26.12.15

Audición 381. Concerto de Violoncelo e Piano. Chantada

Sábado 2-1-2016
18:30 horas.
Auditorio de Chantada


Como nova experiencia e coa fin de espallar o noso labor, a Sociedad Filarmónica de Monforte de Lemos coa colaboración do Concello de Chantada, programa un

- Concerto de Viloncelo e Piano, o día 2 de Xaneiro ás 18:30 h. no Auditorio de Chantada.

Haberá autobús gratis con saída ás 17:30 das Casitas (Parque dos Condes), teráse que retirar o pase no establecemento Pleximar na Rua do Cardenal ata o día 30 de decembro (as prazas son limitadas).

Nestas sinaladas datas a Sociedad Filarmónica de Monforte de Lemos, deséxalle, Saúde.


SABELA VÁZQUEZ RAMOS, violoncelo

 

Comeza os seus estudos na súa cidade natal, Lugo, coa profesora Maika
Novoa. En 2011 accede ao Conservatorio Superior de Música de
Córdoba, continuando os seus estudos dous anos máis tarde no
Conservatorio Superior de Música de Vigo. Foi tamén alumna da Escola
de Altos Estudos Musicais de Galicia.
No 2013 queda finalista do primeiro concurso de USC-Soncello. Tocou
con diferentes agrupacións como Orquesta Filarmónica Cidade de
Pontevedra, Banda da Federación de Bandas Galegas e Joven
Filarmonía Leo Brouwer entre outras. Tamén actuou como solista en
agrupacións de música de cámara no Ciclo de Xóvenes Intérpretes
Teresa Berganza (Santiago de Compostela 2014, 2015).
Na actualidade continua os seus estudos de violoncelo na Hoogeschool
voor de Kunsten de Utrecht (Países Baixos) co profesor Ran Varon.

ANA FERNÁNDEZ GAYOSO, piano

 

Nace en Monforte de Lemos no 1993. Comeza os seus estudos
musicais no conservatorio do seu pobo. En 2011 accede ao
Conservatorio Superior de Vigo, onde estudia co profesor Nicasio
Gradaille e se gradúa en xuño do 2015.
Participa en clases maxistrais como o Bonporti Summer Piano_Lab en
Baselga di Pinè (Italia, 2014) cos profesores Rasa Jakutyte-Biveiniene
e Alexander Meinel. Toca como solista e en agrupacións de música de
cámara nos conservatorios galegos e no Ciclo de Xóvenes Intérpretes
Teresa Berganza (Santiago de Compostela 2014, 2015). En 2009
comeza os seus estudos de saxofón no Conservatorio Profesional de
Monforte co profesor Alberto Loureiro. Paralelamente á súa formación
musical, comeza o Grao de Tradución e Interpretación na Universidade
de Vigo en 2012.
Na actualidade continúa os seus estudos no Conservatorio de
Maastricht (Países Baixos) ca profesora Katia Veekmans e imparte
clases no Conservatorio de Monforte de Lemos.


PROGRAMA

I – piano

- J. HAYDN: Sonata en Mib Maior, HOB XVI 49, no 59
I. Allegro
II. Adagio e cantabile
III. Finale. Tempo di minuet
- J.S. BACH: Tocatta en mi menor BWV 914
- F. CHOPIN: Estudo en do# menor Op. 10 no 4

II – violoncelo e piano

- BACH-GOUNOD: Ave María
- P. I. TCHAIKOVSKY: Nocturno en re menor Op. 19 no 4
- G. FAURÉ: Après un rêve (Tras un soño)
- E. GRANADOS: Danza española no 5, Andaluza
- M. de FALLA: Suite popular española
* El paño moruno
* Nana
* Asturiana
* Seguidilla murciana


23.12.15

Fe de erratas. Concerto día 26

O concerto do vindeiro día 26 de decembro a cargo da Familia Moryatov está previsto apra as 18:30 horas en lugar do que inicialmente se informou a través do noso blog.

Disculpade o erro.

Concerto de Piano. Aida Saco Beiroa.

Mércores 30 de decembro de 2015
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
20:15 horas.



Organizado polo Concello de Monforte de Lemos e coa colaboración da Sociedad Filarmónica de Monforte:

Pódese descargar o programa de mán.






Variacións sobre un tema de Paisisello   (L. V. Beethoven)
Sonata, Op 27 Nº 1                                         (L. V. Beethoven)
Estudo Op. 25-1                                              (Frederic Chopin)
Estudo Op. 25-3                                              (Frederic Chopin)
Sonata, Op 35 nº 2                                         (Frederic Chopin)

20.12.15

Audición 380. Familia Moryatov

26 de decembro , 18:30 horas
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTQUxyVUhEcXBiX0E/view?usp=sharing

Trío Familia Moryatov


A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola músicasenón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.
Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do recentemente creado Centro Musical “Kalinka” na Coruña.
Irina Moryatova, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San
Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos. Deu Clases Maxistrais en España e Portugal. Participou en varios Festivais Musicais. Como pianista, ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara, colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera.
Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas
residentes na Comunidade Autónoma Galega. Dende 2006 é profesora do
Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para
varias agrupación, xa son máis de cen.
Evgeny Moryatov, o fillo, iniciou os seus estudos de violín ós catro anos. Estudou
na Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo; na Escola Raíña Sofía
de Madrid co eminente profesor J.L. García Asensio; na Universidade de Toronto
co Profesor Emérito de Canadá D. Zafer. Alí desempeñou labor de concertino da
Joven Orquesta de Toronto. En 2006 terminou o Master na Universidade Carnegie
Mellon (USA) baixo a tutela do concertino da Filharmónica de Pittsburgh Andrés
Cárdenas. O mesmo ano gañou un posto entre máis de 5500 opositores para
formar parte da Orquestra da Comunidade Valenciana, cuxos directores titulares
foron L. Maasel e Z. Metha. Colabora tamén coa Orquestra Sinfónica de Bilbao,
Orquestra de Cámara de California (USA) e Filharmónica do Porto como concertino. Logrou primeiros e segundos premios en importantes concursos de
corda celebrados en España e Canadá. Deu numerosos recitais e en múltiples
ocasións actuou como solista con diversas orquestras sinfónicas e directores tan
ilustres como L. Maasel e Y. Menuhin. Diferentes concertos seus foron transmitidos por radio e televisión. Ten varios CDs gravados, entre eles coa música de compositores galegos como A. Gaos e M. Quiroga.

PROGRAMA 

I

J. S. BACH – ARIOSO
A. DVOŔÁK –TRÍO “DUMKAS”
  • Lento maestoso
  • Poco adagio
G. TARTINI – SONATA PARA VIOLIN E CONTÍNUO “O TRINO DO DEMO”
A. ARUTIUNIAN – IMPROMPTU PARA VIOLONCELO E PIANO
A. PIAZZOLLA – PRIMAVERA PORTEÑA

II

G. GERSHWIN – THE MAN I LOVE*
J. KANDER – AND ALL THAT JAZZ*
A. LARA – GRANADA
V. SOLOVIOV-SEDOY – ATARDECIDA DE MOSCU
POPULAR RUSA – DUAS GUITARRAS -
N. PIOVANI – A VIDA É LINDA
J. STRAUSS – POLKA “TRICK-TRACK”
J. STRAUSS – VALS “O FERMOSO DANUBIO AZUL” OP.314

NOTA: As pezas sinaladas cun “ * ” son estreas de versións de Irina Moryatova

9.12.15

Decembro musical.

Neste mes de decembro teremos programación especial dado que ao concerto previsto para o día 12 sábado, a cargo da Coral El ECO, hai que engadir o que ofrecerá a Familia Moriatov, xa tradicional nestas datas, e que terá lugar o vindeiro día 26. Finalmente, en colaboración co Concello de Monforte disfrutaremos dun concerto de piano a cargo da monfortina AIDA SACO BEIROA o día 30.


Iremos dando información pormenorizada destes eventos a través das canles habituais, o blog o Facebook e o Twiter ademáis dos medios tradicionais de prensa e radio.

Se vos chegou un correo indicando que remataba a tempada, foi un erro e correspondía co final da tempada pasada 2014-15 que rematou en xullo. A presente aínda está a pleno rendemento.