruña.
Ademais de colaborar nos concertos co Coro e a Orquestra Sinfónica de Galicia, ofrece con regularidade concertos a capella en diferentes localidades da comunidade galega. Neste último ano participou en diversos concertos de Nadal, no XXVI Encontro de Música Relixiosa de A Coruña e xunto a Carlos Núñez e o “Coro de Manos Blancas” na conferencia ofrecida polo Nobel da Paz Kailash Satyarthi entre outros eventos.


Daniel García Artés:
Compaxina o seu labor de director do “Coro Joven de la OSG” coa docencia na “Escuela de músicos” de A Coruña. É director e fundador do grupo vocal “El acorde secreto” e dirixe tamén o CoroOrfeón Herculino” e o “Coro Sancta María Maris”.

 

 Programa: (Descargar en pdf)

17.6.15

Concerto de Piano. Ana Fernández Gayoso.

Venres 19 de xuño de 2015
Casa da Cultura 20:30 horas

Organiza: Concello de Monforte
Colabora : Sociede Filarmónica de Monforte.

https://drive.google.com/file/d/0B_rPVQJ3bTqoQWQzNUtNbGxzT3c/view?usp=sharing 


5.6.15

Vídeos del concierto de la ONSG del 31-5-15 en los Escolapios.

Están disponibles algunos vídeos para recordar el concierto ofrecido por la Orquesta de niños de la Sinfónica de Galicia el día 31 de mayo en la inglesia de los Escolapios.




Puedes acceder al conjunto de las grabaciones.